Nepal
Coordenadas: 28°10′N 84°15′L / 28.167, -84.250
República Federal Democrática do Nepal | |||
---|---|---|---|
संघीय लोकतान्त्रिक गणतन्त्र नेपाल Sanghiya Loktāntrik Ganatantra Nepāl | |||
| |||
Lema: जननी जन्मभूमिश्च स्वर्गादपी गरीयसी (devanágari: Nai e Patria son máis grandes que os ceos) | |||
Himno: Sayaun Thunga Phool Ka | |||
Capital • Poboación | Katmandú 1 442 271 (2019) | ||
Linguas oficiais | Nepalés | ||
Forma de goberno | República federal | ||
Bidhya Devi Bhandari Khadga Prasad Oli | |||
• Reino • Estado • República | 21 de decembro de 1768 15 de xaneiro de 2007 28 de maio de 2008 | ||
Superficie | Posto 93º | ||
• Total | 147 181 km² | ||
• % auga | 2,80 | ||
Fronteiras | 2 926 km | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 49º | ||
• Total (2018) | 28 087 871[1] hab. | ||
• Densidade | 207 hab./km² | ||
PIB (nominal) | Posto 108º | ||
• Total (2009) | 12 615 millóns US$ | ||
• per cápita | 452 US$ | ||
PIB (PPA) | Posto 98º | ||
• Total (2009) | 31 582 millóns US$ | ||
• per cápita | 1 205 US$ | ||
Moeda | Rupia (रू, NPR ) | ||
IDH (2018) | 0,579 (147º) – Medio | ||
Xentilicio | Nepalés, nepalesa[2] | ||
Fuso horario | UTC +5:45 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .np .नेपाल | ||
Prefixo telefónico | +977 | ||
Prefixo radiofónico | 9NA-9NZ | ||
Código ISO | 524 NPL NP | ||
Membro de: ONU, SAARC | |||
O Nepal, cuxo nome oficial é República Federal Democrática do Nepal (en nepalés: सङ्घीय लोकतान्त्रिक गणतन्त्र नेपाल), é un país do sur de Asia, con fronteiras coa China (Tíbet) ao norte e a India ao sur. A súa capital e Katmandú; a lingua oficial é o nepalés e a moeda é a rupia nepalesa. O país foi unha monarquía ata 2008, sendo Gyanendra o seu derradeiro rei.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Nepal ten, máis ou menos, a forma dun trapecio irregular, formando un pequeno país que de leste a oeste ten unha lonxitude duns 800 km e de norte e sur unha anchura máxima duns 200 km, cubrindo unha área de 147.181 km².
Desde unha perspectiva fisiográfica, Nepal pode ser dividido en tres zonas, que dun xeito groseiro, están orientadas de leste a oeste: a zona montañosa, a zona dos outeiros e a rexión do Terai. Estas tres zonas están irrigadas polos maiores cursos de auga do país. A altitude varía desde os 60 metros no Terai, até os 8.848 metros na cima do Everest. Este gradiente tan enorme entraña unha diversidade de climas e de terras.
Climas[editar | editar a fonte]
A grandes trazos hai tres variedades climáticas básicas:
- subtropical nas chairas do Terai, que bordean no sur do país á India, e por onde corren os tres ríos principais, Kosi, Narayani e Karnali, que pertencen á marxe norte da grande chaira indo-ganxética. Caracterízase por unha estación chuviosa, entre xuño e setembro, causada polo monzón, e outra estación, seca, que cobre o resto do ano;
- temperado na rexión central, de montañas medianas e outeiros;
- frío e seco na rexión das altas montañas do Himalaia.
Soamente un 20 % da superficie total do país é cultivábel, de xeito que as necesidades acrecentadas unha poboación que medra, tanto en combustíbel como en arroz, o alimento básico, arrastran a unha deforestación preocupante.
Economía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Economía do Nepal.
Zonas[editar | editar a fonte]
![]() | |
---|---|
![]() |
Demografía[editar | editar a fonte]
Relixión[editar | editar a fonte]
Segundo o censo do ano 2001, o 80,6 % dos habitantes do Nepal son hinduístas. Os budistas constitúen o 10,7 %, os musulmáns o 4,2 % e outras relixións o 3,5 %, tamén existen minorías de ateos e cristiáns.
Linguas[editar | editar a fonte]
Segundo o censo do 2001, fálanse 92 linguas no Nepal. As principais (porcentaxes como lingua nai) son: nepalés (49%), maithili (12%), bhojpuri (8%), Tharu (6%), Tamang (5%), Newari/Nepal Bhasa (4%), Magar (3%), awadhi (2%), Bantawa (2%), Limbu (1%), e Bajjika (1%). As restantes 81 son faladas por menos do 1%.

- Nepal
Referencias[editar | editar a fonte]
- ↑ "Population, total - Nepal (National Report)". The World Bank. Consultado o 26 June 2020.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nepalés.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nepal ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |