Galo Salinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galo Salinas Rodríguez
Nacemento: 1852
A Coruña
Falecemento: 1921
A Coruña
Lingua: lingua galega e castelá
Xénero(s): xornalismo, drama, poesía, ensaio
Sinatura: Sinatura de Galo Salinas

Galo Salinas Rodríguez, nado na Coruña en 1852 e finado na mesma cidade en 1921, foi un galeguista e escritor en lingua galega e castelá.

Índice

Traxectoria[editar]

¡Lenda de horrore! de Galo Salinas

En 1864, con tan só doce anos de idade, emigrou a Montevideo (Uruguai), onde atopou un traballo de comerciante. No seu retorno a Galiza, en 1876, Galo Salinas estableceuse na vila de Pontedeume, onde exerceu o maxisterio. Posteriormente deixou a profesión de mestre para traballar de xornalista na súa cidade natal, A Coruña. Alí dirixiu a Revista Gallega e entrou en contacto cos intelectuais da Cova Céltica.

En 1903 pasou a dirixir a Escola Rexional de Declamación, fundada recentemente por un grupo de rapaces liderado por Eduardo Sánchez Miño. De feito, a primeira obra teatral que estreou esta escola dramática foi ¡Filla...! (1892) de Galo Salinas. As súas loitas de poder con Manuel Lugrís Freire propiciaron que Salinas abandonara a dirección da Escola Rexional de Declamación en 1904.

Foi a primeira persoa que ocupou o cargo de arquiveiro/bibliotecario da Real Academia Galega desde o 4 de setembro de 1905 ata o 30 de xuño de 1907[1].

Prolífero escritor dramático, a el debémoslle o primeiro estudo teórico sobre teatro galego, Memoria Acerca de la Dramática Gallega. Causas de su Poco Desarrollo e Influencia que en el Mismo Puede Ejercer el Regionalismo (1896), verquido en 1998 á lingua galega por Laura Tato.

Obra[editar]

Poesía[editar]

  • "O Hino Popular Regional" (1893).
  • ¡Lenda de Horrore! A Mitra de Ferro Ardente (1894).
  • ¡Galicia!(1894).

Drama[editar]

  • A Torre do Peito Burdelo (1891).
  • ¡Filla...! (1892).
  • Sabela (estreado en 1903).
  • A Fidalga (1904).
  • A Campán (Honor Golfesco) (1904).
  • Alma Gallega (1904).
  • Feromar (estreado en 1907).
  • Bodas de Ouro (1921).
  • Entre Dous Mundos (1921).
  • Copas e Bastos (estreada postumamente, en 1922).
  • Entre o Deber e o Querer (estreada postumamente en 1923).

Drama sen data coñecida[editar]

  • Contrabando e Contrabanda
  • O Crime da Silveira
  • Vós e Nós
  • Os Meus Amores
  • ¡Coida Non cho Leven!

Ensaio[editar]

  • El Regionalismo Gallego. Estudio Social (1892).
  • Memoria Acerca de la Dramática Gallega. Causas de su Poco Desarrollo e Influencia que en el Mismo Puede Ejercer el Regionalismo (1896).+


Predecesor:
Cargo novo
Arquiveiro/Bibliotecario da RAG
1905-1907
Sucesor:
César Vaamonde Lores

Notas[editar]

  1. Ficha de Galo Salinas na web da RAG

Véxase tamén[editar]

Ligazóns externas[editar]