Marica Campo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marica Campo
Marica Campo (AELG)-2.jpg
Nacemento24 de febreiro de 1948
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
XénerosPoesía, narrativa e teatro
EstudosTeoloxía, Filosofía e letras
editar datos en Wikidata ]

María Pilar Campo Domínguez, coñecida como Marica Campo, nada no Val do Mao (O Incio) o 24 de febreiro de 1948, é unha escritora galega[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É a quinta de oito irmáns. Pasou os primeiros anos no Incio, pero foi á escola a Lugo. Cando tiña oito anos a familia trasladouse a Lugo para facilitar os estudos dos fillos. Aos quince anos ingresou nunha orde relixiosa coa intención de ser misioneira, e alí permaneceu cinco anos. Acudiu á Universidade Pontificia de Salamanca onde realizou estudos de Teoloxía. Obtivo o título de mestra e iniciou estudos de Filosofía e Letras.[2]

Exerceu como mestra en varias escolas da provincia de Lugo; entre outros: Muimenta, e Castro de Rei, así como en Canarias, e despois na Mariña de Lugo, onde residiu varios anos. Posteriormente desenvolveu o seu labor profesional no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, lugar onde se xubilou en 2008 e onde continúa a residir.[3]

Publicou os seus primeiros relatos, en castelán, na revista de maxisterio Contacto y acción. Comezou a escribir en galego durante a súa estadía no Colexio Público de Castro de Rei. Participou en concursos de poesía, prosa e teatro obtendo algúns premios. Tamén escribiu letras para o grupo musical Fuxan os ventos.[4] Foi nomeada Chairega de Honra pola Asociación Cultural Xermolos e a Fundación Manuel María da Terra Chá en novembro de 2007.

No ano 2013 o concello de Lugo entregoulle o premio Entre mulleres.[5] Nese mesmo ano foi homenaxeada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega na súa terra, onde ten un monólito.[6]

En 2018 foi elixida protagonista da quinta edición do Día das Galegas nas Letras, pola plataforma literaria A Sega, premio que fora outorgado xa a Patricia Janeiro, María Xosé Queizán, María Victoria Moreno e Dorothé Schubarth[7].

Foi pregoeira en diversos eventos culturais e festivos e prologuista de varios libros.[8] A biblioteca do colexio Ricardo Gasset do Incio leva o nome de Marica Campo.[9]

Obras[editar | editar a fonte]

Marica Campos no IES Manuel García Barros.jpg

Poesía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Confusión e morte de María Balteira (1996). Baía Edicións. 144 páxs. ISBN 978-84-92630-58-5.[11]
  • Memoria para Xoana (2002). Espiral Maior. Novela curta ou relato longo en que unha violista fala coa filla que aínda non naceu para lle contar o pasado familiar e lle anunciar o futuro que soña para ela. 72 páxs. ISBN 978-84-95625-40-3.
  • Onde houbo lume (2010). Biblos Clube de Lectura. 112 páxs. ISBN 978-84-15086-01-7.

Teatro[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • As dúas casas de Alicia de Cristelle Vallat (2013) Baía.
  • A Terra acatarrouse de Roxane Marie Galliez (2013). Baía.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986, Concello de Lugo).
  • Narradoras (2000, Xerais).
  • Poemas e contos da muralla (2001, A Nosa Terra).
  • Un futuro para a lingua (2002, Xunta de Galicia).
  • Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo (2003).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
  • XVIII Festival da Poesia do Condado (2004, S. C. D. Condado).
  • Elas 3: antoloxía poética (2004, Unión Comarcal de CCOO de Vigo).
  • Xela Arias, quedas en nós (2004, Xerais).
  • Escrita contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal (2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80 (2006, Baía Edicións). Edición de Maximino Cacheiro Varela.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006, Espiral Maior).
  • Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero (2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia).
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
  • Letras novas (2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009, Fundación Manuel María).
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
  • Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe) (2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas).
  • Cociñando ao pé da letra (2011, Galaxia). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
  • Premios Terras de Chamoso (2007-2009) (2011, Asociación Cultural Arumes do Corgo).
  • Banqueiros (2012, Laiovento).
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
  • No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal (2015, Alvarellos).
  • 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (2015, Biblos Clube de Lectores).
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016, Fervenza).
  • Relatos da Ulloa (2019, Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis).
  • Entre donas (2020). Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia.[13]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Mención de Honor de O Facho en 1983, por O Premexentes non pode cos paxaros rebezos ou Memorias dun Escribano.
  • Premio de Poesía Concello de Vilalba no 1998, por Catro lúas e a da morte
  • Premio de Narrativa Concello de Vilalba no 2001, por Memoria para Xoana.
  • Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2001, por Pedinche luz prestada.
  • Premio da III Edición Arume de Poesía para nenos no 2006, por Abracadabras.
  • Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Literatura Infantil e Xuvenil no 2007, por Abracadabras.
  • Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Poesía no 2008, por Sextinario: trinta e seis + tres.
  • 2021: Premio Follas Novas do Libro Galego[14] por Nós outras, con Menchu Lamas: libro mellor editado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha da autora en Editorial Galaxia
  2. "Marica Campo". www.aelg.gal. Consultado o 2021-05-17. 
  3. Diario, Nós. "Lugo é Marica Campo". Nós Diario. Consultado o 2021-05-17. 
  4. "Marica Campo". bvg.udc. 
  5. Torres, Xosé María (23.06.13). "Un souto para Marica Campo". Consultado o 5 novembro 20919. 
  6. Homenaxe da AELG
  7. Piñeiro, Xesús Manuel (25/02/2018). "Marica Campo, protagonista do V Día das Galegas nas Letras". Sermos Galiza. Consultado o 23/04/2018. 
  8. "Mª Pilar Campo Domínguez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2021-05-17. 
  9. Lugo, El Progreso de (2021-06-09). "El cole de O Incio honra a las hermanas Campo". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2021-06-10. 
  10. Martínez Delgado, Verónica. "Tras as portas do rostro por Verónica Martínez Delgado". A Sega. Consultado o 2021-05-17. 
  11. "Confusión e morte de María Balteira". baiaedicions.gal. Consultado o 2021-05-17. 
  12. "Confusión e morte de María Balteira". letrasdavila.com. 
  13. Xmeyre, ~ (2020-11-18). "a propósito de ENTRE DONAS, varias autoras, en Baía.". Ferradura en Tránsito II. Consultado o 2021-01-22. 
  14. "Gañadoras da sexta edición dos premios Follas Novas do Libro Galego 2021". Asociación Galega de EDITORAS. 2021-05-15. Consultado o 2021-05-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]