Agrupación Cultural O Facho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Agrupación Cultural O Facho é unha asociación cultural creada na Coruña en 1963.

[editar] Traxectoria

Xurdiu como un colectivo cultural que agrupaba aos defensores da lingua galega e que permitiu un primeiro desenvolvemento político organizado contra a ditadura. Entre os seus promotores estaban Henrique Harguindey, Andrés Salgueiro, Xosé Luís Carneiro e Xosé Luís Rodríguez Pardo.

A Agrupación organizou cursos de lingua galega, creou un grupo de teatro do que foi responsábel Manuel Lourenzo, organizou o primeiro certame de banda deseñada de Galicia e realizou en 1975 unha mostra de banda deseñada que recollía os traballos do "Grupo do Castro". Estableceu un premio para a literatura infantil e xuvenil, galardón que recaeu na primeira edición de 1968 no libro de Carlos Casares A galiña azul. Tamén organizou excursións para coñecer a cultura do país, a celebración do Día das Letras ou dun programa de radio en galego en 1973.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas