A Mancomunidade Filipina[1][2] ou Estado Libre Asociado Filipino, segundo tradución ao galego do termo inglés "Commonwealth" pola Constitución portorriqueña, foi a designación de Filipinas desde 1935 a 1946, cando o país formou unha mancomunidade cos Estados Unidos. Antes de 1935, Filipinas foi unha área insular non mancomunada e anteriormente un territorio dos Estados Unidos.
A creación da Mancomunidade ou Estado Libre Asociado, foi segundo a Lei de Independencia Filipina, popularmente coñecida pola Acta Tydings-McDuffie, unha institución provisional durante un período de dez anos, transcorrido o cal, seríalle concedida a plena independencia e soberanía.
Supuxo o fin da era colonial e un cambio na denominación do país, pasando do termo tradicional “as illas Filipinas” do período colonial, ao singular “Filipinas” que é un símbolo de unidade, soberanía e identidade nacional.