Gran Premio de Detroit de 1984

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of the United States.svg Gran Premio de Estados Unidos de 1984
Detalles da carreira
Carreira 8 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1984.
Trazado do circuíto de Detroit.
Trazado do circuíto de Detroit.
Data 24 de xuño de 1984
Nome oficial III Gran Premio de Detroit
Localización Circuíto urbano de Detroit
Detroit, Michigan
Percorrido Circuíto urbano
4´120 km
Distancia 63 voltas, 259´56 km
Clima Asollado, cálido
Pole position
Piloto Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-BMW
Tempo 1:40.980
Volta rápida
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Derek Warwick Renault
Tempo 1:46.221 na volta 32
Podio
Primeiro Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-BMW
Segundo Italia Elio de Angelis Lotus-Renault
Terceiro Italia Teo Fabi Brabham-BMW

O Gran Premio de Detroit de 1984 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 24 de xuño de 1984 en Detroit, Michigan. Foi a oitava carreira da tempada de Fórmula Un de 1984.

Resumo da carreira[editar | editar a fonte]

O campión mundial o brasileiro Nelson Piquet superou un choque na primeira volta (grazas a unha nova saída) e dominou todo o fin de semana para lograr a súa segunda vitoria consecutiva. Partindo desde a pole, Piquet liderou de principio a fin e mantivo baixo control a un brillante piloto debutante, Martin Brundle no Tyrrell atmosférico, para gañar o terceiro Gran Premio de Detroit por menos dun segundo. O coche de Brundle foi finalmente descualificado logo dunha longa disputa por ter un lastre ilegal no sistema de auga. Foi unha carreira de desgaste brutal, e só terminaron 6 coches.

Durante as primeiras sesións de práctica, como é habitual nun circuíto urbano, moitos pilotos loitaban por evitar os muros de formigón que rodeaban o circuíto. Pero Nigel Mansell, de inmediato estableceu o estándar no seu Lotus, con só Niki Lauda preto del. Patrick Tambay pilotou de novo o Renault logo de romperse unha perna en Mónaco só tres semanas antes. O americano Mario Andretti, que fora chamado como posible substituto para Tambay na carreira, estaba satisfeito de pasar o fin de semana como espectador, vendo aos seus dous fillos correr nas carreiras de apoio.

O sábado, a pista estaba considerablemente máis rápida, Mansell mellorou en case catro segundos o seu mellor tempo provisional do día anterior, facendo 1:42.172. A pole position escapábaselle de novo, xa que Piquet rexistrou un impresionante 1:40.980. Alain Prost tamén eclipsou a Mansell cun 1:41.640 no seu McLaren para aliñarse á beira do Brabham na primeira fila. O novato brasileiro Ayrton Senna foi sétimo no Toleman, xusto por diante do estadounidense Eddie Cheever no Alfa Romeo.

O clima cálido e asollado, regresou o domingo logo dunha tormenta durante a noite que deixou a pista limpa, pero na saída, produciuse o caos. Mansell pensou que podería adiantar a Piquet na grella e apuntou o seu Lotus para o espazo entre os dous coches da primeira fila. Golpeou a parte traseira do McLaren de Prost e rebotou contra o costado do Brabham de Piquet, enviándoo contra á parede exterior da pista e o Ferrari de Michele Alboreto. A roda traseira dereita do Brabham saíu polo aire e aterrou na parte dianteira do Toleman de Senna, rompéndolle a suspensión. Ao mesmo tempo, Marc Surer que saía do fondo da grella viuse bloqueado polo coche de Piquet, e bateu co seu Arrows coa roda dianteira esquerda do Brabham. Para evitar riscos, os organizadores detiveron a carreira e prepararon unha nova saída.

Piquet, Alboreto e Senna tomaron os seus coches de reposto, pero Arrows non tiña ningún coche para Surer, polo que o suízo non puido saír cando volveuse a montar a grella. O segundo inicio saíu a pedir de boca, Piquet liderou sobre Prost e Mansell. Ao final da primeira volta, os tres eran seguidos por Alboreto, Cheever (que xa gañara tres lugares), Derek Warwick, Elio de Angelis, Lauda, Tambay e Senna. Prost seguía de cerca a Piquet nas primeiras voltas, pero foi perdendo tempo cando os seus pneumáticos traseiros comezaron a perder agarre. Como resultado, Mansell pechou diferenzas co francés e alcanzouno na volta 10, con Piquet cinco segundos por diante.

Inmediatamente, Mansell loitou duro para coller o líder. Piquet, ao parecer, conducía xusto o suficientemente rápido para manterse á fronte, e Mansell non puido acurtar distancia. Na volta 17, o Lotus desacelerou notablemente ao entrar no túnel de Atwater, xa que perdera a segunda marcha. Mentres tanto, non só Prost, tamén os Renault de Warwick e Tambay, e logo Lauda víronse obrigados a parar para poñer pneumáticos novos, mentres que Piquet non tiña ningún problema coa superficie abrasiva. Na volta 22, a roda traseira dereita de Senna bateu contra a barreira de pneumáticos na curva un,cando trataba de escapar do acoso de Keke Rosberg, Cheever retirouse da terceira posición co inter-cooler agretado. Mansell, finalmente renunciou á loita coa súa caixa de cambios rota na volta 28, entregando o segundo lugar a Alboreto, 15 segundos detrás de Piquet. Elio de Angelis quedou en terceiro lugar no segundo Lotus, logo dunha gran brecha, Rosberg e os impresionantes novatos de Tyrrell, Brundle e Stefan Bellof.

