Audi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 48°46′59″N 11°25′05″L / 48.78306, -11.41806

Audi

Editar o valor em Wikidata
TipoEmpresa multinacional
Fundación16 de xullo de 1909
MatrizGrupo Volkswagen
LocalizaciónIngolstadt, Alemaña Alemaña
FundadorAugust Horch
Persoas claveRupert Stadler[1]
(Director executivo)
IndustriaAutomótriz
ProdutosAutomóbiles
Beneficio29.840 millóns de € (2009)[2]
Beneficio operativo1.604 millóns de € (2009)
Beneficio neto1.347 millóns de € (2009)
Número de empregados58.046 (finais do 2009)[3]
Na rede
https://www.audi.com/
Facebook: audi.jp Twitter: Audi Instagram: audiusa Youtube: UCO5ujNeWRIwP4DbCZqZWcLw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Planta de Audi en Neckarsulm (centro)

Audi AG, con sede en Ingolstadt, en Baviera (Alemaña) é un fabricante de automóbiles, que pertence o Grupo Volkswagen.

A marca é un xogo de palabras para eludir os dereitos do nome da antiga fabricante de vehículos de motor Horch. O fundador da empresa August Horch, que foi un dos pioneiros da industria do automóbil en Alemaña, creara en 1899 "A. Horch & Cie." da cal seria expulsado por diferenzas entre el e o comité de vixilancia. Uns poucos anos máis tarde, fundou outra empresa "Horch Automobil-Werke GmbH" en Zwickau o 16 de xullo do 1909. Horch perdeu a disputa polo uso do nome, polo cal non puido volver usalo apelido para o nome da compañía, polo cal se puxo na procura dun novo nome para a compañía e encontrou unha proposta na escola de Zwickau,[4] "horch" ,significa "escoita", que levado o latín é Audi imperativo de Audire, co cal lle cambiou o nome da empresa a "Audi Automobilwerke GmbH", rexistrouna no Rexistro Mercantil como tal o día 25 de abril de 1910.

Historia[editar | editar a fonte]

1909-1931: Establecemento da fábrica de coches Audi GmbH[editar | editar a fonte]

August Horch fundador da Audi

A historia da marca Audi comenza en novembro de 1899 despois de que August Horch (1868-1951), un dos pioneiros da industria automobilística alemá, fúndase en Ehrenfeld un distrito municipal de Colonia (Alemaña), a empresa de autos „August Horch & Cie“ , cuxo primeiro automóbil comezou a circular por vías públicas en 1901, este era un coche de dous cabalos con motor horizontal[5]. A compañía mudouse a Reichenbach in 1902, onde en 1903 construíu o primeiro automóbil alemán de catro cilindros. A empresa trasladouse a Zwickau en 1904, onde se fabricou o primeiro motor de seis cilindros. O 16 de xullo de 1909 logo dalgunhas dificultades financeiras e desavinzas internas co consello de administración, decidiu abandonar a compañía para crear unha nova fábrica de automóbiles. Así naceu a „Horch Automobil-Werke GmbH“ en Zwickau, (no estado de Saxonia)[5] Como Horch perdeu a disputa legal polo nome da compañía, que xa estaba rexistrado anteriormente, non puido volver utilizar o seu apelido e escolleu o nome "Audi", a tradución ao latín do vocábulo alemán "horch", que en galego significa "oír" ou "escoitar".[6] Por iso, en 1910, meses logo da súa fundación cambiou o nome da compañía a "Audi Automobilwerke GmbH".

De 1918 a 1931[editar | editar a fonte]

En setembro de 1921,posiblemente en 1920, Audi foi a primeira compañía automotriz en introducir o volante con condución á esquerda, baseada nunha maior visibilidade dos vehículos e nunha maior manobrabilidade a horas de meter as marchas pois a panca quedaba á dereita. Fíxoo no seu modelo Audi K.[7] Cara a 1928 outras marcas seguirían o seu exemplo.

En agosto de 1928 o enxeñeiro danés Jørgen Skafte Rasmussen de DKW adquiriu un paquete maioritario de accións en Audi.

