Inma López Silva
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inmaculada López Silva, nada en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1978, é unha escritora galega.
Índice |
Traxectoria [editar]
Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago, Doutora en Filoloxía pola mesma Universidade[Cómpre referencia], é investigadora e crítica teatral. Colabora habitualmente nas revistas Citania, Grial, Revista Galega de Teatro e Primer Acto, así como no xornal El Correo Gallego. É membro do consello de redacción de Dorna.
Actualmente é profesora na Escola Superior de Arte Dramático, con sede en Vigo[Cómpre referencia].
Obra [editar]
Narrativa [editar]
- Rosas, corvos e cancións (2000, Galaxia).
- Concubinas (2002, Xerais). Traducida ao castelán en 2009, na editorial Ámbar (Barcelona).
- Neve en abril (2005, Galaxia).
- Non quero ser Doris Day (2006, Biblos Clube).
- New York, New York (2007, Galaxia). Traducida ao castelán en 2008, na editorial El Andén (Barcelona).
- Memoria de cidades sen luz (2008, Galaxia).
- Tinta (2012, Galaxia).
Ensaio [editar]
- A recepción do teatro galego contemporáneo (1990-2000) (2003, Universidade de Santiago de Compostela).
Traducións [editar]
- Calígula. O malentendido, de Albert Camus (2009, Galaxia).
- As criadas. O balcón, de Jean Genet (2010, Galaxia).
Obras colectivas [editar]
- VI Certame literario Manuel Lueiro Rey de novela curta 1998 (1999, Concello do Grove).
- Mini-relatos, (1999, Libraría Cartabón).
- Caso Torneiro: 1898-1975, en Narradoras (2000, Xerais).
- Un abrente teatral. As Mostras e o Concurso de Teatro de Ribadavia (2002, Galaxia). Con Dolores Vilavedra.
- Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
- Escrita Contemporánea. Homenaxe a Ánxel Casal (2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- Guerra Civil e Literatura Galega (1936-1939) (2006, Xerais).
- Poetas e Narradores nas súas voces. II (2006, Consello da Cultura Galega).
- Letras novas (2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- 25 anos. Mostra Internacional de Teatro Ribadavia (2009, Difusora). Con Xosé Luís Méndez Ferrín e Roberto Pascual.
Premios [editar]
- Premio Rúa Nova no 1996, por Neve en abril, ambientada na Guerra Civil Española.
- 2º premio Modesto R. Figueiredo no 1998, por Cartas que viñan de alén mar.
- Premio Lueiro Rey no 1998, por Canción de amor india.
- Premio Xerais no 2002, por Concubinas.
- Premio Manuel Murguía no 2005, por Aqueles que retratan o vento.
- Finalista do VI Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia no 2006, por Non quero ser Doris Day.
- Premio Blanco Amor no 2007, por Memoria de cidades sen luz.
- Premio Arcebispo San Clemente no 2009, por Memoria de cidades sen luz.
- Premio á mellor obra de narrativa da AELG no 2009, por Memoria de cidades sen luz.