18 de maio
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Abr - Maio - Xuñ | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
| 29 | 30 | 31 | ||||
| Os 366 días do ano | ||||||
O 18 de maio é o 138º día do ano do calendario gregoriano e o 139º nos anos bisestos. Quedan (227) días para finalizar o ano.
17 de maio < 18 de maio < 19 de maio
Índice |
[editar] Acontecementos
- 37 - O Senado Romano cesa o mandato de Tiberio e proclama a Calígula emperador.
- 1766 - A Revolta Americana: O Parlamento Británico anula a Lei do Selos, que foi moi impopular nas colonias británicas.
- 1900 - Fúndase o AFC Ajax.
- 1916 - Nunha xuntanza nos locais da Real Academia Galega da Coruña, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao —entre outros— acordan a creación das Irmandades da Fala para a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galicia.
- 1965 - Alexei Leonov, cosmonauta ruso, convértese na primera persoa en camiñar polo espazo.
- 1970 - Fúndase no Castro de Samoedo, Sada, o Museo Maside de Arte Contemporánea.
- 1995 - Voda da Infanta Elena de Borbón con Jaime de Marichalar.
- 1999 - Erich Karkoschka descobre a lúa do planeta Urano, Perdita, a cal foi recuperada de imaxes tomadas o 18 de xaneiro de 1986 pola sonda espacial Voyager 2, e sería confirmado este descubrimento con imaxes tomadas polo Telescopio Espacial Hubble no ano 2003.
[editar] Nacementos
- 1048 - Omar Khayyam, matemático, astrónomo e poeta persa.
- 1868 - Nicolao II, tsar de Rusia.
- 1872 - Bertrand Russell, matemático británico, Premio Nobel de Literatura (m. 1970).
- 1876 - Hermann Müller, chanceler alemán (m. 1931).
- 1883 - Eurico Gaspar Dutra, presidente do Brasil (m. 1974).
- 1891 - Rudolf Carnap, filósofo alemán.
- 1893 - María Carmen Corredoira y Ruiz, pintora galega (m. 1970).
- 1895 - Augusto César Sandino, revolucionario nicaragüense (m. 1934).
- 1897 - Frank Capra, director de cine estadounidense de orixe italiana (m. 1991).
- 1901 - Vincent du Vigneaud, químico estadounidense, Premio Nobel (m. 1978).
- 1913 - Neelam Sanjiva Reddy, presidente indiano (m. 1996).
- 1920 - Karol Józef Wojtyła, futuro papa Xoán Paulo II (m. 2005).
- 1923 - Hugh Shearer, primeiro ministro de Xamaica (m. 2004).
- 1939 - Peter Andreas Grünberg, físico alemán, Premio Nobel de Física.
- 1941 - Francisco Pillado Maior, escritor e crítico teatral galego.
- 1944 - W. G. Sebald, escritor alemán.
- 1944 - Albert Hammond, cantante e compositor británico.
- 1946 - Andreas Katsulas, actor estadounidense.
- 1946 - Maria do Carme Ríos Panisse, filóloga galega.
- 1949 - Rick Wakeman, compositor inglés.
- 1962 - Antonio Taboada Ferradás (Wily), escultor galego.
- 1970 - Billy Howerdel, músico estadounidense.
[editar] Mortes
- 1525 - Pietro Pomponazzi, filósofo italiano (n. 1462]).
- 1911 - Gustav Mahler, compositor alemán (n. 1860).
- 1922 - Charles Louis Alphonse Laveran, médico francés, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1845).
- 1955 - Prudencio Landín Tobío, avogado e xornalista galego (n. 1877).
- 1975 - Jan Bronner, escultor neerlandés (n. 1881).
- 1975 - Aníbal Troilo, bandoneonista e compositor arxentino.
- 1992 - Manuel Cuña Novás, escritor e político galego.
- 2007 - Pierre-Gilles de Gennes, físico francés (n. 1932).
- 2010 - Edoardo Sanguineti, poeta, crítico literario e profesor italiano (n. 1930).
[editar] Festas e celebracións
- O 18 de maio celébrase o Día Internacional do Museo (declarado pola ONU en 1977).
[editar] Santoral
[editar] Outros
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro