Saltar ao contido

Jacobo Fernández Serrano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJacobo Fernández Serrano

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, ilustrador Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsNorberto Fernández Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1622161 BUSC: fernandez-serrano-jacobo-1971

Jacobo Fernández Serrano, nado en Vigo en 1971 e un ilustrador galego, ademais de escritor, pintor e autor de banda deseñada.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid en 1994[1].

Como autor de literatura infantil publicou na colección Merlín de Xerais os libros A gardería de dona Bixelmina (2005), A pedra e as formigas (2006), Mil cousas poden pasar. Libro I (2009, Premio Merlín) e Mil cousas poden pasar. Libro 2 (2011).

Iniciouse na ilustración de libros de literatura infantil en Xerais coa serie de libros As aventuras de Nunavut de Xoán Abeleira. Tamén se encargou de ilustrar libros de texto, dicionarios, guías, carteis etc. É, tamén, autor da serie de banda deseñada Os amigos de Archimboldo Roque, publicada na revista Golfiño entre 2000 e 2004 e recollida no volume homónimo publicado por Faktoría K (2008). Colaborou en Dos Veces Breve e na revista BD Banda.

Co álbum de Aventuras de Cacauequi obtivo o premio Castelao da Deputación da Coruña de Banda Deseñada en 2007[2], e o nomeamento ao Premio Expocómic 2008 de Madrid e do Salón do Cómic de Barcelona, no apartado de autor revelación en España.

Creou tamén a obra infantil Marcopola. A illa Remeira e da novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro (Xerais, 2011). Traballa de xeito habitual para editoriais galegas como Sushi Books, Hugin e Munin, Xerais ou Kalandraka.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É irmán do tamén ilustrador e debuxante Norberto Fernández.

  1. Ficha do autor en Culturagalega.org
  2. "Ficha de Fernández Serrano en Kalandraka". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]