O equipo Tyrrell, aínda fiel aos motores V8 Cosworth-Ford de aspiración atmosferica, non tiñan ningunha oportunidade na tempada de ser competitivos fronte aos potentes turbos. Pero, xa puntuaran catro veces en sete carreiras, e no estreito circuíto, a combinación do seu pouco peso e menor potencia provocaban un menor desgaste dos pneumáticos. Isto permitiulles utilizar un composto de Goodyear máis brando, mentres que todos os demais tiñan que usar o composto máis duro. Ademais, a compactidade dos coches, en comparación cos turbos, era unha vantaxe no revirado circuíto entre os muros de formigón, especialmente a través da chicana que conduce á recta de boxes. E o máis importante, Brundle e Bellof tiñan moito mellores actuacións no seu primeiro ano do que ninguén esperaba.

Bellof, abandonou na volta 34 cando golpeou a parede ao saír da chicana antes dos boxes. Entón, xusto cando Brundle entrou en boxes, Warwick marcou a volta rápida da carreira e pasou a Rosberg e de Angelis en voltas consecutivas para colocarse no terceiro lugar. A piques de coller a Alboreto, o Renault de Warwick perdeu repentinamente a quinta marcha, permitindo a de Angelis e Rosberg adiantalo na volta 37. A súa caixa de cambios rompeu completamente na volta 41, e converteuse no décimo oitavo retirado do día, deixando só oito coches na pista. Rosberg sucumbiu co turbocompresor roto, e cando Alboreto rebentou o motor na volta 50, Piquet lideraba por máis de 30 segundos.

Brundle atopábase agora no terceiro lugar e acosaba a de Angelis, que conducía sen segunda marcha no seu Lotus como o fixera seu compañeiro de equipo Mansell antes de retirarse. Na volta 56, Brundle borrara os dez segundos entre el e o Lotus, e pasouno ao achegarse á chicana para o segundo lugar. a sete voltas para o final, Piquet tiña de 20 segundos de vantaxe e relaxouse permitindo a Prost desdobrarse. Brundle continuou atacando, pero, Piquet mantívose fresco e logrou a súa segunda vitoria en oito días por só uns poucos metros. Os finalistas que quedaban eran de Angelis, trinta segundos por detrás, o segundo Brabham de Teo Fabi (anotou os seus primeiros puntos); Prost e o Williams de Jacques Laffite.

Logo da cerimonia do podio, chegou a noticia de que os comisarios atoparan impurezas no sistema de inxección de auga no Tyrrell de Brundle e bólas de chumbo na bolsa de caucho que contiña a auga. As mostras de auga enviáronse a Francia e Texas para a análise e atopouse que contiñan niveis significativos de hidrocarburos. Ken Tyrrell foi chamado a unha reunión do Comité Executivo da FISA, o 18 de xullo e, baseándose nas impurezas na auga, que fora reenchida durante a parada en boxes, foi acusado de repostar o coche durante a carreira. (O reabastecemento de combustible prohibiuse antes da tempada 1984 e foi ilegal ata 1994.) Ao equipo prohibíuselle participar o resto do Campionato do Mundo e perdeu os 13 puntos que xa gañaran, malia que continuaron no campionato, pero non para gañar puntos.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Cual Diferenza
1 1 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-BMW 1:40.980
2 7 Francia Alain Prost McLaren-TAG 1:41.640 +0.660
3 12 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Lotus-Renault 1:42.172 +1.192
4 27 Italia Michele Alboreto Ferrari 1:42.246 +1.266
5 11 Italia Elio de Angelis Lotus-Renault 1:42.434 +1.454
6 16 Flag of the United Kingdom.svg Derek Warwick Renault 1:42.637 +1.657
7 19 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna Toleman-Hart 1:42.651 +1.671
8 23 Flag of the United States.svg Eddie Cheever Alfa Romeo 1:43.065 +2.085
9 15 Francia Patrick Tambay Renault 1:43.289 +2.309
10 8 Austria Niki Lauda McLaren-TAG 1:43.484 +2.480
11 3 Flag of the United Kingdom.svg Martin Brundle Tyrrell-Ford 1:43.754 +2.774
12 26 Italia Andrea de Cesaris Ligier-Renault 1:43.998 +3.018
13 18 Bélxica Thierry Boutsen Arrows-BMW 1:44.063 +3.083
14 14 Alemaña Manfred Winkelhock ATS-BMW 1:44.228 +3.248
15 28 Francia René Arnoux Ferrari 1:44.748 +3.768
16 4 Alemaña Stefan Bellof Tyrrell-Ford 1:44.940 +3.960
17 20 Flag of Venezuela.svg Johnny Cecotto Toleman-Hart 1:45.231 +4.251
18 25 Francia François Hesnault Ligier-Renault 1:45.419 +4.439
19 5 Francia Jacques Laffite Williams-Honda 1:46.225 +5.245
20 9 Francia Philippe Alliot RAM-Hart 1:46.333 +5.353
21 6 Finlandia Keke Rosberg Williams-Honda 1:46.495 +5.515
22 17 Suíza Marc Surer Arrows-Ford 1:46.626 +5.646
23 2 Italia Teo Fabi Brabham-BMW 1:47.335 +6.355
24 10 Flag of the United Kingdom.svg Jonathan Palmer RAM-Hart 1:47.743 +6.673
25 22 Italia Riccardo Patrese Alfa Romeo 1:47.974 +6.994
26 24 Italia Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 1:48.865 +7.885
NSC 21 Flag of the Netherlands.svg Huub Rothengatter Spirit-Ford 1:49.995 +8.975

