Tempos Novos
![]() | Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
![]() | Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Tempos Novos Información para a opinión e o debate | |
---|---|
Tipo | Revista |
Fundación | 1997 |
Empresa editora | Atlántica de Información e Comunicación de Galicia |
Director | Luís Álvarez Pousa |
Lingua | Galego |
Ámbito | ![]() |
Periodicidade | mensual |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tempos Novos é unha revista galega de publicación mensual en papel publicada por Atlántica de Información e Comunicación de Galicia desde abril de 1997. Nas súas páxinas os lectores poden atopar reportaxes e entrevistas coa actualidade política, económica ou social como tema central e varias seccións dedicadas ao pensamento, á cultura e á arte en todas as súas manifestacións, con sinaturas recoñecidas dos eidos da Universidade e a investigación vencelladas fundamentalmente ao xornalismo, críticas de distintas disciplinas e valores emerxentes da nova literatura galega.
Historia[editar | editar a fonte]

A súa fundación tivo lugar nun acto celebrado no Instituto Galego de Información o 11 de xaneiro de 1997, onde "cento cincuenta persoas converxeron nunha sociedade anónima coa pretensión declarada de crearen medios de comunicación alternativos e de calidade. Un colectivo plural, representativo da diversidade de tendencias e sensibilidades que configuran a nosa realidade política, cultural e social máis comprometida".[1]
Ao longo dos seus vinte anos cumpridos a revista pasou por diferentes etapas sen renunciar aos seus alicerces fundamentais: o idioma galego, o compromiso coa información libre e unha aposta polo xornalismo de calidade.[2] Así, as súas páxinas acollen desde sempre análises da actualidade sociopolítica e cultural, con seccións para a música, a arte, o teatro, os libros e o humor gráfico.
Tempos Novos é unha revista editada en papel, cunha aposta clara por este formato, polo que non ten versión dixital, pero si unha páxina web, Tempos Dixital, cun consello de redacción formado por Comba Campoy, Paulo Carlos López, Sara Torreiro, Fran Martínez Hidalgo, Duarte Romero Varela, Denís Fernández Méndez, María Villamarín e Cibrán Tenreiro Uzal.
Dirixe a revista o xornalista Luís Álvarez Pousa, quen asina ademais o editorial de cada número e algúns artigos e entrevistas.
Rede de colaboradores[editar | editar a fonte]
É habitual ler en Tempos Novos as crónicas políticas do historiador Justo Beramendi, as entrevistas do xornalista Luís Villamor e as reflexións de Camilo Franco en torno a unha fotografía escollida, así como a opinión de Antón Baamonde, Daniel Álvarez ou as reportaxes de Manuel M. Barreiro.
Do mesmo xeito, e entre moitas outras sinaturas de referencia, os lectores de Tempos poden atopar as achegas da poetisa Alba Cid ou da escritora e actriz María Lado, ademais doutras colaboradoras relacionadas con diferentes especialidades ou disciplinas.
Seccións[editar | editar a fonte]
A capa da revista é desde sempre o elemento máis distintivo de Tempos Novos. O seu deseño, como é lóxico nunha traxectoria de vinte anos, foi mudando o estilo e enfoque até chegar ao actual, no que o autor é o ilustrador compostelán Daniel Pino, quen asina tamén boa parte das ilustracións e deseños da publicación.
A revista mantén sempre a mesma estrutura: previa ao índice, a Carta de Axuste de Luís Álvarez Pousa, seguida por E digo eu, asinada por Daniel Álvarez, e A velas vir, de Xurxo Borrazás.
É a sección En Destaque a que aglutina varias sinaturas sobre o tema principal, seguidas pola crónica política de Justo Beramendi e o Café na Trincheira de Antón Baamonde e a habitual entrevista de Luís Villamor. Ademais do Tres en Raia, unha conversa a tres bandas en torno a un mesmo tema.
En Tempos Novos mantense o gusto polo humor gráfico, que é a base da sección Guau, Guau: unha recompilación de viñetas publicadas nos medios galegos que dá paso a Todo é Peixe, unha ampla sección que abre Camilo Franco cunha reflexión sobre unha fotografía e que se complementa con reportaxes e a sección Vidas Whatsapp, de María Lado, que adoita ofrecer unha conversa con nomes propios da arte e a cultura galegas. Todo é Peixe péchase con O Alambique, unha completa achega de todo "o que destilan os medios".
Argumenta é unha sección de varias páxinas dedicada á ciencia e ao pensamento na que se inclúen reportaxes e entrevistas en torno a unha temática, trala que se abre a sección de Cultura, con críticas de arte, cinema, banda deseñada, series, música etc...
Pecha a revista o Gabinete de Curiosidades de Alba Cid, unha aposta pola poética das plantas.
Protexta[editar | editar a fonte]
Tempos Novos inclúe nas súas páxinas a sección ProTexta, que inicialmente se editaba de xeito independente á revista. Actualmente céntrase na crítica literaria xunto con entrevistas relacionadas co mundo editorial.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Quen somos?
- ↑ "Entrevista a Luís Álvarez Pousa | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2018-01-23.