DTM

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
DTM (AV-CRED).jpg
Mike Rockenfeller, Mika Häkkinen e Bruno Spengler nunha carreira en Oschersleben no ano 2007.

O Deutsche Tourenwagen Masters (abreviadamente DTM) é un campionato automobilística de turismos que se disputa en Alemaña dende o ano 1984 como Deutsche Tourenwagen Meiterschaft e dende o ano 2000 como o nome actual. Os coches que corren nesta competición son automóbiles de turismo con carrocerías semellantes ás dun coche convencional, peros con formas aerodinámicas para poder alcanzar os 300 km/h.

O DTM é unha das competicións de turismos máis importantes do mundo e un dos campionatos automobilísticos internacionais máis populares, logo da Fórmula 1 e da NASCAR. Neste campionato corren ou correron estrelas propias como Bernd Schneider, Timo Scheider ou Mattias Ekström e antigos pilotos da Fórmula 1 como Mika Häkkinen, Ralf Schumacher ou David Coultard.

Historia[editar | editar a fonte]

Unha carreira de abril do 2008 en Hockenheimring

Deutsche Tourenwagen Meiterschaft[editar | editar a fonte]

O Deutsche Tourenwagen Meiterschaft foi a competición orixinal do DTM, e disputouse entre os anos 1984 e 1996. Comezou disputándose con equipos privados e coas regras da Federación Internacional do Automóbil. O éxito en Alemaña foi moi grande e polo tanto moitas maracas nacionais como Mercedes-Benz, Opel, BMW, Alfa Romeo e Audi empezaron a competir no campionato con equipos oficiais. A competición quixo medrar demais e por iso rematou terminando estrepitosamente. Os orzamentos, os dereitos de televisión e as entradas ás carreiras cada vez subían máis. As carreiras non só se corrían en Alemaña; tamén comezaron a disputarse grandes premios noutros países coma o Brasil, o Xapón ou Finlandia e a competición adaptou o nome de Campionato Internacional de Turismos (ITC). Esta decisión fixo que os custos subiran de maneiras desorbitadas e que por esta razón Alfa Romeo, BMW e Opel deixaran de correr na competición facendo que Mercedes-Benz quedara soa e que o ITC desaparecera no ano 1997.

Deutsche Tourenwagen Masters[editar | editar a fonte]

Logo duns anos sen DTM, os directores deportivos de Mercedes-Benz, Audi e Opel reuníronse no 1998 e no 1999 co fin de refacer o DTM como unha competición tecnolóxica, divertida e de custos razonábeis.

O novo DTM empezou a correrse no ano 2000 e converteuse na serie de turismos máis importante a nivel mundial. Actualmente, os automóbiles desta competición contan con motores V8 de 4.0 litros e cunha potencia máxima de 480 CV. Cada piloto conta só con dous motores por campaña, o cal reduce os custos de competición en moito diñeiro.

Opel abandonou o campionato no 2005. BMW regresou ao DTM na temporada 2012. Na actualidade, o DTM dispútano automóbliles de tres marcas: Mercedes-Benz, BMW e Audi.

Circuítos[editar | editar a fonte]

Campións[editar | editar a fonte]

Bernd Schneider é o piloto con máis campionatos da DTM. 5:1995, 2000, 2001, 2003 e 2006.

Campións do Deutsche Tourenwagen Meiterschaft[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Automóbil
1984 Alemaña Volker Strycek BMW 635 CSi
1985 Flag of Sweden.svg Per Stureson Volvo 240 Turbo
1986 Dinamarca Kurt Thiim Rover Vitesse
1987 Bélxica Eric van den Poele BMW M3
1988 Alemaña Klaus Ludwig Ford Sierra
1989 Italia Roberto Ravaglia BMW M3
1990 Alemaña Hans-Joachim Stuck Audi V8 Quattro
1991 Alemaña Frank Biela Audi V8 Quattro
1992 Alemaña Klaus Ludwig Mercedes-Benz 190
1993 Italia Nicola Larini Alfa Romeo 155
1994 Alemaña Klaus Ludwig Mercedes-Benz Clase C
1995 Alemaña Bernd Schneider Mercedes-Benz Clase C
1996 Alemaña Manuel Reuter Opel Calibra

Campións do Deutsche Tourenwagen Masters[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Automóbil
2000 Alemaña Bernd Schneider Mercedes-Benz Clase CLK
2001 Alemaña Bernd Schneider Mercedes-Benz Clase CLK
2002 Francia Laurent Aïello Audi TT
2003 Alemaña Bernd Schneider Mercedes-Benz Clase CLK
2004 Flag of Sweden.svg Mattias Ekström Audi A4
2005 Flag of the United Kingdom.svg Gary Paffet Mercedes-Benz Clase C
2006 Alemaña Bernd Schneider Mercedes-Benz Clase C
2007 Flag of Sweden.svg Mattias Ekström Audi A4
2008 Alemaña Timo Scheider Audi A4
2009 Alemaña Timo Scheider Audi A4
2010 Flag of the United Kingdom.svg Paul di Resta Mercedes-Benz Clase C
2011 Alemaña Martin Tomczyk Audi A4
2012 Flag of Canada.svg Bruno Spengler BMW M3
2013 Alemaña Mike Rockenfeller Audi A5
2014 Alemaña Marco Wittmann BMW M4
2015 Disputándose

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]