Edicións do Cerne
Edicións do Cerne é unha empresa editorial de Santiago de Compostela creada en 1979.
Descrición[editar | editar a fonte]
Fundada por Carlos Delgado e Luís Mariño a finais dos anos setenta. Destacou na edición de poesía, narrativa e ensaio, con autores como Salvador García-Bodaño, Ramón López-Suevos, Antón Costa Rico, Román Raña, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, María Xosé Queizán, Xusto Beramendi, Tucho Calvo, Xosé Manuel del Caño, Xosé Vázquez Pintor ou Carlos Casares Mouriño.
Agrupou a obra completa de Fermín Bouza Brey e, dende 2011, dedicase aos facsímiles baixo a dirección de Xesús Couceiro Rivas.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Edicións do Cerne rexorde cunha colección de libros galegos de cociña en edición facsímile" Arquivado 27 de setembro de 2015 en Wayback Machine. TVG, 21/8/2011.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Edicións do Cerne" en Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 23, p. 61.