A Agrupación organizou cursos de lingua galega, creou un grupo de teatro do que foi responsábel Manuel Lourenzo, organizou o primeiro certame de banda deseñada de Galicia e realizou en 1975 unha mostra de banda deseñada que recollía os traballos do "Grupo do Castro". Estableceu un premio para a literatura infantil e xuvenil, galardón que recaeu na primeira edición de 1968 no libro de Carlos CasaresA galiña azul. Tamén organizou excursións para coñecer a cultura do país, a celebración do Día das Letras ou dun programa de radio en galego en 1973.
En xaneiro de 2012, a asociación doou á Real Academia Galega a súa biblioteca, cadros, carteis e o seu arquivo documental.