Manuel Bragado
Manuel Bragado Rodríguez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de decembro de 1959 (61 anos) |
Vigo, ![]() | |
Nacionalidade | España |
Xéneros | Xornalismo |
http://bretemas.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Bragado Rodríguez, nado o 14 de decembro de 1959 en Vigo, é un pedagogo, editor e escritor galego. Foi durante 24 anos o director editorial de Edicións Xerais de Galicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É licenciado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago e mestre de educación infantil e primaria en excedencia desde 1990. Foi presidente da asociación pedagóxica Nova Escola Galega (1986-88). Traballou en Edicións Xerais de Galicia dende o ano 1990, e foi o seu director xeral entre 1994 e abril de 2018, cando presentou a súa baixa voluntaria para abrir unha nova etapa e seguir vencellado ao grupo só como asesor[1].
Ten colaborado en distintos medios como por exemplo La Región ou Atlántico Diario e a partir de 2010 escribiu un artigo semanal para Faro de Vigo e é unha das cabezas visíbeis da plataforma cívica a prol da lingua galega ProLingua.
Obras[editar | editar a fonte]
- Vigo, puro milagre (2019). Xerais. 264 páxs. Medio cento de crónicas arredor de Vigo.[2] Prólogo de Ledicia Costas e epílogo de Pedro Feijoo.[3]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Manuel Bragado causou baixa como Director Xeral de Xerais a petición propia Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine., no blog de Xerais o 12 de abril de 2018.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-28.
- ↑ Martínez González, Xurxo (Xaneiro-xuño, 2020). "Caderno de bitácora". Grial. LVIII (225, 226): 84–85. ISSN 0017-4181.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 134.