Manuel Uhía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Uhía
Nacemento 30 de xuño de 1944
Lugar Portonovo
Nacionalidade España
Ocupación pintor, ilustrador e escritor
Cónxuxe Beatriz Castro Ponte
Fillos Edith (1974) e Iria (1982)
editar datos en Wikidata ]

Manuel Uhía Lima, ou Manolo Uhía, nado en Portonovo (Sanxenxo) o 3 de xuño de 1944[1], e residente en Vigo, é un pintor, ilustrador e escritor de literatura infantil, galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou debuxo, pintura e escultura na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, onde tivo como profesores a Luís Torras e Camilo Nogueira Martínez.[2]

Traballou para Alfaguara, Anaya, Bosquil Ediciones, Bruño, Casals, Edebé, Edelvives, Everest, Galaxia, Planeta/Oxford, Siruela, SM, axencia Vitruvio Leo Burnett, Edicións Xerais de Galicia e Xunta de Galicia.[3]

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Obra propia son os seguintes títulos:

  • Pinturiño, 1996, Edelvives.
  • O rato que lle puxo o cascabel ó gato, 1998, Bruño.
  • ¡Piratas na buguina!, 2000, Everest.
  • O anel, 2001, Casals.
  • Evaristo, un corvo moi listo, 2002, Everest.
  • O paraestrelas, 2003, Edelvives.
  • O loro adiviño, 2004.[4]
  • O caracol sen sol, 2005, Everest.
  • O autobús da selva, 2008, Tambre, despois traducido ao catalán.
  • Medusiña e familia, 2009, Everest.
  • O monstro das profundidades, 2012, Everest.

Así mesmo, ilustrou máis dun cento de libros de, entre outros autores, An Alfaya, Roberto Aliaga, Xosé María Álvarez Blázquez, Xoán Babarro, Concha Blanco, Paula Carballeira, Ramón Caride Ogando, Fina Casalderrey, Carlos Casares, Xosé Cermeño, Jean-Marie Gustave Le Clézio, Juan Farias, Ana María Fernández Martínez, Francisco Xosé Fernández Naval, Agustín Fernández Paz, Xosé Lois García Fernández, Antonio García Teijeiro, Bernardino Graña, Úrsula Heinze, Joseph Joffo, Xabier López, Manuel Lourenzo González, Lourdes Maceiras, Paco Martín, Xosé Miranda, Serafín Moralejo, María Victoria Moreno, Uxío Novoneyra, Antonio Reigosa, Clara do Roxo, Gloria Sánchez, Domingo Tabuyo e Michel Tournier.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]