Biblioteca de tradución galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Bibilioteca de tradución galega, coñecida tamén co acrónimo BiTraGa, dependente do grupo de traballo composto por docentes da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo[1], contén a referencia bibliográfica dos textos literarios traducidos doutra linguas á galega e da galega cara á outras linguas. Nun primeiro momento, o arquivo recolle as traducións literarias publicadas dende 1980. Trátase dun proxecto aberto e colaborativo.

En 2016 a súa responsable era a profesora Ana Luna Alonso. Ademais dun equipo formado polas profesoras Iolanda Galanes, Áurea Fernández Rodríguez e Silvia Montero Küpper, tamén conta con achegas de diversos colaboradores, tales que Raquel Alonso Araujo, Alejandro Alonso Martínez, Silvia Duarte Collazo, Óscar Ferreiro Vázquez, Elizabete Manterola Agirrezabalaga, Iolanda Mato Creo, Liliana Valado Fernández, Bárbara Álvarez Fernández ou Paz Orois

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]