Manuel Lourenzo
- Se procura polo narrador Manuel Lourenzo, vexa Manuel Lourenzo González
Manuel María Lourenzo Lourenzo, nado en Ferreira do Valadouro o 15 de abril de 1943, é un actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, tradutor galego, e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.
Índice |
[editar] Datos biográficos
Manuel Lourenzo cursou estudos de Maxisterio. Entre 1962 e 1964, viviu en Alemaña. Volta a Galiza e, en 1965, crea na cidade da Coruña (xunto con Francisco Pillado) o Grupo de Teatro O Facho, grupo ligado á Agrupación Cultural O Facho e que marca, a xuízo de autores como Laura Tato Fontaíña ou Manuel F. Vieites, o inicio do Teatro Independente Galego. En 1967, funda o Grupo de Teatro Circo (1967-1976), o cal é de vital importancia dentro da Historia do Teatro Galego. Co Teatro Circo, acudirá ás Xornadas de Teatro de Pontevedra de 1971 e mais ás Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), citas de necesaria referencia dentro do contexto do Teatro Independente. En 1978, funda, outra con Francisco Pillado, a Escola Dramática Galega, e codirixe con este autor os Cadernos da Escola Dramática Galega, os cales viron nacer ao seu abeiro personalidades do noso teatro como Xesús Pisón, Miguel Anxo Fernán-Vello, Henrique Rabunhal...
En 1979 publica, igualmente en coautoría con Pillado Mayor, a monografía O Teatro Galego, libro pioneiro e aínda de referencia aínda hoxe en día dentro do ámbito do estudo da dramática.
Por outra parte, en 1980 crea a Compañía Teatral Luís Seoane e, en 1981, recibe con Pillado un premio outorgado pola Aula de Teatro da Universidade de Compostela, outorgado a raíz dun traballo sobre o teatro de Luís Seoane. Tamén en 1981, e tamén con Francisco Pillado Mayor, funda a editorial Castrodouro.
No ano 1990, crea o Clube de Teatro Elsinor, en 1995 saca á luz (tamén con Pillado Mayor) a colección Cadernos de Teatro.
En 1997 recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática, por Veladas indecentes.
No ano 1998, xunto con Santiago Fernández, crea a escola teatral Casahamlet, a cal rexenta actualmente.
No 2007 foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
[editar] Obra
[editar] Obra de creación
Autor de aproximadamente 150 obras dramáticas, o seu teatro volta aos temas da traxedia grega para denunciar situacións históricas (como o franquismo, a transición,...). Laura Tato Fontaíña destaca o seu interese polas figuras femininas que cumpren o rol da femme fatale e polas pezas de mulleres apaixonadas, no medio dunha mestura entre nostalxia, humor e fantasía. Concibiu tamén obras dramáticas nas que se ironiza con aspectos teóricos da dramática. Algunhas das súas obras máis destacadas son:
- Tres irmáns parvas (1969).
- Crónica do sol de inverno (1971).
- Erros e ferros de Pedro Madruga (1972).
- Romería ás Covas do Demo (1975, Pico Sacro).
- Viaxe ao país de ningures (1977, Galaxia).
- Todos os fillos de Galahad (1978).
- As criadas (1980) (espectáculo).
- Últimas fasquías de setembro (espectáculo).
- Edén e outros paraísos (1981, Castrodouro).
- Traxicomedia do Vento de Tebas Namorado dunha Forca (1981, Edicións do Castro).
- Fedra (1982, Cadernos da Escola Dramática Galega).
- A noite dourada de Mimí da Cora (1982, Compañía Luís Seoane).
- O segredo da Illa Troneira (1986, Cadernos da Escola Dramática Galega).
- Defensa de Helena (1987, Sotelo Blanco).
- Unha man de vento contra o mar (1989, Caixa Galicia).
- Agamenón en Áulide (1991, Teatro do Atlántico).
- Forno de teatro fantástico (1991, Edicións do Castro).
- Xoana (1991, Cadernos da Escola Dramática Galega).
- Teatro mínimo (1992, Elsinor Teatro). Inclúe as pezas "Laura" (1988), "A paixón de Brenda Moore" (1988-1992), "Mário e Manfredo" (1987), "Como un susurro" (1985), "A canción do deserto" (1990), "O binóculo" (1988) e "Aquela rúa" (1991).
- Electra (1994, Cadernos da Escola Dramática Galega).
- O xardín dos contos (1994, Asociación Mostra de Teatro Infantil Xeración Nós).
- A lexión sonámbula (1995, Hércules).
- O perfil do crepúsculo (1995, Cadernos de Teatro).
- A sensación de Camelot (1995, AS-PG).
- Magnetismo (1996, Deputación da Coruña).
- Veladas indecentes (1996, Laiovento).
- O circo da medianoite (1997, AS-PG/A Nosa Terra).
- Lionel. O Malestar do Benestar (1998).
- Últimas faíscas de setembro (2000, Deputación da Coruña).
- A larva furiosa. Adeus, Madelón (2003, Espiral Maior).
- Insomnes (2004, Deputación da Coruña).
- Camiñar polo arame cunha lata de cervexa (2005, Laiovento).
- Nocturnos (2005, Laiovento).
- Agamenón en Áulide (2006, Fervenza).
- Eclipses (2006, Laiovento).
- Illa: contos troianos (2006, Fervenza).
