Manuel Peña Rey
Manuel Peña Rey | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1899 |
San Xurxo de Sacos | |
Falecemento | 30 de abril de 1957 |
Ourense | |
Soterrado | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | médico e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Peña Rey, nado en San Xurxo de Sacos (Cerdedo-Cotobade) en 1899 e finado en Ourense o 30 de abril de 1957, foi un médico e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Médico xinecólogo discípulo de Manuel Varela Radío. Estableceuse en Ourense en 1918. Na II República foi director do Hospital Provincial (1931-1934) e presidente do Colexio de Médicos. Militante galeguista, chegou a ser presidente do Partido Nacionalista Republicano de Ourense (PNRO), e fixo campaña pola Fronte Popular nas eleccións de 1936. Volveu ser director do Hospital Provincial en 1936.
Foi destituído en agosto de 1936 xunto con Vázquez de Parga. Estivo encarcerado no Carballiño durante unha tempada. Tardou máis de 8 anos en ser rehabilitado.
Foi pai do histórico dirixente do Partido Comunista de Galicia, Manuel Peña-Rey Bouzas.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Manuel Peña-Rey, Premio 10 de Marzo por "unha referencia ética no plano profesional e político"". 11 de marzo de 2016. Consultado o 10 de maio de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Prada Rodríguez, Julio (2010). Galaxia, ed. "Manuel Peña Rey, un nacionalista no punto de mira dos rebeldes". Grial (187): 60–67.
- Lorda, David Simón (2001). "La medicina desterrada. Un repaso por la vida de varios médicos ourensanos represaliados por el franquismo.". Auria. febreiro (46): 18–23. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2012. Consultado o 23 de setembro de 2012.