1932-1945: Audi e Auto Union[editar | editar a fonte]

En 1932, ambas as compañías Horch e Audi, xunto con DKW (fundada en 1907) e Wanderer (fundada en 1885) fusionáronse para formar Auto Union AG -sendo estas a base da que máis tarde seria Audi AG- e poder facer fronte ás dificultades derivadas da Gran Depresión de 1929, que afectaba, principalmente á racionalización dos procesos de produción e ensamblaxe. O 29 de xuño de 1932, naceu o logotipo de Audi, con catro aros entrelazados, como símbolo froito da alianza das catro marcas saxoas: Audi, DKW, Horch e Wanderer.

A sede da compañía estivo ata 1936 na fábrica da DKW na cidade de Zschopau para colocarse a partir de aquí na cidade de Chemnitz -cidade na que foi rexistra a marca- no edificio da administración da compañía Presto-Werke.[8] En 1938 convértese nunha das primeiras empresas automobilísticas en facer test de choque os coches.[6]

Para evitar a competencia dentro do grupo, asignouse a cada marca un segmento específico do mercado: automóbiles de luxo do segmento medio para Audi, motocicletas e coches pequenos para DKW, vehículos de tamaño medio para Wanderer e vehículos de luxo na parte máis alta da gama para Horch.

As catro marcas fundadoras foron comercializadas baixo o paraugas de Auto Union. A marca Audi presentou o menor volume de negocios do grupo (participación nas vendas das marcas individualmente na produción total de automóbiles en 1938 en Alemaña: 17,9% DKW, Wanderer 4,4%, 1,0% Horch, Audi 0,1%).[8]

En 1941, dous anos logo de comezar a segunda guerra mundial, Auto Union AG producía exclusivamente vehículos para o uso militar polo que o seu desenvolvemento automobilístico viuse gravemente afectado.

1945-1991: da posguerra de Alemaña Oriental, a disolución de Auto Union AG[editar | editar a fonte]

AWZ P70 Coupe

Ao finalizar a guerra estando Auto Union AG na Zona de ocupación soviética foi dada de baixa no rexistro mercantil pois a administración da zona soviética expropiou e ordenou desmantelar todas as fábricas da empresa.

A antiga fábrica de Auto Union segue a producir automóbiles en Zwickau (nesa época pertencía á República Democrática Alemá) baixo o nome de VEB Automobilwerk Zwickau (AWZ) sacando neste tempo o VEB AWZ P70, en 1958 foi adquirida por Daimler-Benzy, que finalmente a vendeu en 1964 o Grupo Volkswagen, quen conservou o nome de Audi e o seu logo. O Trabant produciuse ata 1991 sendo este o último modelo producido pola VEB Sachsenring Zwickau.

Motocicletas[editar | editar a fonte]

O 18 de abril do 2012, Audi anunciou a compra da marca italiana de motocicletas Ducati.[9] Isto servirá para crear sinerxias para a fabricación de motores máis pequenos, que consuman menos combustible e na construción lixeira.

Accionistas[editar | editar a fonte]

A estrutura do capital social é o seguinte:

As accións negócianse nas bolsas de valores de Berlín, Bremen, Dusseldorf, Frankfurt, Hamburgo, Múnic e Stuttgart.

Audi: a rexilla única[editar | editar a fonte]

A evolución da rexilla de Audi no exemplo do Audi A3.

A rexilla única e un aspecto especialmente chamativo do deseño da grella de todos os vehículos da Audi dende 2004.

Houbo tres épocas no deseño da grella. A rexilla, así chamado o marco decorativo, tiña só o marco cromado arredor da parte superior da rexilla por riba do parachoques. O presentar a segunda xeración do Audi A4 (B6) no ano 2000, apareceu a grella de dobre marco, coa parte superior así como a parte inferior do parachoques rodeados por unha tira cromada. No 2004, apareceu a rexilla única.

Pouco a pouco, todos os modelos da Audi acolleron este deseño. O primeiro modelo coa rexilla única foi o A8 6.0L W12, un tempo despois, foi a versión de cinco portas do Audi A3, o A3 Sportback. Co cambio de modelo do A6 foi a primeira vez que unha serie enteira levaba a nova rexilla. Co tempo todos recibiron a nova rexilla, o A3, o A8 e o A4 dende as versións da serie B7. O Audi TT foi o último en recibir a rexilla unica. O Audi A2 non chegou a usala posto que a súa produción rematou pouco despois da introdución da rexilla única.

