Gran Premio do Reino Unido de 1984
Nome oficial | XXXVII John Player British Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Reino Unido |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1984 |
Distancia do evento | 71 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Brands Hatch (Kent) 51°21′24″N 0°15′45″L / 51.356666666667, 0.2625 |
Lonxitude | 3,703 km |
País | Reino Unido |
Data | 22 de xullo de 1984 |
Competición | |
Primeiro posto | Niki Lauda |
Pole position | Nelson Piquet |
Volta máis rápida | Niki Lauda |
O Gran Premio do Reino Unido de 1984 (oficialmente o XXXVII John Player British Grand Prix) foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 22 de xullo de 1984 no circuíto de Circuíto de Brands Hatch cerca de Swanley, Kent, Inglaterra. Foi a décima carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1984, a carreira, disputada sobre 71 voltas, foi gañada por Niki Lauda para o equipo McLaren, logo de saír desde a terceira posición. Derek Warwick terminou segundo nun Renault, e Ayrton Senna terceiro para o equipo Toleman.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]O Gran Premio foi disputado por catorce equipos, cada un con dous pilotos. Os equipos, tamén coñecidos como Construtores, foron Brabham, McLaren, Lotus, Williams, Renault, Ferrari, ATS, Arrows, Alfa Romeo , Ligier, Osella, RAM, Spirit e Tyrrell.
Ao inicio da carreira, o piloto de McLaren Alain Prost lideraba o Campionato de Pilotos con 34´5 puntos, por diante do seu compañeiro de equipo Niki Lauda con 24 puntos e Elio de Angelis con 23´5. René Arnoux era cuarto con 22´5 puntos, mentres que Keke Rosberg era quinto con 20 puntos. No Campionato Mundial de Construtores, McLaren era o líder con 58´5 puntos, Ferrari e Lotus eran segundo e terceiro, con 31´5 e 29´5 puntos respectivamente, mentres que Williams con 24 e Brabham con 21 puntos loitaban polo cuarto lugar.
Antes da carreira, a Federación Internacional do Automóbil (FIA) anunciou que Tyrrell sería descualificado do Campionato Mundial polo uso de combustible e lastre ilegal nos seus coches. A decisión deu lugar a que todos os puntos anotados por Tyrrell durante toda a tempada quitáronselle.[1] Ao propietario de Tyrrell Ken Tyrrell concedéuselle un permiso do Tribunal Superior para que os seus coches competiran na sesión de clasificación do venres.[2]
Cualificación
[editar | editar a fonte]Johnny Cecotto rompeuse ambas pernas logo dun forte choque durante a cualificación. Nunca máis puido competir na Fórmula Un. Nelson Piquet logrou a pole position. A vitoria de Niki Lauda co McLaren converteuno no máximo anotador de puntos na historia da Fórmula Un, pasando os 390 de Jackie Stewart.
O piloto de Renault Derek Warwick deu aos fans británicos algo que celebrar cando terminou 42 segundos detrás de Lauda no segundo lugar, mentres que Ayrton Senna o compañeiro de Cecotto en Toleman terminou terceiro, 21 segundos detrás de Warwick. O piloto de Lotus - Renault Elio de Angelis mantivo vivas as súas esperanzas no campionato ao terminar unha volta atrás no cuarto lugar. Foi seguido polos dous Ferraris de Michele Alboreto e René Arnoux nas posicións dos puntos finais.
A vitoria deulle a Lauda 33 puntos e recortou a vantaxe co seu compañeiro de equipo Alain Prost a só 1´5 puntos. Con 67´5 puntos, McLaren logrou case o dobre da cantidade de puntos no campionato de construtores que o segundo clasificado, Ferrari que estaba en 34´5 puntos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 8 | Niki Lauda | McLaren-TAG | 71 | 1:29:28.532 | 3 | 9 |
2 | 16 | Derek Warwick | Renault | 71 | + 42.123 | 6 | 6 |
3 | 19 | Ayrton Senna | Toleman-Hart | 71 | + 1:03.328 | 7 | 4 |
4 | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Renault | 70 | + 1 volta | 4 | 3 |
5 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 70 | + 1 volta | 9 | 2 |
6 | 28 | René Arnoux | Ferrari | 70 | + 1 volta | 13 | 1 |
7 | 1 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 70 | + 1 volta | 1 | |
8 | 15 | Patrick Tambay | Renault | 69 | Turbo | 10 | |
9 | 24 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Alfa Romeo | 68 | + 3 voltas | 21 | |
10 | 26 | Andrea de Cesaris | Ligier-Renault | 68 | + 3 voltas | 19 | |
11 | 17 | Marc Surer | Arrows-BMW | 67 | + 4 voltas | 15 | |
12 | 22 | Riccardo Patrese | Alfa Romeo | 66 | + 5 voltas | 17 | |
DSC | 4 | Stefan Bellof | Tyrrell-Ford | 68 | Descualificado | 26 | |
NC | 21 | Huub Rothengatter | Spirit-Hart | 62 | Non clasificado | 22 | |
Ret | 25 | François Hesnault | Ligier-Renault | 43 | Eléctrico | 20 | |
Ret | 7 | Alain Prost | McLaren-TAG | 37 | Caixa de cambios | 2 | |
Ret | 12 | Nigel Mansell | Lotus-Renault | 24 | Caixa de cambios | 8 | |
Ret | 18 | Thierry Boutsen | Arrows-BMW | 24 | Eléctrico | 12 | |
Ret | 5 | Jacques Laffite | Williams-Honda | 14 | bomba auga | 16 | |
Ret | 10 | Jonathan Palmer | RAM-Hart | 10 | Accidente | 23 | |
Ret | 2 | Teo Fabi | Brabham-BMW | 9 | Eléctrico | 14 | |
Ret | 14 | Manfred Winkelhock | ATS-BMW | 8 | Trompo | 11 | |
Ret | 6 | Keke Rosberg | Williams-Honda | 5 | Motor | 5 | |
DSC | 3 | Stefan Johansson | Tyrrell-Ford | 1 | Descualificado | 25 | |
Ret | 23 | Eddie Cheever | Alfa Romeo | 0 | Accidente | 18 | |
Ret | 9 | Philippe Alliot | RAM-Hart | 0 | Accidente | 24 | |
Ret | 30 | Jo Gartner | Osella-Alfa Romeo | 0 | Accidente | 27 | |
NSC | 20 | Johnny Cecotto | Toleman-Hart |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Tyrrell e os seus pilotos foron posteriormente descalificados do campionato mundial de 1984 e os seus resultados e puntos reasignados.
Carreira anterior: Gran Premio de Dallas de 1984 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1984 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 1984 |
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1983 |
Gran Premio do Reino Unido | Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1985 |
Notas
[editar | editar a fonte]A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-17.
- ↑ "Tyrrell are banned for rest of season". The Glasgow Herald. 19 de xullo de 1984. p. 16.
- ↑ "Tyrrell wins ruiling, to be in British Grand Prix". The Tuscaloosa News. 20 de xullo de 1984. p. 15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Reino Unido de 1984 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |