Gran Premio de Bélxica de 1985
| Tipo | Gran Premio de Bélxica |
|---|---|
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1985 |
| Distancia do evento | 43 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Spa (Arrondissement of Verviers (en) Circuíto de Spa-Francorchamps (Provincia de Liexa) |
| País | Bélxica |
| Data | 15 de setembro de 1985 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Ayrton Senna Team Lotus Renault na Fórmula 1 |
| Pole position | Alain Prost |
| Volta máis rápida | Alain Prost |
O Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 de 1985 disputouse en Spa o 15 de setembro de 1985. Foi a décimo terceira carreira da tempada de Fórmula Un de 1985, e o 43º Gran Premio de Bélxica, o 31º, que se celebrou en Spa e o segundo desde que o circuíto fora reconstruído e reaberto coa metade da súa lonxitude orixinal en 1979. A carreira disputouse sobre 43 voltas ao circuíto de sete quilómetros nunha distancia de carreira de 301 quilómetros.
A carreira foi gañada polo piloto brasileiro Ayrton Senna pilotando un Lotus 97T. Foi a segunda vitoria no Campionato Mundial de Senna e a primeira das cinco que ía gañar en Spa-Francorchamps. Senna gañou por 28 segundos sobre o piloto británico Nigel Mansell que pilotaba un Williams FW10. Terceiro foi o líder do Campionato Mundial, o francés Alain Prost pilotando un McLaren MP4/2B. A vitoria levou a Senna ao terceiro posto na clasificación de pilotos e o terceiro lugar permitiu a Prost ampliar a súa vantaxe sobre o piloto de Ferrari Michele Alboreto a 16 puntos.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Esta carreira orixinalmente disputaríase o 2 de xuño, pero foi re-programada ao 15 de setembro despois de que a superficie recentemente asfaltada rompera (as obras de reconstrución completáronse o xoves antes da carreira) ao pasar os coches, creando unha situación perigosa para os pilotos, que por unha abafadora maioría (24 votos a favor e 2 en contra) esixiron a cancelación da proba por razóns de seguridade logo da celebración dos adestramentos libres do sábado pola mañá. Debido á reprogramación da carreira o novo equipo de Fórmula Un Haas Lola e o seu piloto, o Campión Mundial de 1980 Alan Jones, que fixera a súa primeira carreira na rolda anterior en Italia non se lles permitiu participar, xa que non estaban na lista de participación orixinal. Durante a preparación para a carreira o presidente da FISA Jean-Marie Balestre anunciou que o controvertido Gran Premio de Suráfrica levaríase a cabo malia a presión de cancelar o evento como parte dos embargos contra o apartheid.
Niki Lauda non entrou na grella debido a unha lesión. Ao final da sesión de práctica do venres antes da propia cualificación, o acelerador do seu McLaren MP4/2B quedou trabado mentres el volvía de novo aos pits. O coche saíuse da pista na parte máis nova da pista e o tres veces campión do mundo golpeou unha barreira de protección e no impacto do volante virou mancando a súa boneca ao facelo. Os raios X non revelaron rotura, pero Lauda non estaba en condicións de competir polo que regresou a súa casa en Austria para continuar o recoñecemento e o tratamento do seu fisioterapeuta Willi Dungl. Inicialmente McLaren esperaba poñer a John Watson no coche de Lauda pero isto requiriría a aprobación de todos os demais equipos. Tendo presente o Campionato de Construtores, Ferrari negouse a aceptar, deixando a Alain Prost como único piloto de McLaren en Bélxica. RAM tamén presentou un coche, traendo só o RAM 03 de Philippe Alliot e o campión da tempada 1.985 de fórmula 3000 Cristián Danner fixo o seu debut no campionato mundial con Zakspeed.
Prost logrou a pole position, cunha media de 218´756 km/h diante de Senna con Nelson Piquet terceiro no seu Brabham BT54, Alboreto foi cuarto no seu Ferrari 156/85. A choiva caía antes da carreira deixando a grella de saída con pneumáticos de mollado por primeira vez desde que Senna gañou en Portugal. Senna púxose primeiro ao saír por diante de Piquet pero o Brabham trompeou na primeira curva. Senna lideraba diante de Prost, Mansell e os dous Ferrari de Alboreto e Stefan Johansson. Os Ferrari pronto quedaron fora, co embrague e o motor rotos respectivamente. Prost quedou entre os dous Williams FW10s cando entrou en boxes a poñer pneumáticos de seco. A última hora da carreira a choiva comezou a caer de novo e Senna ampliou a súa vantaxe. Keke Rosberg caeu ao cuarto posto logo dunha breve parada en boxes cun problema de freos e terminou nese posto. Quinto era Thierry Boutsen ata que o seu Arrows A8 rompeu a súa caixa de cambios. Piquet quedou quinto detrás de Derek Warwick nun Renault RE60B. Só doce coches terminaron a carreira, incluíndo por primeira vez un Minardi, o de Pierluigi Martini que terminou duodécimo no seu Minardi M185. Outros dous coches máis, Boutsen e o estrelado Ligier JS25 de Jacques Laffite clasificáronse tamén como finalistas. Huub Rothengatter co Osella FA1G non fixo as voltas suficientes para clasificarse.
