Gran Premio dos Países Baixos de 1985
| Nome oficial | XXXIV Dutch Grand Prix |
|---|---|
| Tipo | Gran Premio dos Países Baixos |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1985 |
| Distancia do evento | 70 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Países Baixos (Reino dos Países Baixos) Circuíto Park Zandvoort (Zandvoort) |
| País | Países Baixos |
| Data | 25 de agosto de 1985 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Niki Lauda McLaren Techniques d'Avant Garde |
| Pole position | Nelson Piquet |
| Volta máis rápida | Alain Prost |
O Gran Premio dos Países Baixos de 1985 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 25 de agosto de 1985 no circuíto de Zandvoort. Foi a décimo primeira carreira da tempada de Fórmula Un de 1985 e o 34º e último Gran Premio dos Países Baixos. A carreira disputouse sobre 70 voltas ao circuíto de 4´252 quilómetros para unha distancia total de carreira de 298 quilómetros. Foi a 25º e última vitoria nun Gran Premio do triplo Campión do Mundo Niki Lauda. O compañeiro de equipo de Lauda Alain Prost foi segundo no seu McLaren MP4/2B co piloto brasileiro Ayrton Senna terceiro no seu Lotus 97T.
Tamén foi o último Gran Premio da estrela emerxente o alemá Stefan Bellof, xa que morreu no Circuíto de Spa-Francorchamps nos 1000 quilómetros de Spa da World Sportscar unha semana despois, pilotando un Porsche 956.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]O Renault de Patrick Tambay, que se clasificou nunha excelente sexta posición, tivo un grande accidente a case 320 km/h na volta de quecemento na mañá do domingo do que saíu magullado pero ileso. Logo de perder a sábado debido a chuvia e tendo que correr cos tanques cheos toda a fin de semana a suspensión dianteira do RE60B rompeuse ao final da recta principal que vai directamente a curva Tarzán. O coche quedou destruído no muro de pneumáticos. Tambay puido comezar no coche de reposto. Tanto el como o seu compañeiro de equipo Derek Warwick tomaron o que se considera unha valente decisión [Cómpre referencia] participando malia non saber moi ben o que causara o fallo da suspensión.
Nelson Piquet logrou a súa primeira e única pole position da tempada, cunha media de 215´369 km/h, a primeira para o fabricante de pneumáticos Pirelli. Foi o único bo, xa que o seu Brabham BT54 calouse cando as luces cambian a verde. Por sorte esquivárono os quen estaban detrás del, finalmente foi empurrado e comezou case unha volta atrás. Malia que os empurróns para comezar están en contra das regras, ninguén protestou xa que Piquet terminou no oitavo lugar.
Niki Lauda logrou a última vitoria da súa carreira no seu McLaren MP4/2B. O seu compañeiro de equipo Alain Prost tomou a dianteira no campionato ao finalizar segundo, só 0,232 segundos detrás de Lauda. Os dous alternáronse no liderado durante as últimas doce voltas da carreira. Ayrton Senna continuou o seu ataque de final da tempada polos puntos e terminou terceiro. Completando os puntos quedaron o Ferrari de Michele Alboreto, cuxos tres puntos non foron suficientes para manter a súa vantaxe no campionato, Senna de Lotus foi quinto e Nigel Mansell sexto no seu Williams FW10.
