Xesús Rábade
Xesús Rábade | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de xaneiro de 1949 |
Seixas | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | poeta |
Cónxuxe | Helena Villar Janeiro |
Fillos | María do Cebreiro e Abe Rábade |
Xéneros | Poesía, narrativa e ensaio |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xesús Rábade Paredes, nado en Seixas (Cospeito) o 20 de xaneiro de 1949, é un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a traballar de carteiro e estivo un tempo en Berna (Suíza) traballando nos anos setenta[1]. Posteriormente dedicouse ao ensino de lingua e literatura en secundaria.
Literariamente ten cultivado o ensaio, a narrativa e a poesía. Comezou moi cedo a súa carreira literaria e figura na antoloxía Os novísimos da poesía galega. Traballou en tarefas de normalización lingüística e cultural: formación do profesorado, reforma educativa, elaboración de textos e material escolar, publicación en prensa de numerosos artigos, algúns recollidos en libro, sobre a situación social da lingua. De 1992 a 1995 foi Coordinador Docente de Lingua galega.
Membro do colectivo de renovación poética Cravo Fondo, a súa obra foi antologada e traducida a varias linguas. É membro fundador do PEN Clube de Galicia.
Está casado con Helena Villar Janeiro, sendo os pais da poeta María do Cebreiro Rábade e do músico de jazz Abe Rábade.
Obra[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Xuntos cara ó mañán / Juntos hacia el mañana, 1969, Celta, Lugo.[2]
- Matria de sombra, 1985, Pliegos de Mineral (Huelva), segunda edición en 1987 en Sotelo Blanco.
- Poldros de música, 1993, Sociedade Cultural Valle-Inclán.
- Os dedos dos loureiros, 2000, Deputación da Coruña.
- Os anos da memoria, 2006, Espiral Maior.
- Lugar do canto (Selección poética bilingüe, 1969-2007), 2008, Litoral das Rías, colección Hipocampo amigo, Madrid. A selección e tradución é do propio autor.
- Sobre ruínas, 2013, Alvarellos.
- Memoria do corpo, 2018, Galaxia
- Caldobada en terras de Valverde (2020). Alvarellos. 56 páxs. ISBN 978-84-16460-67-0
Narrativa[editar | editar a fonte]
- A terra prometida, 1975, Akal. Segunda edición en 1990 en Galaxia. ISBN 978-84-7154-714-9.
- Saraverde, 1987, Galaxia. ISBN 978-84-7154-582-4.
- A palabra secreta, 1989, Galaxia. ISBN 978-84-7154-657-9.
- Branca de Loboso, 1991, Galaxia.[3] Publicada no 2002 na Biblioteca Galega 120.
- O viaxeiro invisible, 1992, Contos do Castromil, Vigo.
- As sombras do barroco, 1994, Galaxia. ISBN 978-84-7154-923-5.
- Como levar un morto, 2002, Sotelo Blanco.
- Mentres a herba medra, 2007, Galaxia. ISBN 978-84-7154-138-3.
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Recuperar a voz, 1991, Edicións do Cumio.
- Neira Vilas e 'Xente no rodicio', 1992, Galaxia.
- Unha lectura de Os outros feirantes, de Álvaro Cunqueiro, 1998, Xerais.
- A vida de Manuel Murguía, 2000, Galaxia. ISBN 978-84-8288-358-8.
Edicións[editar | editar a fonte]
- Escolma poética, de Ramón Cabanillas, 2002, PEN Clube de Galicia.
- Trece poemas galegos e outras páxinas, de Gregorio San Juan, 2006, Litoral das Rías, colección Hipocampo amigo.
- Mesteres, de Arcadio López-Casanova, 2010, Cátedra, Madrid. Tamén é autor da tradución nesta edición bilingüe.
Traducións[editar | editar a fonte]
- Los oscuros sueños de Clío, de Carlos Casares, 1994, Alfaguara, Madrid. Do galego ao castelán.
- La poesía erótico-amorosa en el Egipto faraónico, 1995, Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Versión galega e nota introdutoria.
- Mazurca para dous mortos, de Camilo José Cela, 1999, Xunta de Galicia.
- Narrativa breve completa Carlos Casares, 2012, Libros del Silencio.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
Obras con Helena Villar Janeiro[editar | editar a fonte]
- Símbolos de Galicia. A bandeira, o escudo e o himno, 1979, Premio Patronato Rosalía de Castro.[4]
- Lección conmemorativa sobre Rosalía de Castro, 1980, Padroádego Rosalía de Castro. Para nenos.
- Morrer en Vilaquinte, 1980, Universidade de Santiago de Compostela. Reeditado en 1992 na Biblioteca 114. Narrativa.
- O sangue na paisaxe, 1980, Edicións do Cerne. Poesía.
- No aló de nós, 1981, Universidade de Santiago de Compostela. Poesía.
- Viaxe e fin de don Frontán, de Rafael Dieste, 1982, Edicións do Castro. Tradución.
- Contos de nós e da xente, 1983, S. M. Literatura infanto-xuvenil.
- Cantan os nenos (O libro de María), 1984, Xunta de Galicia. Cancións para nenos.
- Cabeleira de pedra, 1993, Consorcio da Cidade de Santiago, con tradución multilingüe. Reeditado en 2004. Poesía.
- Eduardo Blanco Amor con Auria ó fondo, 1993, Xunta de Galicia.
- Símbolos de Galicia, con vídeo, 1993, Ophiusa.
- Poemas, de Rosalía de Castro, 2002, Fundación Rosalía de Castro. Tradución en antoloxía bilingüe.
- Dona e Don, 2004, Galaxia. Literatura infanto-xuvenil.