Modelos e tipos[editar | editar a fonte]

Cronoloxía dos modelos de Audi AG dende 1950 ata hoxe
Tipo Modelo Actual da Serie Década de 1950 Década de 1960 Década de 1970 Década de 1980 Década de 1990 Década de 2000 Década de 2010
0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1
Segmento B A1 Prinz 50 A2 A1
Segmento C A3 Junior F11/12 A3 8L A3 8P
S3 S3 8L S3 8P
RS3 RS3 8P
Segmento D A4 F89 F91 F93/94 AU 1000 F102 F103 80 B1 80 B2 80 B3 80 B4 A4 B5 A4 B6 A4 B7 A4 B8
S4 AU 1000 S 90 B2 90 B3 S2 S4 B5 S4 B6 S4 B7 S4 B8
RS4 RS2 RS4 B5 RS4 B7
A4 allroad A4 allroad
Segmento E A6 100 C1 100 C3 A6 C4 A6 C6
100 C2 100 C4 A6 C5 A6 C7
S6 Ro 80 200 C2 200 C3 S4 C4 S6 C4 S6 C5 S6 C6
RS6 RS6 C5 RS6 C6
A6 allroad A6 allroad C5 A6 allroad C6
Segmento F A7 A7
A8 V8 D11 A8 D2 A8 D3 A8 D4
S8 S8 D2 S8 D3
Coupés TT TT 8N TT 8J
TTS Monza TTS
TT RS TT RS
A5 AU 1000 SP 100 Coupé S Coupé B2 Coupé B3 A5
S5 quattro Coupé S2 S5
RS5 RS5
Deportivos R8 Sport
quattro
R8
Todoterreno, SUV Munga
Q3 Q3
Q5 Q5
Q7 Q7
  •   Vendeuse como a marca DKW/Auto Union.
  •   Vendeuse como a marca NSU.
  • Segmento B[editar | editar a fonte]

    Construción Serie Nota Imaxe
    1974–1978 Audi 50
    Tipo 86
    Influenciado pola crise do petróleo, desenvolveuse o novo Audi 50. En setembro de 1975 apareceu un VW Polo I con motores máis pequenos que foron vendidos por Volkswagen. Ata xullo de 1978, vendéronse arredor de 181.000 exemplares do Tipo 86 antes de que Audi cesase a súa produción.
    1999–2005
    Audi A2
    8Z
    O compacto Audi A2 foi o primeiro coche de produción masiva cunha carrocería monocasco de aluminio (Audi Space Frame) e foi (na versión 1.2 TDI) un dos primeiros "Drei-Liter-Autos" que se ofreceu no mercado alemán.
    dende 2010 Audi A1
    8X
    O Audi A1 e o terceiro utilitario de Audi AG. A plataforma baséase no VW Polo V.

    Segmento C[editar | editar a fonte]

    Construción Serie Nota Imaxe
    1996–2006 Audi A3
    8L
    É o primeiro modelo da Audi no segmento dos compactos. Foi deseñado sobre a plataforma do VW Golf IV. A versión de cinco portas apareceu no 1999. É fixeronlle un "Facelift" no ano 2000.
    dende 2003 Audi A3
    8P/AU350
    Novo desenvolvemento sobre a plataforma do VW Golf V. No 2005 apareceu a variante A3 Sportback sendo reconsideradas revisións do modelo no 2008 e no 2010.
    dende 2004 Audi A3 Sportback
    8PA/AU353
    É unha variante do A3 8P. Introduciu a rexilla única no A3. "Facelift" o igual que o modelo de tres portas no 2008 como no 2010.

    Segmento D[editar | editar a fonte]

    Construción Serie Nota Imaxe
    1965–1972 Audi F103
    1972–1976 Audi 80
    B1/Typ80
    1976–1978 Audi 80
    B1/Typ82
    1978–1984 Audi 80
    B2/Typ81/85
    1984–1986 Audi 80
    B2/Typ81/85
    1984–1986 Audi 90
    B2/Typ81/85
    1986–1991 Audi 80
    B3/Typ89/8A
    1987–1991 Audi 90
    B3/Typ89/8A
    1991–1994
    Avant: 1992–1995
    Audi 80
    B4/8C
    1994–2000
    Avant: 1996–2001
    Audi A4
    B5/8D
    2000–2004
    Avant: 2001–2004
    Audi A4
    B6/8E
    2004–2007
    Avant: 2004–2008
    Audi A4
    B7/8E
    Dende 2007
    Avant:
    dende 2008
    Audi A4
    B8/8K
    Dende 2009
    Audi A4 allroad quattro
    B8/8K