Logo de destruír o seu coche nun accidente na carreira anterior en Austria, esta foi tamén a última vez que Andrea de Cesaris correu nun Ligier. Sería, de feito, a última carreira da tempada do italiano.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 7 | Brabham-BMW | 1:11.074 | — | ||
| 2 | 6 | Williams-Honda | 1:11.647 | +0.573 | ||
| 3 | 2 | McLaren-TAG | 1:11.801 | 1:29.507 | +0.727 | |
| 4 | 12 | Lotus-Renault | 1:11.837 | +0.763 | ||
| 5 | 19 | Toleman-Hart | 1:12.310 | +1.236 | ||
| 6 | 15 | Renault | 1:12.486 | +1.412 | ||
| 7 | 5 | Williams-Honda | 1:12.614 | 1:32.740 | +1.540 | |
| 8 | 18 | Arrows-BMW | 1:12.746 | +1.672 | ||
| 9 | 8 | Brabham-BMW | 1:12.856 | +1.782 | ||
| 10 | 1 | McLaren-TAG | 1:13.059 | +1.985 | ||
| 11 | 11 | Lotus-Renault | 1:13.078 | 1:30.123 | +2.004 | |
| 12 | 16 | Renault | 1:13.289 | +2.215 | ||
| 13 | 26 | Ligier-Renault | 1:13.435 | 1:28.393 | +2.361 | |
| 14 | 17 | Arrows-BMW | 1:13.680 | 1:34.857 | +2.606 | |
| 15 | 20 | Toleman-Hart | 1:13.705 | +2.631 | ||
| 16 | 27 | Ferrari | 1:13.725 | +2.651 | ||
| 17 | 28 | Ferrari | 1:13.768 | 1:32.544 | +2.694 | |
| 18 | 25 | Ligier-Renault | 1:13.797 | 1:34.638 | +2.723 | |
| 19 | 22 | Alfa Romeo | 1:14.240 | +3.166 | ||
| 20 | 23 | Alfa Romeo | 1:14.912 | 1:32.572 | +3.838 | |
| 21 | 3 | Tyrrell-Renault | 1:14.920 | 1:32.003 | +3.846 | |
| 22 | 4 | Tyrrell-Renault | 1:15.236 | +4.162 | ||
| 23 | 30 | Zakspeed | 1:16.257 | 1:34.316 | +5.183 | |
| 24 | 29 | Minardi-Motori Moderni | 1:17.919 | 1:38.227 | +6.845 | |
| 25 | 10 | RAM-Hart | 1:18.525 | 1:36.270 | +7.451 | |
| 26 | 24 | Osella-Alfa Romeo | 1:19.410 | 1:38.149 | +8.336 | |
| NSC | 9 | RAM-Hart | 1:20.429 | +9.335 |
Carreira
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 1 | McLaren-TAG | 70 | 1:32:29.263 | 10 | 9 | |
| 2 | 2 | McLaren-TAG | 70 | + 0.232 | 3 | 6 | |
| 3 | 12 | Lotus-Renault | 70 | + 48.491 | 4 | 4 | |
| 4 | 27 | Ferrari | 70 | + 48.837 | 16 | 3 | |
| 5 | 11 | Lotus-Renault | 69 | + 1 volta | 11 | 2 | |
| 6 | 5 | Williams-Honda | 69 | + 1 volta | 7 | 1 | |
| 7 | 3 | Tyrrell-Renault | 69 | + 1 volta | 21 | ||
| 8 | 7 | Brabham-BMW | 69 | + 1 volta | 1 | ||
| 9 | 17 | Arrows-BMW | 68 | + 2 voltas | 14 | ||
| 10 | 8 | Brabham-BMW | 65 | Escape | 9 | ||
| NC | 24 | Osella-Alfa Romeo | 56 | Non clasificado | 26 | ||
| Ret | 18 | Arrows-BMW | 54 | Suspensión | 8 | ||
| Ret | 9 | RAM-Hart | 52 | Motor | 25 | ||
| Ret | 4 | Tyrrell-Renault | 39 | Motor | 22 | ||
| Ret | 16 | Renault | 27 | Caixa de cambios | 12 | ||
| Ret | 25 | Ligier-Renault | 25 | Turbo | 18 | ||
| Ret | 15 | Renault | 22 | Transmisión | 6 | ||
| Ret | 6 | Williams-Honda | 20 | Motor | 2 | ||
| Ret | 19 | Toleman-Hart | 18 | Coxinete da roda | 5 | ||
| Ret | 26 | Ligier-Renault | 17 | Eléctrico | 13 | ||
| Ret | 30 | Zakspeed | 13 | Presión aceite | 23 | ||
| Ret | 20 | Toleman-Hart | 12 | Motor | 15 | ||
| Ret | 28 | Ferrari | 9 | Motor | 17 | ||
| Ret | 29 | Minardi-Motori Moderni | 1 | Accidente | 24 | ||
| Ret | 23 | Alfa Romeo | 1 | Turbo | 20 | ||
| Ret | 22 | Alfa Romeo | 1 | Turbo | 19 |
Líderes por volta
[editar | editar a fonte]- Líderes por volta: Keke Rosberg (1–19), Alain Prost (20–33), Niki Lauda (34–70)
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
| Carreira anterior: Gran Premio de Austria de 1985 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1985 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1985 |
| Carreira anterior: Gran Premio dos Países Baixos de 1984 |
Gran Premio dos Países Baixos | Carreira seguinte: Non houbo |
Notas
[editar | editar a fonte]A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2014. Consultado o 2007-06-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio dos Países Baixos de 1985 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
