Presidencia da Xunta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Presidencia da Xunta de Galicia
Escudo de la Xunta de Galicia.svg

(Alberto Núñez Feijóo) Junta Directiva Nacional del PP, 4 de septiembre de 2017 Cifuentes-Feijóo (cropped).jpg

Tratamento Excelentísimo señor
Residencia Residencia oficial de Monte Pío, Santiago de Compostela
Sede Pazo de Raxoi, Santiago de Compostela
Ámbito Comunidade Autónoma de Galicia
Designado por Parlamento de Galicia
Duración Catro anos, sen límite de mandatos
Primeiro titular Xerardo Fernández Albor
Creación 22 de xaneiro de 1982
Precedido por Emilio Pérez Touriño
Salario 72.679,92 €/ano
Sitio web www.presidente.gal
Residencia oficial do presidente da Xunta de Galicia, no lugar de Casas Novas, en Compostela.

A presidencia da Xunta é ostentada pola persoa encargada de liderar a Xunta de Galicia, o máximo órgano executivo do ámbito competencial galego, e de representar a Galicia no exterior. É elixida polos deputados do Parlamento de Galicia, escollidos á súa vez por sufraxio universal.

O goberno de Galicia foi establecido o 16 de marzo de 1978 e foi reforzado polo Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, ratificado o 28 de abril de 1981[1]. O seu período de goberno é de catro anos, que poden ser renovables as veces que os galegos e as galegas queiran.

Na actualidade a presidencia da Xunta de Galicia está rexida polo ourensán Alberto Núñez Feijóo.

Lista de presidentes[editar | editar a fonte]

Ata o de agora, houbo cinco presidentes da Xunta autonómica e dous da preautonómica.

Preautonomía[editar | editar a fonte]

Imaxe Presidente Inicio do mandato Fin do mandato Partido
Antonio Rosón Pérez
(Becerreá, 1911–1986)
13 de xullo de 1977 9 de xuño de 1979
1 ano, 10 meses e 27 días
UCD
(José Quiroga Suárez) Adolfo Suárez durante la campaña electoral en Orense. Pool Moncloa. 11 de febrero de 1979 (cropped).jpeg Xosé Quiroga Suárez
(Petín, 1920–2006)
9 de xuño de 1979 22 de xaneiro de 1982
3 anos, 3 meses e 18 días

Autonomía[editar | editar a fonte]

Imaxe Presidente Inicio do mandato Fin do mandato
Duración
Partido Lexislatura
(Eleccións)
1 Xerardo Fernández Albor 2013 (cropped).jpg Xerardo Fernández Albor
(Santiago de Compostela, 1917–2018)
22 de xaneiro de 1982 26 de setembro de 1987
5 anos, 8 meses e 4 días
Alianza Popular I
(1981)
II
(1985)
2 Fernando González Laxe
(A Coruña, 1952)
26 de setembro de 1987 5 de febreiro de 1990
2 anos, 4 meses e 9 días
PSdeG-PSOE[2]
3 Manuel-Fraga-Iribarne.jpg Manuel Fraga Iribarne
(Vilalba, 1922–2012)
5 de febreiro de 1990 2 de agosto de 2005
15 anos, 5 meses e 25 días
PPdeG III
(1989)
IV
(1993)
V
(1997)
VI
(2001)
4 Pereztourino19032007.jpg Emilio Pérez Touriño
(A Coruña, 1948)
2 de agosto de 2005 16 de abril de 2009
3 anos, 8 meses e 14 días
PSdeG-PSOE[3] VII
(2005)
5 Nuñezfeijoo.jpg Alberto Núñez Feijóo
(Ourense, 1961)
16 de abril de 2009 presente
9 anos, 5 meses e 6 días
PPdeG VIII
(2009)
IX
(2012)
X
(2016)

Estrutura interna[editar | editar a fonte]

Alberto Núñez FeijóoEmilio Pérez TouriñoManuel Fraga IribarneFernando González LaxeXerardo Fernández AlborXosé Quiroga SuárezAntonio Rosón Pérez

A presidencia da Xunta, ademais das competencias de representación e de liderado do poder executivo, presenta uns órganos dependentes. Baixo o goberno de Alberto Núñez Feijóo as competencias reservadas son:

Ademais, como as demais consellerías, ten unha secretaría xeral de Presidencia, da que depende o director xeral do Gabinete de presidencia. Tamén depende da Presidencia o gabinete de asesoría xurídica xeral da Xunta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Anteriores Presidentes da Xunta de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2009. Consultado o 07 de xuño de 2008. 
  2. Goberno de coalición con Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego
  3. Goberno de coalición co Bloque Nacionalista Galego

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]