Conversa modelo:María Victoria Moreno
Aparencia
Ligazóns internas
[editar a fonte]Dubido moito de que tódolos libros dean para ter artigo de seu e, polo tanto, de que todos teñan que levar ligazón interna. --. HombreDHojalata.conversa 13 de abril de 2018 ás 20:11 (UTC)
- É que non coñezo case ningún dos outros, libros. Entón, con que criterio se decide cales deben ter artigo e cales non? Por número de exemplares vendidos? Por número de reedicións? E, a partir de que número? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de abril de 2018 ás 23:07 (UTC)
- E se non os coñeces para que lle engades ligazóns internas?! O criterio é a relevancia e a relevancia a dan as fontes acreditadas, como sempre. --. HombreDHojalata.conversa 14 de abril de 2018 ás 09:38 (UTC)
- Porque penso que tódolos libros poden ter artigo na Galipedia, penso que teñen relevancia abondo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de abril de 2018 ás 14:44 (UTC)
Discordo, amigo meu. Non tódolos libros teñen relevancia pra ter artigo de seu nunha enciclopedia e as enciclopedias nin teñen, nin terán nunca, artigo pra tódolos libros. . HombreDHojalata.conversa 14 de abril de 2018 ás 14:50 (UTC)
- Ola. Eu estiveno pensando e inclínome a dicir que neste caso si teñen relevancia abonda. É unha autora de relevo, distinguida este ano coas Letras Galegas, e penso que iso xa a coloca nunha posición de vantaxe fronte aos máis, tanto como para que todos os seus libros -se somos quen- conten cunha entrada individual nesta Wikipedia. Outra cousa é a extensión de cada un (variará dunhas poucas liñas a ducias de parágrafos), e por suposto non será a mesma relevancia a que se lle conceda a un conto menor publicado de forma póstuma e sen especial boato ca outras obras de peso como Anagnórise ou Guedellas... --Atobar (conversa comigo) 14 de abril de 2018 ás 18:32 (UTC)