Rafael de Balbín Lucas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rafael de Balbín Lucas
Nacemento5 de marzo de 1910
Lugar de nacementoAlcañices
Falecemento27 de xaneiro de 1978
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Zaragoza e Universidade de Valencia
Ocupaciónescritor, profesor universitario, filólogo e romanista
PremiosGran Cruz da Orde do Mérito Civil, Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort, Gran Cruz de Afonso X o Sabio e Cruz de Honra da Orde de San Raimundo de Peñafort
Na rede
Dialnet: 637472
editar datos en Wikidata ]

Rafael de Balbín Lucas, nado en Alcañices, Provincia de Zamora, o 5 de marzo de 1910 e finado o 27 de xaneiro de 1978 en Madrid, foi un catedrático universitario e escritor español en lingua castelá, especialista na obra de Gustavo Adolfo Bécquer.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Valencia e en Filosofía e Letras pola Universidade de Zaragoza, foi catedrático de Lingua e Literatura españolas na Universidade de Oviedo e de gramática xeral e de crítica literaria na Universidade Central de Madrid. Foi, primeiro secretario e despois director, do Instituto Miguel de Cervantes do Consello Superior de Investigacións Científicas.

Obra[editar | editar a fonte]

Selección:

  • Romances de Cruzada, Santarén, 1941.
  • Días con dios, Ediciones Rialp, 1951.
  • Poetas modernos (siglos XVIII y XIX), CSIC, 1953.
  • Sistema de ritmica castellana. Editorial Gredos, 1962.
  • Gramática de la lengua vulgar de España, CSIC, 1966.
  • Poética becqueriana, Prensa Española, 1969.
  • Sacrificio y alegría, Ediciones Rialp, 1973.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]