Amancio Prada: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
imaxe 2015
Liña 1: Liña 1:
{{Artista musical
{{Artista musical
| nome = Amancio Prada {{Medalla|Castelao}}
| nome = Amancio Prada {{Medalla|Castelao}}
| imaxe = [[Ficheiro:Amancio Prada en Narón 2015.jpg|180px]]
| imaxe = [[File:Amancio Prada en Boimorto en 2015.jpg|180px]]
| lenda = Amancio Prada, en 2015.
| lenda = Amancio Prada en Boimorto, en 2015.
| nome completo = Amancio Prada Prada
| nome completo = Amancio Prada Prada
| alias =
| alias =

Revisión como estaba o 14 de setembro de 2015 ás 12:16

Modelo:Artista musical Amancio Prada, nado o 5 de febreiro de 1949 en San Pedro de Devesas (Ponferrada), comarca do Bierzo, é un destacado cantautor español.

Traxectoria

Fillo de labradores, estudou Socioloxía na Universidade da Sorbona (París). Alí mesmo, na Francia, xa se deu a coñecer aparecendo na televisión e nas radios francesas, e mesmo gravou o seu primeiro disco Vida e morte. A partir de aquí comezou unha longa etapa de produción de discos, xunto con numerosas actuacións por todo o mundo, pois participou en concertos por todo o territorio nacional e internacional (Roma, Estocolmo, Xenebra, Bos Aires, Nova York, Lisboa, Caracas, Porto, Chicago, México, Rabat, Colonia, Utrecht, Rávena, Atenas, Bruxelas, Medellín...)

Amancio Prada pódese considerar como un dos mellores embaixadores da lírica galega no mundo (Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, diversos trobadores galaico-portugueses, cancións populares etc), razón que expuxo o xurado para que gañase o XXI Premio Celanova -Casa dos Poetas- en 2005 ou o Premio Xarmenta en 2006.

Discografía

  • Vida e morte (1974), o seu primeiro disco.
  • Rosalía de Castro (1975)
  • Caravel de caraveles
  • Canciones de amor y celda
  • Leliadoura (homenaxe aos trobadores galaico-portugueses medievais).
  • Cántico espiritual (homenaxe a San Juan de la Cruz).
  • Canciones y Soliloquios (poemas de Agustín García Calvo).
  • De la mano del aire (1984)
  • Dulce vino de olvido (1985)
  • Sonetos de amor oscuro (1986), baseado en poemas de Federico García Lorca.
  • A dama e o cabaleiro (1987), baseado na poesía neotrobadoresca de Álvaro Cunqueiro.
  • Navegando la noche (1988)
  • Trovadores, místicos y románticos (1990), disco dobre.
  • Emboscados (1994)
  • Rosas a Rosalía (1997), conxuntamente coa Orquestra Real Filharmonía de Galicia.
  • 3 poetas en el círculo (1998), en homenaxe a Cunqueiro, García Lorca e García Calvo. É a súa primeira gravación ao vivo e en directo.
  • De mar e terra (1999), baseado na tradición oral en galego.
  • Escrito está (2001)
  • Canciones del alma (2003), disco-libro, dedicado a textos de San Juan de la Cruz.
  • Sonetos y canciones de Federico García Lorca (2004), o seu segundo disco-libro
  • Hasta otro día, Chicho (abril de 2005), disco-libro dedicado a Francisco Sánchez-Ferlosio.
  • Rosalía siempre (2005)
  • Huellas de Salamanca (2005)
  • Zamora (2006)
  • Concierto de amor vivo (2007)
  • Vida de artista (2007)
  • Del amor que quita el sueño (2010)
  • Cántico espiritual y otras canciones de San Juan de la Cruz (2010)
  • Emboscados (2010)
  • Jorge Manrique. Coplas a la muerte de su padre ( 2010)
  • Canciones de Agustín García Calvo. Libre te quiero ( 2013)
  • Federico García Lorca. Poeta en Galicia (2013)
  • Resonancias de Rosalía (2014)

Premios e distincións

Véxase tamén

Ligazóns externas