Ánxela Gracián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ánxela Gracián
Anxelagracian.jpg
Nacemento1 de marzo de 1968
Lugar de nacementoArcos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora, animadora e crítico literario
Na rede
Facebook: PEIXEVERMELLO Instagram: anxelagracian AELG: 504 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ánxela Rodríguez Rodríguez, nada en San Paio de Arcos (Castroverde) o 1 de marzo de 1968, é unha escritora galega, máis coñecida polo pseudónimo[1] de Ánxela Gracián.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É unha licenciada en filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, escritora, tradutora, editora, crítica literaria e dinamizadora cultural. Autora de literatura infantil e xuvenil, traduciu Memorias de Hadrián de Marguerite Yourcenar e a diversos autores de literatura infantil ao galego. Desde 1996 traballou no Servizo de Tradución da Xunta de Galicia.[2]

De 2004 a 2013 desenvolveu o seu traballo en Sotelo Blanco Edicións dirixindo as coleccións Docexvintedous, Medusa Narrativa, Medusa Ensaio, Arlequín Teatro e Biblioteca Roberto Vidal Bolaño.

Tamén foi vicepresidenta de la Asociación Galega de Literatura Infantil e Juvenil (Gálix), coordinando actividades como o Club de Lectura “Gálix tendendo redes”, que trazou unha panóramica sobre a literatura xuvenil.

Ademais foi a encargada de representar a Revista Fadamorgana na selección anual que levaba a cabo a Red de Selección de la Fundación Germán Sánchez Ruipérez para elaborar un Catálogo Anual dos 100 Mellores Libros de literatura infantil e xuvenil[3].

En 2018 gañou o XV premio Pura e Dora Vázquez de narración da Deputación de Ourense.

Obra[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Paisaxes de pan (2013). Ribeira: Colección Bourel. 50 páxs.[7]

Teatro[editar | editar a fonte]

Presentación de Doce cartas a María Victoria Moreno no IES Torrente Ballester o 09/04/2018: Director do IES, Xesús Alonso Montero, Ánxela Gracián, Rep. de Hércules de Ediciones

Traducións[editar | editar a fonte]

Do galego ao castelán[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Outras obras[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1995: Premio de Investigación Xohana Torres, Concello de Santiago.
  • 2008: Gañadora da VIIª edición do Premio Plácido Castro pola súa tradución d' A illa misteriosa de Jules Verne.[8]
  • 2018: Premio Pura e Dora Vázquez de narración.
  • 2018: Gañadora ex aequo o VIII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira.[9]
  • 2022: Gañadora do X Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil, por Donas de nós.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: a". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-08-09. 
  2. "Ánxela Gracián Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-08-09. 
  3. "Diario Crítico, Jornadas de Literatura Gallega". Consultado o 12/04/2018. 
  4. "Chis chisgarabís Tambre-Grupo-Editorial Luis Vives LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-08-09. 
  5. Nicolás, Ramón (2019-07-23). "As voces da auga, de Ánxela Gracián". Caderno da crítica. Consultado o 2021-02-16. 
  6. "Elos de lectura". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-08-09. 
  7. Nicolás, Ramón (2013-12-27). "Paisaxes de pan, de Ánxela Gracián". Caderno da crítica. Consultado o 2022-08-09. 
  8. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-08-09. 
  9. "Entrega do VIII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil – Editorial". Consultado o 2022-08-09. 
  10. "Ánxela Gracián acada o Premio Meiga Moira 2022". Consultado o 2022-08-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]