Gran Premio de Austria de 1982

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Austria Gran Premio de Austria de 1982
Detalles da carreira
Carreira 13 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982.
Trazado do circuíto de Österreichring.
Trazado do circuíto de Österreichring.
Data 15 de agosto de 1982
Nome oficial XV Großer Preis von Österreich
Localización Circuíto de Österreichring, Spielberg, Estiria, Austria
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´942 km
Distancia 53 voltas, 314´926 km
ClimaAsollado, cálido
Pole position
Piloto Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-BMW
Tempo 1:27.612
Volta rápida
Piloto Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-BMW
Tempo 1:33.699 na volta 5
Podio
Primeiro Italia Elio de Angelis Lotus-Ford
Segundo Finlandia Keke Rosberg Williams-Ford
Terceiro Francia Jacques Laffite Ligier-Matra

O Gran Premio de Austria de 1982 foi unha carreira do Campionato do Mundo Formula 1 celebrada no Circuíto de Österreichring o 15 de agosto de 1982. Foi a 13ª carreira da tempada de Fórmula Un de 1982, o 15º Gran Premio de Austria e a décima terceira que se celebrou en Österreichring. A carreira levouse a cabo sobre 53 voltas ao circuíto de 5´942 quilómetros para unha distancia total de carreira de 315 quilómetros. A carreira foi gañada polo Lotus de Elio de Angelis, que mantivo baixo control a Keke Rosberg no Williams para gañar por apenas 0,050 segundos, ou menos de metade da lonxitude do coche.

Resumo da carreira[editar | editar a fonte]

Engadiuse unha chicane na entrada aos boxes no principio do ano. Nelson Piquet no Brabham lideraba na primeira curva desde a pole position, mentres que o Renault de Alain Prost pasou ao compañeiro de equipo de Piquet Riccardo Patrese para ser segundo. Máis atrás, houbo unha colisión que eliminou aos dous Alfa Romeo de Andrea de Cesaris e Bruno Giacomelli, así como ao Williams de Derek Daly. A vantaxe de Prost sobre Patrese durou só unhas cantas curvas antes de que o italiano vólvese a pasalo. Na volta 2, Patrese arrebatou o liderado a Piquet e os dous Brabhams inmediatamente comezaron a afastarse cos seus tanques medio cheos.

Pouco antes da metade da carreira, Piquet fixo a primeira parada planificada en boxes para botar combustible e cambiar os pneumáticos, na historia moderna da F1. Reincorporouse en cuarto lugar, xusto por diante de Keke Rosberg, logo de perder a posición con Prost e Elio de Angelis. Varias voltas logo de Piquet, Patrese fixo a súa parada. Nese momento, tiña unha vantaxe suficiente para reincorporarse á carreira en primeira posición, aínda que agora só cuns poucos segundos por diante de Prost. O Brabham e o Renault estaban igualados logo da parada, e a diferenza de Patrese con Prost mantíñase relativamente estable. Pero, só un par de voltas logo da súa parada, Patrese sufriu un fallo de motor, o que lle fixo trompear. Prost herdou unha cómoda vantaxe con de Angelis e con Piquet terceiro.

Con todo, o actual campión do mundo loitaba desde a súa parada en boxes, incapaz de achegarse aos líderes, estaba loitando para manterse por diante de Rosberg. Só un par de voltas logo da saída do seu compañeiro de equipo, Piquet retirouse cunha falla eléctrica. Libre do Brabham, Rosberg comezou achegándose a de Angelis, pouco apouco pero reducindo a brecha de 10 segundos. Prost, pola súa banda, parecía sereno coa súa vantaxe de medio minuto antes de sufrir un fallo mecánico a 5 voltas do final.

Isto deixou a de Angelis líder, listo para a súa primeira vitoria, pero Rosberg, que reducira a vantaxe de de Angelis a só uns segundos, parecía voar agora que a súa primeira vitoria parecía próxima, e o finlandés comezou a acercarse máis rapidamente. Na última volta, Rosberg reduciu á brecha a só 1,6 segundos. Acercouse rapidamente no último viraxe, de Angelis aparentemente sucumbía á presión, pero na última curva De Angelis defendeu con calma a liña interior, e Rosberg non puido coller a trazada. A súa axustada entrada na curva causou que de Angelis derrapara na saída, o que permitiu Rosberg intentalo polo interior na recta final, só para perder por só 0,050 segundos, ou menos da metade da lonxitude dun coche.

De Angelis celebrou con ledicia a súa primeira vitoria, mentres que Rosberg aumentaba as súas posibilidades no campionato malia perder a súa primeira vitoria por unha marxe mínima, pasando por diante de John Watson no segundo lugar no campionato, que realmente era o liderado, xa que o líder oficial do campionato Didier Pironi estaba fóra polo resto da tempada con lesións nas pernas. O Ligier de Jacques Laffite completou o podio, mentres que o Ferrari de Patrick Tambay, o McLaren de Niki Lauda e o Arrows de Mauro Baldi completaron os puntos.

