Saltar ao contido

Justo Beramendi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xusto González Beramendi»)
Infotaula de personaJusto Beramendi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1941 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xullo de 2024 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador Editar o valor em Wikidata
Interesado enNacionalismo galego e nacionalismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoVíctor Manuel Santidrián Arias Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX870824 AELG: 388 Dialnet: 740887

Justo Beramendi González, tamén chamado Xusto Beramendi[1], nado en Madrid o 16 de xullo de 1941 e finado en Santiago de Compostela o 3 de xullo de 2024[2], foi un historiador e escritor galego, presidente do padroado do Museo do Pobo Galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Realizou estudos de Enxeñaría Industrial en Madrid (1959-1967), de tradución en Barcelona (1969-1974) e de doutoramento en Historia na Universidade de Santiago de Compostela (1987), da que é catedrático emérito de Historia Contemporánea e da que foi vicerreitor entre 1990 e 1994. Xubilou no ano 2012.

Foi cofundador do Museo do Pobo Galego e presidente da súa xunta reitora. É membro fundador da Fundación Castelao e director da sección de pensamento político da Fundación Vicente Risco. Participou na creación das revistas Negaciones (Madrid, 1977), A Trabe de Ouro (Santiago, 1990) e Tempos Novos (Santiago, 1997).

Especializado na historia das ideoloxías e dos nacionalismos, foi editor das obras de Losada Diéguez, Ramón Villar Ponte, Peña Novo, Castelao e Vicente Risco. Organizou e coeditou as actas dos congresos Nacionalismos y regionalismos en la España de la Restauración (1983), Castelao (1986), Los nacionalismos en la España de la Segunda República (1988), Nationalisms in Europe. Past and Present (1993) e Memoria e Indentidade (2004).

No ano 2017 recibiu a Medalla Castelao.[3]

Obra en galego

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]

Edicións

[editar | editar a fonte]

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]
Beramendi nun acto de homenaxe a Antón Fraguas en 2019.
  • El nacionalismo gallego, 1997, Arco Libros.
  • La historia política: algunos conceptos básicos, 1999, Tórculo.
  • Historia mínima de Galicia, 2016, Turner, ISBN 978-84-16354-07-8.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Miseria de la Economía, 1974, Península. Con Eduardo Fioravanti.
  • AA.VV. (1991). Historia de Galicia. Faro de Vigo. ISBN 84-404-9520-X. .
  • La España de los nacionalismos y las autonomías, 2001, Síntesis. Con J. L. Granja e P. Anguera.
  • "De la dictadura a la democracia (1936-2000)" en Historia de la ciudad de Santiago de Compostela. USC.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Álvarez Arcos e foi pai de Pablo e Mario Beramendi Álvarez.

  1. "Xusto Beramendi González". Hispona. 2014-01-23. Consultado o 2024-07-03. 
  2. "Falece en Santiago o historiador Justo Beramendi, un «labrego da cultura»". La Voz de Galicia. 2024-07-03. Consultado o 2024-07-03. 
  3. "Gayoso, Beramendi, Cristina Pato, Oceanográfico de Vigo e o Grupo Nove, Medallas Castelao 2017". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2017. Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  4. Beramendi, J. (2003). "XI. De la dictadura a la democracia (1936-2000)". Historia de la ciudad de Santiago de Compostela (en castelán). USC. pp. 559–630. ISBN 84-9750-137-3. 
  5. Os libreiros premian a Luís Rei Núñez, Justo Beramendi e Xosé María Álvarez Cáccamo.
  6. Justo Beramendi González, Premio Nacional de Ensayo 2008 Arquivado 21 de outubro de 2008 en Wayback Machine. (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]