- Follas Novas/Hojas Nuevas, de Rosalía de Castro, 2004, Fundación Rosalía de Castro. Tradución en antoloxía bilingüe.
- Versos a Compostela, de Rosalía de Castro, 2008 Consorcio de Santiago/Alvarellos. Tradución.
Outras obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal. Poesía.
- Chile en el corazón/ Xile al cor/ Chile no corazón/ Txile bihotzean. Homenaje a Pablo Neruda, 1975, Península, Barcelona. Poesía.
- Cravo fondo, 1977, Follas Novas Edicións. Poesía.
- Antoloxía de poesía galega. Do posmodernismo aos novos, 1980, Galaxia.
- Escolma da poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco. Edición de Xosé Lois García.
- Literatura Século XX. Iniciación universitaria, 1985, Galaxia. Con María Victoria Moreno.
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Xermolos. Ensaio.
- Noiva azul, en Contos eróticos/Eles, 1990, Xerais. Narrativa.
- Alba de auga, en O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990), 1990, Galaxia. Relato.
- Proceso a don Nemesio Lapinio Tecedor, en Contos da xustiza, 1991, Ir Indo. Relato.
- Homenaxe a Ramón Piñeiro, 1991, Fundación Caixa Galicia.
- Polos camiños da literatura: escritores galegos do PEN, 1993, Xunta de Galicia/PEN Clube.
- Sempre no Camiño, 1993, Hércules/Xacobeo. Poesía.
- Voces en Compostela, 1993, Consorcio da Cidade de Santiago. Narrativa.
- Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico, 1994, Universidade de Santiago de Compostela. Ensaio.
- Premios de poesía e novela curta Concello de Marín, 1995, Concello de Marín. Narrativa.
- Berra liberdade, 1996, Galaxia. Relato.
- Letras galegas 1998. As ermidas e o mar, 1998, Xunta de Galicia. Poesía.
- Congreso Literatura Galega e do Norte de Portugal, 2001, Xunta de Galicia. Ensaio.
- Congreso sobre Avilés de Taramancos, 2001, Xunta de Galicia. Ensaio.
- Congreso sobre Castelao, 2001, Xunta de Galicia. Ensaio.
- Xornadas sobre Manuel Antonio, 2001, Xunta de Galicia. Ensaio.
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia. Poesía.
- 25 anos de poesía galega. 1975-2000, 2002, La Voz de Galicia. Poesía.
- Francisco Fernández del Riego, 2002, Fundación Premios da Crítica. Poesía.
- O libro dos abanos, 2002, Follas Novas. Poesía.
- O trazo aberto. Poesías e debuxos, 2002, Deputación de Pontevedra. Poesía.
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega. Poesía.
- Homenaxe poética ao trobador Xohán de Requeixo, 2003, Poesía Frouseira, Barcelona. Poesía.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney. Poesía.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Narrativa.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Poesía.
- 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado, 2004, Hipocampo. Poesía.
- Retrincos de Vilalba e dos vilalbeses, 2005, Instituto de Estudos Chairegos. Poesía.
- 37 poemas por man propia, 2006, Colección Bourel. Poesía.
- Palavras de vento e de pedra, 2006, Município de Fundão, Portugal. Poesía.
- Poemas pola memoria (1936-2006), 2006, Xunta de Galicia. Poesía.
- Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro. Poesía.
- Voces na materia, 2006, A. C. Barbantia. Poesía.
- VI Encontro Internacional de Poetas, 2007, Universidade de Coimbra. Poesía.
- Poetas en Lugo, 2007, Concello de Lugo. Poesía.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. Poesía.
- Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), 2012. Poesía.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Poesía.
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos. Poesía.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. Poesía.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Poesía.
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza. Poesía.
- Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais. Aforismos.
Bibliografía sobre o autor[editar | editar a fonte]
- Labras do oficio. Xesús Rábade Paredes ante 33 miradas, 2008, Fundación Manuel María.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio Padroádego Rosalía de Castro para Mestres e Pedagogos en 1979, pola obra en común con Helena Villar Janeiro Símbolos de Galicia. A bandeira, o escudo e o himno.
- Premio Galicia de Narrativa da Universidade de Santiago no 1980, por obra en común con Helena Villar Janeiro, por Morrer en Vilaquinte.
- Premio Galicia da Universidade de Santiago no 1981, por obra en común con Helena Villar Janeiro, por No aló de nós.[Cómpre referencia]
- Premio Manuel Antonio no 1981, por obra en común con Helena Villar Janeiro, por O sangue na paisaxe.
- Premio Álvaro Cunqueiro de narrativa no 1991, por Branca de Loboso.
- Premio Esquío de poesía no 1993, por Poldros de música.
- Accésit do Premio Miguel González Garcés de poesía no 1999, por Os dedos dos loureiros.
- Finalista do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2002, por Como levar un morto.
- Premio Blanco Amor de novela longa no 2007, por Mentres a herba medra [5].
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía de 2013, por Sobre ruínas.
- Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor Libro de poesía ou teatro de 2013, por Sobre ruínas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Xesús Rábade Paredes". pengalicia.gal. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2018. Consultado o 2018-06-18.
- ↑ Con poemas en galego e poemas en castelán e prólogo de María Victoria Moreno.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
- ↑ Edición corrixida no 2008 a cargo da Fundación Rosalía de Castro. Para nenos.
- ↑ https://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2007/04/28/xesus-rabade-paredes-gana-premio-blanco-amor-mentres-herba-medra/0003_5759071.htm La Voz de Galicia. Ferrol, 28 de abril de 2007
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Rábade Paredes, Xesús". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 151.
- "Rábade Paredes, Xesús". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 475. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 359. ISBN 84-7492-465-0.