Accidente de tráfico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Choque no que estiveron involucrados un coche e unha motocicleta
O fardier à vapeur de Nicolas-Joseph Cugnot chocou contra un muro en 1771.[1]

Un accidente de tráfico ocorre cando un vehículo colisiona con outro vehículo, cun peón, cun animal ou con outro elemento, como un sinal de tráfico, unha árbore ou un edificio. Os accidentes de tráfico frecuentemente provocan feridas, discapacidades ou a morte, e danos á propiedade, ademais de custos financeiros á sociedade e aos individuos involucrados. O transporte por estrada é a situación máis perigosa á que se enfronta a xente na súa vida cotiá, a pesar de que estes accidentes adoitan atraer menos a atención que outras traxedias menos frecuentes.[2]

Numerosos factores contribúen ao risco de colisión, como o deseño do vehículo, a rapidez de operación, o deseño e as condicións da estrada, as habilidades na condución, a influencia do alcohool e as drogas e o comportamento, especialmente a condución agresiva, as distraccións, a velocidade excesiva e as carreiras.

En 2013, 54 millóns de persoas sufriron feridas en todo o mundo por accidentes de tráfico.[3] Resultou en 1,4 millóns de morte ese ano, máis do 1,1 millón de falecementos en 1990.[4] Arredor de 68 000 destas foron de nenos menores de cinco anos.[4] Case todos os países desenvolvidos diminuíron a taxa de morte, mentres que a maioría dos países con rendas máis baixas incrementaron a taxa de falecemento por accidente de tráfico. Mentres a taxa de morte en África é a máis alta (24,1 por 100 000 habitantes), a taxa máis baixa é a de Europa (10,3 por 100 000 habitantes).[5]

Epidemioloxía[editar | editar a fonte]

Taxa de morte a causa de accidentes de tráfico en 2017.[6]
Mortes na estrada por vehículo-km (mortes por mil millóns de quilómetros)
     sen datos      < 5.0      5.0-6.5      6.5-8.0      8.0-9.5      9.5-11.0      11.0-12.5      12.5-14.0      14.0-15.5      15.5-17.0      17.0-18.5      18.5-20.0      > 20.0

En 2013, morreron entre 1,25 e 1,4 millóns de persoas por esta causa,[4][7] aumentando dende o 1,1 millón en 1990.[4] Esta cantidade supón arredor do 2,5% de todas as mortes.[4] Aproximadamente outros 50 millóns de persoas máis resultaron feridas,[7] un número que non cambiou dende 2004.[8][9]

A India rexistrou 105 000 falecementos por accidentes de tráfico nun ano, seguido pola China con 96 000.[10] Os accidentes con vehículos de motor son a principal causa de lesións e de morte entre os nenos de entre 10 e 19 anos en todo o mundo[11] e a sexta causa que se pode previr nos Estados Unidos.[12]

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro accidente mortal de tráfico rexistrado aconteceu o 31 de agosto de 1869.[13] A científica irlandesa Mary Ward morreu cando caeu do coche de vapor do seu primo e foi atropelada por el.[note 1]

O primeiro accidente mortal dun coche autónomo que acabou coa vida dun peón ocorreu en Arizona o 18 de marzo de 2018.[14] A peón, Elaine Herzberg estaba camiñando coa súa bicicleta fóra da beiravía,[15] e faleceu no hospital despois de ser golpeada por un vehículo autónomo que estaba a ser probado por Uber.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aínda que algunhas fontes afirman que Mary Ward foi a primeira persoa falecida a causa dun accidente cun vehículo de motor, en xullo de 1834 tivo lugar un choque anterior dun vehículo de vapor. No suceso, un carro de motor construído por John Scott Russell e que realizaba un transporte público entre Glasgow e Paisley envorcou, provocando unha explosión que matou catro ou cindo pasaxeiros. O vehículo de Russell tiña un motor de vapor que tiraba dun carro con pasaxeiros. O accidente de Mary Ward pode considerarse o primeiro accidente mortal dun vehículo a motor contemporáneo, en que o motor e o carro dos pasaxeiros están nun mesmo marco.
Referencias
  1. Non obstante, a primeira morte coñecida nun choque data de 1801."Le fardier de Cugnot". Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2006. Consultado o 23 de novembro de 2020. 
  2. Peden, Margie; Scurfield, Richard; Sleet, David; et al. (2004). World report on road traffic injury prevention. Xenebra: World Health Organization. ISBN 9241562609. Consultado o 9 de outubro de 2020. 
  3. Global Burden of Disease Study 2013, Collaborators (22 de agosto de 2015). "Global, regional, and national incidence, prevalence, and years lived with disability for 301 acute and chronic diseases and injuries in 188 countries, 1990-2013: a systematic analysis for the Global Burden of Disease Study 2013.". Lancet 386 (9995): 743–800. PMC 4561509. PMID 26063472. doi:10.1016/s0140-6736(15)60692-4. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 GBD 2013 Mortality and Causes of Death, Collaborators (17 de decembro de 2014). "Global, regional, and national age-sex specific all-cause and cause-specific mortality for 240 causes of death, 1990-2013: a systematic analysis for the Global Burden of Disease Study 2013.". Lancet 385 (9963): 117–71. PMC 4340604. PMID 25530442. doi:10.1016/S0140-6736(14)61682-2. 
  5. Global status report on road safety 2013: Supporting a decade of action (PDF) (en English e Russian). Xenebra: world health organization WHO. 2013. ISBN 978-92-4-156456-4. Consultado o 3 de outubro de 2014. 
  6. "Death rate from road accidents". Our World in Data. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  7. 7,0 7,1 World health statistics 2018: monitoring health for the SDGs, sustainable development goals (PDF). World Health Organization. 2018. ISBN 9789241565585. 
  8. "WHO | World report on road traffic injury prevention". 
  9. "World report on road traffic injury prevention" (PDF). World Health Organization. 
  10. ´"Nearly 300 Indians die daily on roads, shows report". Business Standard. 17 de agosto de 2009.
  11. "UN raises child accidents alarm". BBC News. 10 de decembro de 2008. Consultado o 25 de maio de 2010. 
  12. Mokdad AH, Marks JS, Stroup DF, Gerberding JL (marzo de 2004). "Actual causes of death in the United States, 2000" (PDF). JAMA 291 (10): 1238–45. PMID 15010446. doi:10.1001/jama.291.10.1238. 
  13. "Mary Ward 1827-1869". King's County Chronicle. Offaly Historical & Archaeological Society. 2 de setembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2010. Consultado o 20 de novembro de 2014. 
  14. "Self-Driving Uber Car Kills Pedestrian in Arizona, Where Robots Roam". The New York Times. 19 de marzo 2018. Consultado o 19 de marzo de 2018. 
  15. "Self-driving Uber kills Arizona woman in first fatal crash involving pedestrian". The Guardian. 19 de marzo de 2018. Consultado o 19 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]