Aínda que os comisarios dirixiron os coches directamente a boxes logo do final, Ayrton Senna esquivounos e fixo a volta de honra.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 2 | McLaren-TAG | 1:56.563 | 1:55.306 | — | |
| 2 | 12 | Lotus-Renault | 2:00.710 | 1:55.403 | +0.097 | |
| 3 | 7 | Brabham-BMW | 1:56.643 | 1:55.648 | +0.342 | |
| 4 | 27 | Ferrari | 1:56.999 | 1:56.021 | +0.715 | |
| 5 | 28 | Ferrari | 1:56.585 | 1:56.746 | +1.279 | |
| 6 | 18 | Arrows-BMW | 1:59.046 | 1:56.697 | +1.391 | |
| 7 | 5 | Williams-Honda | 1:56.727 | 1:56.996 | +1.421 | |
| 8 | 17 | Arrows-BMW | 1:56.770 | +1.464 | ||
| 9 | 11 | Lotus-Renault | 1:58.852 | 1:57.322 | +2.016 | |
| 10 | 6 | Williams-Honda | 1:57.582 | 1:57.465 | +2.159 | |
| 11 | 19 | Toleman-Hart | 1:57.588 | 1:57.857 | +2.282 | |
| 12 | 8 | Brabham-BMW | 2:00.154 | 1:57.729 | +2.423 | |
| 13 | 15 | Renault | 1:58.105 | 1:59.335 | +2.799 | |
| 14 | 16 | Renault | 1:59.761 | 1:58.407 | +3.101 | |
| 15 | 22 | Alfa Romeo | 1:59.703 | 1:58.414 | +3.108 | |
| 16 | 20 | Toleman-Hart | 1:58.820 | 1:58.706 | +3.400 | |
| 17 | 26 | Ligier-Renault | 2:01.745 | 1:58.933 | +3.627 | |
| 18 | 25 | Ligier-Renault | 2:00.599 | 1:59.245 | +3.939 | |
| 19 | 23 | Alfa Romeo | 2:00.861 | 1:59.370 | +4.064 | |
| 20 | 9 | RAM-Hart | 1:59.626 | 1:59.755 | +4.320 | |
| 21 | 3 | Tyrrell-Renault | 2:00.950 | 2:01.364 | +5.644 | |
| 22 | 30 | Zakspeed | 2:05.059 | 2:07.046 | +9.753 | |
| 23 | 24 | Osella-Alfa Romeo | 2:06.083 | 2:05.776 | +10.470 | |
| 24 | 29 | Minardi-Motori Moderni | 2:06.007 | 2:06.606 | +10.701 |
Carreira
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 12 | Lotus-Renault | 43 | 1:34:19.893 | 2 | 9 | |
| 2 | 5 | Williams-Honda | 43 | + 28.422 | 7 | 6 | |
| 3 | 2 | McLaren-TAG | 43 | + 55.109 | 1 | 4 | |
| 4 | 6 | Williams-Honda | 43 | + 1:15.290 | 10 | 3 | |
| 5 | 7 | Brabham-BMW | 42 | + 1 volta | 3 | 2 | |
| 6 | 16 | Renault | 42 | + 1 volta | 14 | 1 | |
| 7 | 17 | Arrows-BMW | 42 | + 1 volta | 8 | ||
| 8 | 8 | Brabham-BMW | 42 | + 1 volta | 12 | ||
| 9 | 25 | Ligier-Renault | 42 | + 1 volta | 18 | ||
| 10 | 18 | Arrows-BMW | 40 | + 3 voltas | 6 | ||
| 11 | 26 | Ligier-Renault | 38 | Accidente | 17 | ||
| 12 | 29 | Minardi-Motori Moderni | 38 | + 5 voltas | 24 | ||
| 13 | 3 | Tyrrell-Renault | 38 | + 5 voltas | 21 | ||
| NC | 24 | Osella-Alfa Romeo | 37 | Non clasificado | 23 | ||
| Ret | 22 | Alfa Romeo | 31 | Motor | 15 | ||
| Ret | 23 | Alfa Romeo | 26 | Caixa de cambios | 19 | ||
| Ret | 15 | Renault | 24 | Caixa de cambios | 13 | ||
| Ret | 19 | Toleman-Hart | 23 | Acelerador | 11 | ||
| Ret | 11 | Lotus-Renault | 17 | Turbo | 9 | ||
| Ret | 30 | Zakspeed | 16 | Caixa de cambios | 22 | ||
| Ret | 9 | RAM-Hart | 10 | Accidente | 20 | ||
| Ret | 28 | Ferrari | 7 | Trompo | 5 | ||
| Ret | 20 | Toleman-Hart | 7 | Accidente | 16 | ||
| Ret | 27 | Ferrari | 3 | Embrague | 4 | ||
| NTS | 1 | McLaren-TAG | Lesionado |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "YouTube - Senna wins at Spa 1985 and drives around the Marshalls". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2015. Consultado o 2009-10-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Bélxica de 1985 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2014. Consultado o 2007-06-17.
| Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1985 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1985 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Europa de 1985 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1984 |
Gran Premio de Bélxica | Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1986 |