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-BMW 63 1:55:41.842 1 9
2 11 Italia Elio de Angelis Lotus-Renault 63 + 32.638 5 6
3 2 Italia Teo Fabi Brabham-BMW 63 + 1:26.528 23 4
4 7 Francia Alain Prost McLaren-TAG 63 + 1:55.258 2 3
5 5 Francia Jacques Laffite Williams-Honda 62 + 1 volta 19 2
DSC 3 Flag of the United Kingdom.svg Martin Brundle Tyrrell-Ford 63 Descualificado 11
Ret 27 Italia Michele Alboreto Ferrari 49 Motor 4
Ret 6 Finlandia Keke Rosberg Williams-Honda 47 Turbo 21
Ret 16 Flag of the United Kingdom.svg Derek Warwick Renault 40 Caixa decambios 6
DSC 4 Alemaña Stefan Bellof Tyrrell-Ford 33 Descualificado 16
Ret 15 Francia Patrick Tambay Renault 33 Transmisión 9
Ret 9 Francia Philippe Alliot RAM-Hart 33 Freos 20
Ret 8 Austria Niki Lauda McLaren-TAG 33 Eléctrico 10
Ret 12 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Lotus-Renault 27 Caixa de cambios 3
Ret 18 Bélxica Thierry Boutsen Arrows-BMW 27 Motor 13
Ret 26 Italia Andrea de Cesaris Ligier-Renault 24 Temperatura 12
Ret 20 Flag of Venezuela.svg Johnny Cecotto Toleman-Hart 23 Embrague 17
Ret 23 Flag of the United States.svg Eddie Cheever Alfa Romeo 21 Motor 8
Ret 19 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna Toleman-Hart 21 Accidente 7
Ret 22 Italia Riccardo Patrese Alfa Romeo 20 Trompo 25
Ret 25 Francia François Hesnault Ligier-Renault 3 Accidente 18
Ret 24 Italia Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 3 Accidente 26
Ret 28 Francia René Arnoux Ferrari 2 Accidente 15
Ret 10 Flag of the United Kingdom.svg Jonathan Palmer RAM-Hart 2 Pneumático 24
Ret 14 Alemaña Manfred Winkelhock ATS-BMW 0 Motor 14
Ret 17 Suíza Marc Surer Arrows-Ford 0 Accidente 22
NSC 21 Flag of the Netherlands.svg Huub Rothengatter Spirit-Ford

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación. Tyrrell eos seus pilotos foron posteriormente descalificados do campionato mundial de 1984 e os seus resultados e puntos reasignados.


Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 1984
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1984
Carreira seguinte:
Gran Premio de Dallas de 1984
Carreira anterior:
Gran Premio de Detroit de 1983
Gran Premio de Detroit Carreira seguinte:
Gran Premio de Detroit de 1985

Notas[editar | editar a fonte]

  • Dúas semanas máis tarde, celebrouse por única vez o Gran Premio de Dallas o último de nove anos consecutivos no que os Estados Unidos albergou máis dunha carreira nunha soa tempada de Fórmula Un.
  • Os Tyrrells de Martin Brundle e Stefan Bellof foron excluídos debido a infraccións técnicas.
  • Esta foi a última carreira ata o Gran Premio dos Estados Unidos de 2005, onde non se outorgou o último punto, debido á falta de finalistas. En realidade Brundle terminara segundo, a só 0´837 segundos por detrás do gañador Nelson Piquet, pero foi descualificado máis tarde deixando só 5 finalistas. Por coincidencia estas dúas carreiras disputáronse nos EE.UU..

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Innes Ireland (October, 1984). "3rd Detroit Grand Prix: Look Out, Alain!". Road & Track, 150-154.
  • Mike S. Lang (1992). Grand Prix!: Race-by-race account of Formula 1 World Championship motor racing. Volume 4: 1981 to 1984. Haynes Publishing Group. ISBN 0-85429-733-2