Antón Vilar Ponte
| Antón Vilar Ponte | |
|---|---|
| A. Vilar Ponte foi un dos intelectuais máis destacados da súa época. | |
| Nacemento: | 2 de outubro de 1881 Viveiro, Lugo |
| Falecemento: | 4 de marzo de 1936 A Coruña |
| Lingua: | Galego, castelán |
| Xénero(s): | ensaio, comedia, teatro |
Antón Vilar Ponte, nado en Viveiro o 2 de outubro de 1881 e finado na Coruña o 4 de marzo de 1936, foi un dos principais alentadores do galeguismo de preguerra e un xornalista destacado. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1977.
Índice |
Traxectoria [editar]
Colaborou nas páxinas de varios xornais e revistas: A Nosa Terra, Nós, La Voz de Galicia, El Pueblo Gallego, El Noroeste..., que foron a palestra dende a que espallou o seu ideario.
Foi elixido deputado da Federación Republicana Gallega pola provincia da Coruña nas eleccións de xuño de 1931 e volveu ser electo nas eleccións de febreiro de 1936 na candidatura da Fronte Popular.
Ideario [editar]
Moitas das súas propostas (inseridas no traballo das primeiras Irmandades da Fala), foran posteriormente asumidas por símbolos do galeguismo como Daniel Castelao.
O traballo e as reflexións de Vilar Ponte contextualízanse nun momento de desenvolvemento intelectual e estético en toda Europa, e que na Galiza coincidiu co agromar de dúas posturas enfrontadas no seo do galeguismo. Dunha banda, a corrente culturalista (de dereitas, personificada por Risco, Pedrayo e Cuevillas) e, da outra, a máis activista politicamente (de esquerdas, con Manuel Lugrís, Uxío Carré Aldao ou Víctor Casas).
De feito, Antón Vilar Ponte faría parte deste segundo grupo, xuntamente con Johán Vicente Viqueira. A súa propia visión do nacionalismo galego inclúeo dentro desta corrente, pois defendía construír os sistemas políticos desde a racionalidade e desde o servizo ás persoas, xa que consideraba as persoas de forma individual e non como ente abstracto (contrariamente do que defendían os culturalistas).
|
“A nosa lingua é o camiño de ouro da nosa redención e do noso progreso: sen a lingua morreremos como pobo, e nada significarmeos endexamais na cultura universal. [...] Eu penso que as únicas setas que van sempre rectas a furar o branco do futuro son aquelas que se lanzan valéndose do arco da nosa lingua, xa que só entón nos mostramos orixinais. Eses que viven de costas ás orixes dificilmente poderán redimirse da servidume do mimetismo. ¿Que cousa máis orixinal que a lingua dun pobo, xerada por accións e reaccións seculares entre o home e a Natureza, para facelo diverso no universo?”
—Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional (1916), por Antón Vilar Ponte)[1].
|
Igualmente, prescindía das paixóns e apelaba á racionalidade. Estes razoamentos, a priori críticos co nacionalismo galego, utilizounos Vilar Ponte contra o nacionalismo español:
E é que, segundo Vilar Ponte, os sistemas sociais constrúense historicamente pola Humanidade, co que acontecería o mesmo cos conceptos nación e Estado: se os constrúen os seres humanos, non son realidades eternas nin feitos que determinen ou deban determinar, en principio, unha imposición moral para as persoas. Este punto de vista bate frontalmente co tipo de discurso historicista que predominaba nos nacionalismos do século XIX e de comezos do século XX.
Obra [editar]
- A patria do labrego (1905).
- Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional (1916).
- Entre dous abismos (1920).
- Almas mortas (1922).
- O Mariscal (1926), xunto a Ramón Cabanillas.
- Os evanxeos da risa absoluta (1935).
- Noiturno de medo e morte (1935).
- O sentimiento liberal na Galiza.
- Os nosos valores.
- Do cosmopolitismo.
- Do universalismo e da mansedume galega.
- Escolma de artigos nazonalistas (1936).
Notas [editar]
- ↑ Vilar Ponte, Antón, Nacionalismo gallego, nuestra afirmación regional, A Coruña, Voz de Galicia, 1916; o texto tirouse de VV.AA., Lingua e literatura II, Rodeira, 2003, A Coruña, páx. 142
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- "Discursos a nazón galega", publicado en A Nosa Terra (nº 76, 25 de decembro de 1918).
- "Sobre la autonomía regional", publicado no xornal El Pueblo Gallego e recollido no libro Pensamento e sementeira (Buenos Aires, Eds. Galicia - 1971)
- MEIRINHO Guede, V.: "Falsa essência e utilidade verdadeira (sobre a teoria e a praxe de Antão Vilar Ponte)", publicado na revista Agália nº 73-74 (1º semestre 2003).
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Antón e Ramón Villar Ponte. Unha irmandade alén do sangue
- Antón Villar Ponte, biografía e escolma da súa obra, en Galicia espallada
| Predecesor: Ramón Cabanillas |
Día das Letras Galegas 1977 Antón Vilar Ponte |
Sucesor: Antonio López Ferreiro |
|
||||||||
