Eusebio Lorenzo Baleirón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eusebio Lorenzo Baleirón
Nacemento25 de xaneiro de 1962
 Tarrío
Falecemento14 de decembro de 1986
 Tarrío
Causacancro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta
CónxuxeAsunción Sóñora Abuín
FillosFlavia Lorenzo Sóñora
IrmánsManuel Lorenzo Baleirón
Na rede
Bitraga: 2084 Dialnet: 5582261
editar datos en Wikidata ]

Eusebio Lorenzo Baleirón, nado en Tarrío (Dodro) o 25 de xaneiro de 1962 e finado no mesmo lugar o 14 de decembro de 1986, foi un escritor galego.[1] Foi irmán do tamén escritor Manuel Lorenzo Baleirón.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Nieves e Ángel, que morreu cando Eusebio inda non cumprira tres anos de idade. Estudou en Santiago de Compostela, onde se licenciou en Filoloxía Galego-Portuguesa en 1985. Colaborou como ensaísta na revista Grial con estudos sobre a poesía de Aquilino Iglesia Alvariño, Nuno Júdice e Álvaro Cunqueiro. Destacou na súa faceta poética, que se viu recoñecida por varios premios obtidos en diferentes certames. En 1985 sacaría á luz dous poemarios: Os días olvidados e O corpo e as sombras, a esa altura publica tamén un libro de narrativa xuvenil: O libro das viaxes e dos soños.

Faleceu como consecuencia dun cancro o 14 de decembro de 1986 aos 24 anos de idade.[2] A morte prematura impediulle ver editado o que sería o seu terceiro poemario, A morte presentida, que foi publicado postumamente en 1988.

No décimo aniversario da morte do poeta editouse a súa obra poética completa: Gramática do silencio. Obra poética. Así mesmo, en 2000 saíu á luz Antología Poética, unha antoloxía bilingüe (galego-español) baixo o coidado de Ánxeles Penas.

En 2017 foi candidato a ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas correspondente ao ano 2018, canda Ricardo Carballo Calero, Plácido Castro, Antón Fraguas e María Victoria Moreno,[3] que é a que foi finalmente escollida.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Os días olvidados. Algalia. 1985. 
  • O corpo e as sombras. Caixa Ourense. 1985. 
  • A morte presentida. Sotelo Blanco. 1988. 
  • Gramática do silencio. Obra poética. Espiral Maior. 1996. 
  • Antología Poética. Espiral Maior. 2000. Edición bilingüe galego-castelán. 
  • Gramática del silencio. Rinoceronte. 2007. Foi traducida ao castelán. [4]

Literatura infantil-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Libro das viaxes e dos soños. Vía Láctea. 1986. 

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Desde a palabra, doce voces. Sotelo Blanco. 1986. 
  • Concurso Nacional de Poesía Agrupación O Facho (1978-1989). Ediciós do Castro. 1990. 
  • Poesía gallega contemporánea. Litoral. 1996. 
  • Río de son e vento. Unha antoloxía da poesía galega. Xerais. 1999. 
  • Casas, Arturo, ed. (2003). Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000. Tris Tram. 
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000. Universidade da Coruña. 2008. 
  • Domínguez Rey, Antonio, ed. (2009). El otro medio siglo. Antología incompleta de poesía iberoamericana. Espiral Maior. [5]
  • Losada Castro, Basilio: Antoloxía Poética. Leliadoura (1985-1997). Sotelo Blanco. 2005. 
  • XXV Aniversario do premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.1988-2012. Concello de Dodro. 2013. [6]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio do Concurso Nacional de Poesía O Facho no 1983, por Cunqueiro.
  • 2º Premio no certame de Poesía Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo no 1984, por Os días olvidados.
  • Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago no 1984, por Os ollos no camiño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fandiño Veiga, X. R. "Lorenzo Baleirón, Eusebio". Gran Enciclopedia Galega. 
  2. Mato, Mar (18-11-2012). "El poeta Eusebio Lorenzo aguarda su Día das Letras Galegas". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 18-05-2022. 
  3. "A RAG elixe o sábado a figura literaria que protagonizará…" RAG, 13/6/2017.
  4. "Gramática del silencio". Biblioteca da Tradución Galega. Consultado o 18-05-2022. 
  5. Estévez, Francisco (31-07-2010). "Antonio Domínguez Rey (ed.): El otro medio siglo. Antología incompleta de poesía iberoamericana". El Imparcial (en castelán). Consultado o 18-05-2022. 
  6. "Xesús Vázquez Abad asegura que o premio Eusebio Lorenzo Baleirón conseguiu nos seus 25 anos de historia "consolidarse como un dos galardóns con maior prestixio de Galicia"". Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: Xunta de Galicia. 15-11-2012. Consultado o 18-05-2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]