- Contos troianos (2007, Deputación da Coruña).
- Eléctricas (2007, Laiovento).
- As horas baixas (2008, Laiovento).
- Concertos (2009, Laiovento).
- As dunas (Centro Dramático Galego 2009, dirixida por Quico Cadaval).
- Medea dos fuxidos e outras pezas (2009, Biblos Clube).
- Flores de Dunsinane (2010, Xerais).
- Teatro circo: tres textos (2010, Deputación da Coruña).
- Tres versións (2010, Laiovento).
- Aquelas cousas do verán (2011, Difusora).
[editar] Obra ensaística
Manuel Lourenzo é tamén autor de libros e artigos teóricos sobre o teatro galego. Os máis destácabeis son:
- Tacholas (1975, Edicións do Castro).
- O teatro infantil galego (1978, Cadernos da Escola Dramática Galega).
- Mensaxe do Día Universal do Teatro (1992, Instituto Galego da Información).
- Pensar co corpo (2001, Deputación da Coruña).
[editar] Poesía
- Santuário (1983, Concello de Vigo).
[editar] Narrativa
- O hóspede escandinavo (2010, Espiral Maior).
[editar] Traducións
- A Maravillosa história de Marly, a vampira de Vila de Cruces (fotonovela nun acto), de Carlos Queiroz Telles (1988).
[editar] Literatura infanto-xuvenil
- Teatro para nenos (1982, Edicións do Castro).
[editar] Obras colectivas
- O Teatro Galego (1979, Edicións do Castro) (escrito en colaboración con Francisco Pillado).
- Antoloxía do Teatro Galego (1982, Edicións do Castro) (escrito en colaboración con Francisco Pillado).
- Teatro para nenos (1982, Edicións do Castro).
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986, Concello de Lugo).
- Dicionario do Teatro Galego (1987, Sotelo Blanco) (escrito en colaboración con Francisco Pillado).
- Monólogos (1987, Sotelo Blanco).
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989) (1990, Edicións do Castro).
- 12 anos na búsqueda da nosa identidade (1990, Xermolos).
- O camiño das estrelas (1993, Elsinor Teatro).
- O xardín dos contos (1994, Mostra de Teatro Infantil Galego Xeración Nós).
- O Canto de Vilavella (1996, Xunta de Galicia).
- Contos do Valadouro (1998, A Nosa Terra).
- Liñas para lelas (1998, RENFE/Grándola Nova Edicións).
- Guía das obras dramáticas de Álvaro Cunqueiro (2006, Deputación da Coruña). Con Francisco Pillado.
- Arqueoloxía do Valadouro. Prehistoria (2010, Deputación de Lugo).
- Cociñando ao pé da letra (2011, Galaxia). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
[editar] Bibliografía sobre o autor
- Manuel Lourenzo: vivir para o teatro, de Pablo Rodríguez (1997, Uvegá Teatro).
- Palabra e acción: a obra de Manuel Lourenzo no sistema teatral galego de Roberto Pascual (2006, Tris Tram).
[editar] Actor
- Mareas vivas (como Melgacho)
- Matalobos (como Xosé Louro)
- Días azules (como policía)
[editar] Premios
Durante a súa carreira, Manuel Lourenzo colleitou numerosos premios literarios e teatrais. Estes son:
- Concurso Breogán de Contos en Lingua Galega (1971, 1972, 1975).
- 3º Premio de Contos dos IV Jogos Florais Minho-Galaicos. Convívio de Guimarâes no 1973, por O retorno do cabo de vela.
- Concurso-Premio de Teatro Infantil O Facho (1975, 1979, 1981, 1986, 1988).
- Premio Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (1977, 1981).
- Premio Abrente (1978)/ Mención de honra no Premio Abrente (1974 e 1980).
- Premio de Poesía Cidade da Coruña (1980).
- Premio Nacional do Disco (1981).
- Premio Celso Emilio Ferreiro de Poesía do Concello de Vigo (1982), por Santuário.
- Premio Artur Carbonell (1983).
- Festival Interncional de Teatro de Ribadavia (1984, mellor dirección).
- Premio da Sociedade Filantrópico-Dramática de Ribadeo (1984).
- Premio Concello de Xove (1984), por O segredo da Illa Troneira.
- Premio Teatro de Cámara Ditea (1985), por Defensa de Helena.
- Festival de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (1986, 1990).
- Certame Galego de Teatro Xuventude (1991)/Segundo Premio en 1996).
- Premio de Narrativa Pub Combo (1992).
- Premio Xeración Nós de Ferrol (1993).
- Finalista do Concurso de Obras Teatrais Inéditas "No Camiño" (1993)/ Accesit en 1994.
- Premio de Teatro Rafael Dieste (1996, por Magnetismo e 1999, por Últimas faíscas de setembro).
- Premio Nacional de Literatura Dramática (1997), por Veladas indecentes.
- Pedrón de Ouro (2001).
- Premio Nacional de Artes escénicas (2008).
- Premio Álvaro Cunqueiro por Flores de Dunsinane (2009).
- Premio Abrente de Textos Teatrais no 2010, por Aquelas cousas do verán.
- Premio "Otero Pedrayo" das Diputacións galegas e a Xunta de Galicia, 2011. [1]
- Premio de teatro da AELG, 2011, por Flores de Dunsinane.