Discurso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Discurso é un concepto utilizado en lingüística, teoría literaria e sociolingüística con significados específicos:

  • En retórica, unha exposición sobre un tema determinado, realizada en público por un relator. Exemplos son os discursos dos políticos.
  • En literatura, un xénero literario consistente nunha discusión erudita sobre un tema filosófico, político ou literario. É parecido ao tratado e un exemplo famoso é o Discurso sobre o Método de Descartes (1637).
  • Discurso (narratoloxía): en narratoloxía é o proceso de contar unha historia elixindo o punto de vista, a ordenación temporal dos acontecementos e a duración dos mesmos. Unha historia pode dar pé a múltiplos discursos narrativos. Representa o plano da forma. Non debe confundirse con historia nin con texto. Tamén se lle chama relato.
  • En lingüística, un discurso é un enunciado superior á oración, considerado do punto de vista das regras de encadeamento das secuencias de oracións (ver análise do discurso).