A vitoria por De Angelis foi a última celebrada por Colin Chapman co famoso acto de lanzar a súa gorra de tea ao aire logo dunha vitoria de Lotus. Tamén sería a última vitoria dun Lotus construído por Chapman, e a última vitoria dun Lotus ata o Gran Premio de Portugal de 1985.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 1 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-BMW 1:27.612
2 2 Italia Riccardo Patrese Brabham-BMW 1:27.971 +0.359
3 15 Francia Alain Prost Renault 1:28.864 +1.252
4 27 Francia Patrick Tambay Ferrari 1:29.522 +1.910
5 16 Francia René Arnoux Renault 1:30.261 +2.649
6 6 Finlandia Keke Rosberg Williams-Ford 1:30.300 +2.688
7 11 Italia Elio de Angelis Lotus-Ford 1:31.626 +4.014
8 3 Italia Michele Alboreto Tyrrell-Ford 1:31.814 +4.202
9 5 Flag of Ireland.svg Derek Daly Williams-Ford 1:32.062 +4.450
10 8 Austria Niki Lauda McLaren-Ford 1:32.131 +4.519
11 22 Italia Andrea de Cesaris Alfa Romeo 1:32.308 +4.696
12 12 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Lotus-Ford 1:32.881 +5.269
13 23 Italia Bruno Giacomelli Alfa Romeo 1:32.950 +5.338
14 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Matra 1:32.957 +5.345
15 35 Flag of the United Kingdom.svg Derek Warwick Toleman-Hart 1:33.208 +5.596
16 14 Flag of Colombia.svg Roberto Guerrero Ensign-Ford 1:33.555 +5.943
17 36 Italia Teo Fabi Toleman-Hart 1:33.971 +6.359
18 7 Reino Unido Reino Unido John Watson McLaren-Ford 1:34.164 +6.554
19 4 Flag of the United Kingdom.svg Brian Henton Tyrrell-Ford 1:34.184 +6.572
20 20 Flag of Brazil.svg Chico Serra Fittipaldi-Ford 1:34.187 +6.575
21 29 Suíza Marc Surer Arrows-Ford 1:34.422 +6.810
22 25 Flag of the United States.svg Eddie Cheever Ligier-Matra 1:34.620 +7.008
23 30 Italia Mauro Baldi Arrows-Ford 1:34.715 +7.103
24 17 Flag of the United Kingdom.svg Rupert Keegan March-Ford 1:34.770 +7.158
25 9 Alemaña Manfred Winkelhock ATS-Ford 1:34.984 +7.372
26 33 Flag of Ireland.svg Tommy Byrne Theodore-Ford 1:34.985 +7.373
27 18 Flag of Brazil.svg Raul Boesel March-Ford 1:35.149 +7.537
28 31 Francia Jean-Pierre Jarier Osella-Ford 1:35.206 +7.594
29 10 Flag of Chile.svg Eliseo Salazar ATS-Ford 1:35.271 +7.659

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 11 Italia Elio de Angelis Lotus-Ford 53 1:25:02.212 7 9
2 6 Finlandia Keke Rosberg Williams-Ford 53 + 0.050 6 6
3 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Matra 52 + 1 volta 14 4
4 27 Francia Patrick Tambay Ferrari 52 + 1 volta 4 3
5 8 Austria Niki Lauda McLaren-Ford 52 +1 volta 10 2
6 30 Italia Mauro Baldi Arrows-Ford 52 +1 volta 23 1
7 20 Flag of Brazil.svg Chico Serra Fittipaldi-Ford 51 +2 voltas 20
8 15 Francia Alain Prost Renault 48 Inxección 3
9 7 Flag of the United Kingdom.svg John Watson McLaren-Ford 44 Motor 18
Ret 4 Flag of the United Kingdom.svg Brian Henton Tyrrell-Ford 32 Motor 19
Ret 1 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-BMW 31 Eléctrico 1
Ret 33 Flag of Ireland.svg Tommy Byrne Theodore-Ford 28 Trompo 26
Ret 29 Suíza Marc Surer Arrows-Ford 28 Motor 21
Ret 2 Italia Riccardo Patrese Brabham-BMW 27 Motor 2
Ret 25 Flag of the United States.svg Eddie Cheever Ligier-Matra 22 Motor 22
Ret 12 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Lotus-Ford 17 Motor 12
Ret 16 Francia René Arnoux Renault 16 Inxección 5
Ret 9 Alemaña Manfred Winkelhock ATS-Ford 15 Trompo 25
Ret 35 Flag of the United Kingdom.svg Derek Warwick Toleman-Hart 7 Suspensión 15
Ret 36 Italia Teo Fabi Toleman-Hart 7 Transmisión 17  
Ret 14 Flag of Colombia.svg Roberto Guerrero Ensign-Ford 6 Trompo 16
Ret 3 Italia Michele Alboreto Tyrrell-Ford 1 Trompo 8
Ret 17 Flag of the United Kingdom.svg Rupert Keegan March-Ford 1 DirecciónSteering 24
Ret 5 Flag of Ireland.svg Derek Daly Williams-Ford 0 Colisión 9
Ret 22 Italia Andrea de Cesaris Alfa Romeo 0 Colisión 11
Ret 23 Italia Bruno Giacomelli Alfa Romeo 0 Colisión 13
NSC 18 Flag of Brazil.svg Raul Boesel March-Ford
NSC 31 Francia Jean-Pierre Jarier Osella-Ford
NSC 10 Flag of Chile.svg Eliseo Salazar ATS-Ford

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1982
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1982
Carreira seguinte:
Gran Premio de Suíza de 1982
Carreira anterior:
Gran Premio de Austria de 1981
Gran Premio de Austria Carreira seguinte:
Gran Premio de Austria de 1983

Notas[editar | editar a fonte]

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-17. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]