Urco Editora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Urco Editora presentando Gallaecia na edición de 2008 do Culturgal.

Urco Editora é unha empresa editorial galega con sede en Santiago de Compostela que comezou publicando literatura de fantasía, ciencia ficción, tanto traducida como escrita orixinalmente en galego.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Ten publicado títulos como Unha viaxe á Lúa de George Tucker ou O castelo de Otranto de Horace Walpole, entre outros. Distribuíu os seus libros a través da Distribuidora Pragma.[1] e máis tarde polo Consorcio Editorial Galego[2]. Tomás González e Rodrígo Vizcaíno[3] foron os máximos responsábeis da empresa durante a primeira etapa, namentres que David Cortizo[4] e Andrea Jamardo foron as cabezas visíbeis na etapa posterior, durante a cal se lle concedeu un maior peso á literatura infantil e xuvenil fronte á literatura traducida que caracteriza os primeiros anos de produción editorial[5].

A editorial organiza dende 2015 o Premio Antón Risco de literatura fantástica.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]