Segundo Carmen Blanco, o relato é unha parábola da vaidade e da obsesión de poder que lea a un galo fachendoso a converterse en cataventos para estar así por encima dos demais.[1]
Cando as nubes durmían era cando se regaban as veigas. Porque as nubes sonche coma as rapazas pequenas, que, cando están durmidiñas, mexan por elas. Por iso cando as nubes dormen comeza a chover e non para até chegar o sol e as esperta. Entón teñen moita vergoña e foxen polos camiños do ceo até que chega o sol e as esperta.
Don Pío, un galo moi presumido que manda en todas as galiñas do curral, ponse sempre no alto do poleiro. A Pombapitiña, que é nova alí e non coñece os costumes, brinca ao pau máis alto do galiñeiro. As Teixaspitiñas depenana, póñenlle as plumas brancas a don Pío e axúdano a subir ao tellado, onde se vai convertendo nun catavento que chora.