    Segmento E[editar | editar a fonte]

    Construción Serie Nota Imaxe
    1968–1976
    aproximadamente 800.000
    Audi 100
    C1/F104
    1976–1982
    aproximadamente 950.000
    Audi 100
    C2/Typ43
    1979–1982 Audi 200
    C2/Typ43
    1982–1991 Audi 100
    C3/Typ44
    1983–1991 Audi 200
    C3/Typ44
    1990–1994 Audi 100
    C4
    1994–1997 Audi A6
    C4/4A
    1997–2004
    Avant: 1998–2005
    Audi A6
    C5/4B
    1999–2006 Audi allroad quattro
    C5/4B
    Dende 2004
    Avant:
    dende 2005
    Audi A6
    C6/4F
    Dende 2006 Audi A6 allroad quattro
    C6/4F
    Dende 2011 Audi A6 C7
    C7
    Este A6 é 70 kg máis lixeiro que o seu predecesor e consome grazas aos seus modernos motores e técnicas de aforro de combustible até un 19 por cento menos que o seu predecesor[11]

    Segmento F[editar | editar a fonte]

    Construción Serie Nota Imaxe
    1988–1994 Audi V8
    D11/4C
    1994–2002 Audi A8 D2
    D2/4D
    2002–2010 Audi A8 D3
    D3/4E
    Dende 2010 Audi A8 D4
    D4/4H
    Dende 2010 Audi A7
    4G

    Descapotables[editar | editar a fonte]

    Construción Serie Nota Imaxe
    1991–2000 Audi Cabriolet
    89/8G
    2002–2006 Audi A4 Cabriolet
    B6/8H
    2006–2009 Audi A4 Cabriolet
    B7/8H
    2006–2009 Audi S4/RS4 Cabriolet
    B7/8H
    Dende 2008 Audi A3 Cabriolet
    8P
    Dende 2009 Audi A5 Cabriolet
    8F
    Dende 2009 Audi R8 Spyder
    Typ 42

    Quattro GmbH[editar | editar a fonte]

    Quattro GmbH[12] é unha empresa totalmente privada, filial de Audi AG, parte á súa vez do maior fabricante de automóbiles alemán, o conglomerado empresarial (holding) Grupo Volkswagen (Volkswagen AG - VWAG).

    A súa sede atópase en Neckarsulm, preto de Stuttgart, na rexión de Baden-Württemberg. A fábrica baséase na sede do agora extinto fabricante de automóbiles alemán (e do motor rotatorio sen pistón Wankel) NSU Motorenwerke AG (NSU).Foi fundada en 1983 e desde 1996 ten a súa produción independente.

    A pesar de que "Quattro GmbH" como empresa pode ser relativamente descoñecida, os seus principais produtos son susceptibles de ser moi ben coñecidos, especialmente o Audi RS4, o Audi RS6 e o Audi R8.

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. 'FAS': Finanzvorstand Rupert Stadler wird neuer Audi-Chef (en alemán)
    2. "Beneficios 2009" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2011. Consultado o 01 de febreiro de 2011. 
    3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2011. Consultado o 26 de xaneiro de 2011. 
    4. Pelicula de Audi AG: As frechas de prata de Zwickau, Entrevista a Dr. August Horch, Video 1992.
    5. 5,0 5,1 Centenario de Audi. Un exercicio de constante superación. O Mundo. Suplemento Motor n.º 396 (1-9-2009). Consultado o 26 de setembro de 2009.
    6. 6,0 6,1 Audi, 100 anos de éxitos. Terra-Autopista (15-7-2009). Consultado o 26 de setembro de 2009.
    7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2010. Consultado o 01 de febreiro de 2011. 
    8. 8,0 8,1 Véxase: de:Presto-Werke
    9. "Audi kauft Motorradbauer Ducati - Piechs Marken-Dutzend komplett". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 17 de xullo de 2012. 
    10. http://www.porsche-se.com/filestore.aspx/default.pdf?pool=pho&type=download&id=aktientausch-disclaimer-infopdf4mitteilung&lang=de&filetype=default Arquivado 31 de xullo de 2013 en Wayback Machine. (en alemán)
    11. http://www.autobild.de/artikel/audi-a6-2011-vorstellung-1301869.html
    12. quattro GmbH Arquivado 15 de outubro de 2004 en Wayback Machine.(en castelán)

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]