A brétema
Aparencia
| A brétema | |||
|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||
|
Forma artística
| |||
|
Lingua
| |||
| Autoría | |||
|
Autor/a
| |||
| Publicación | |||
|
Data de publicación
| |||
| Localización | |||
| |||
| Wikidata |
A brétema é un conto escrito por María Victoria Moreno, publicado pola Editorial Galaxia (Vigo) en 1985.[1]
Edicións
[editar | editar a fonte]| “ | Decatáronse axiña de que a brétema non era coma as nubes, que están feitas coa auga do mar, que non son amigas das persoas e voan sempre moi altas polo ceo. A brétema, en troques, camiña preto da terra e pousa nas ás dos paxariños ou nos cabelos dos nenos. As nubes levan lóstregos e tronos. | ” |
Existen versións traducidas ao catalán e ao castelán, con ilustracións de Carme Peris,[2] e hai edicións posteriores de Ir Indo con ilustracións de Xaime Asensi Cabirta (1999)[3] e Urco Editora con ilustracións de María Montes Sueiro (2017).[4]
Sinopse
[editar | editar a fonte]En Vilaxeada hai unha vella chamada Minia Senín que devece polo agarimo dos seus veciños, pero os mozos e os nenos búrlanse dela e fana chorar. O sol dálle aloumiños e convértese nunha brétema que cobre toda a aldea e faille ben á terra. Agora todos quérena moito.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moreno, M. V. (1992). "M.V.M., una profesora feliz de serlo". CLIJ (41): 48–50.
- ↑ La niebla, editorial La Galera, Barcelona, 1985 (en castelán).
- ↑ Imaxe da portada de A brétema nunha edición de Ir Indo.
- ↑ A brétema na páxina web de Urco Editora.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- María Victoria Moreno, unha ollada a través dos seus libros (PDF). Xunta de Galicia. Abril de 2018.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A brétema na páxina web de Urco Editora.