Ser (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ser
Fundación1935
Remata1936
LocalidadeSantiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

Ser foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1935 e 1936.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario Gallego de Izquierdas apareceu en marzo de 1935. Estaba dirixido por Ramón Suárez Picallo e entre os seus colaboradores figuraron Roberto Blanco Torres, Eduardo Blanco Amor, Plácido R. Castro, Camilo Díaz Baliño, Francisco Fernández del Riego, Ánxel Fole, Carlos Maside, Lois Peña Novo, Luís Seoane, Antón Vilar Ponte e Fernando Barcia Veiras. Analizou as posibles reformas da Constitución da República para atender as propostas das comunidades históricas, as alianzas entre os partidos de esquerda, a situación da CNT e dos sindicatos, o ferrocarril e a universidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]