Antonio García Teijeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio García Teijeiro
Antonio García Teijeiro (AELG)-1.jpg
Nacemento1952
 Galicia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, escritor de literatura infantil, profesor universitario e crítico literario
XénerosPoesía, narrativa e ensaio
PremiosPenitenciária Estadual de San Quentin
Na rede
Bitraga: 489 AELG: 152
editar datos en Wikidata ]

Antonio García Teijeiro, nado en Vigo en 1952, é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola.

Recibiu o Premio Merlín[1] e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBY[2]. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar[3].

Participou en movementos de renovación pedagóxica, e impartiu varios cursos de animación á lectura e creación literaria. Tamén ten traducido obra doutros autores, e dirixiu coleccións editoriais e programas de radio de tema literario.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Antonio García Teijeiro.jpg
Pontevedra, 14/05/2018. Falando sobre María Victoria Moreno

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Parolando coa vixencia, 1987, edición do autor.
  • Retorno ós lamentos, 1988, Xerais.
  • Na agonía dos outonos en silencio, 1992, Edicións do Castro.
  • Polo camiño do incerto, 2004, Edicións do Castro.
  • Presenzas marcadas, 2007, Follas Novas.
  • Arredor do teu corpo, 2008, A. C. Caldeirón.
  • Poesía cromática, 2017, Belagua. Con ilustracións de Xulio García Rivas.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Aloumiños, 1988, Galaxia, poemario.
  • A chave dos soños, 1988, Galaxia, narrativa.
  • Coplas, 1988, Galaxia, poemario.
  • Nenos, 1988, Galaxia, poemario.
  • Noa, 1989, Galaxia, narrativa. Traducida ao castelán,[4] ao catalán,[5] ao aranés,[6] ao éuscaro[7] e ao éuscaro (biscaíño).[8]
  • Cacarabín, cacarabón, 1991, Edelvives, poemario.
  • As catro estacións, 1991, Galaxia, poemario.
  • A teima de Xan, 1991, Sotelo Blanco, narrativa.
  • O cabalo de cartón, 1992, Edelvives, narrativa.
  • Ventos, 1992, Xerais, poemario.
  • Fantasía en re maior, 1994, Edelvives, narrativa.
  • Sempre quenta o sol, 1994, Alfaguara.
  • Lueiro de papel, 1995, Xerais, poemario.
  • Na fogueira dos versos, 1996, Xerais, poemario.
  • Ó Outro lado da esquina, 1996, Bruño, narrativa.
  • Ao fío da palabra, 1997.
  • Fantasía en re maior, 1997, Edelvives.
  • Ladrándolle á lúa: poema en prosa, 1997, Sotelo Blanco, poemario.
  • Cara a un lugar sen nome, 1998, Sotelo Blanco, narrativa.
  • En voz baixa, 1998, Xerais, narrativa.
  • Unha chea de aloumiños, 1998, Galaxia, poemario.
  • Caderno de fume, 1999, Anaya, poemario.
  • Nos mares diversos, 1999.
  • O que ven os ollos dos nenos, 2000, Xerais, poemario.
  • Palabras envoltas en cancións, 2000, Galaxia, poemario.
  • Aire sonoro, 2001, Ir Indo, poemario.
  • O que ven os ollos dos nenos, 2001, Xerais, prosa poética.
  • ¡Ai, canto falan as pombas que falan!, 2002, Ir Indo, poemario.
  • Na agonía dos outonos en silencio, 2002, Edicións do Castro, poemario.
  • Os peixes de cores, 2002, Xerais, narrativa.
  • Trala liña do horizonte, 2002, Xerais, narrativa.
  • Paseniño, paseniño, 2003, Everest, poemario.
  • Trala liña do horizonte, 2003, Tambre, narrativa.
  • Bicos na voz, 2004, Deputación de Málaga, poemario. Edición bilingüe galego-castelán.
  • Chove nos versos, 2004, Xerais, poemario.
  • A teima de Xan, 2005, Galaxia, narrativa.
  • Cando caen as follas, 2006, Everest, poesía.
  • Á sombra do lueiro de papel, 2007, Everest, poesía.
  • Honorato, o rato namorado, 2007, Xerais, narrativa.
  • Os peixes de cores, 2007, Xerais, narrativa.
  • Petando nas portas de Dylan, 2007, Galaxia, poemario.
  • Bolboretas no papel, 2008, Tambre, poemario.
  • As palabras están a mirarse arredor da mesa, 2009, Everest, poemario.
  • Cos ollos na Lúa, 2010, Everest, narrativa.
  • Recendos de aire sonoro, 2011, Xerais, poemario.
  • Verbas de sal, 2011, Xerais, narrativa.
  • Un rato díxolle á lúa, 2013, Xerais, poemario.
  • Palabras do mar, 2016, Embora, narrativa.
  • Poemar o mar, 2016, Xerais, poemario.
  • Raiolas de sol, 2016, Galaxia, narrativa.
  • Vento, ventiño, venteiro (2019). Xerais. 56 páxs. ISBN 978-84-9121-567-7.[9]
  • Bicos e non balas (2019). Galaxia. 108 páxs. Escolma de poemas.
  • Canta, miña rula, canta (2021). Vigo: Galaxia. 32 páxs. ISBN 978-84-9151-629-3.
  • No xardín do poeta (2022). Vigo: Xerais. 88 páxs. ISBN 978-84-9121-963-7. ePub: ISBN 978-84-9121-967-5.
  • Que demo de monicreque (2022). Vigo: Galaxia. 76 páxs. ISBN 978-84-9151-835-8.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • O libro na escola, as bibliotecas escolares e de aula, 1989, Xunta de Galicia.
  • Disfrutar escribindo: a narración e a poesía nas aulas, 1990, Galaxia.
  • O delfín vermello I e II. Proposta didáctica, 1992.
  • A poesía necesaria, 2009, Galaxia.

Traducións[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Celso Emilio Ferreiro para nenos, 1988, Ediciones de la Torre, Madrid.
  • Antoloxía, de Celso Emilio Ferreiro, 1989, Xerais.
  • Os nosos versos: antoloxia, 1997, Xerais.
  • Nos mares diversos, 1999, UCETAG.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • A cidade, de María Rius, 1988, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • O mar, de María Rius, 1988, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • A montaña, de María Rius, 1988, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • O oído, de María Rius, 1989, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • O olfato, de María Rius, 1989, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • O tacto, de María Rius, 1989, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • A vista, de María Rius, 1989, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • As catro estacións. O inverno, de Carme Solé Vendrell, 1990, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • As catro estacións. O outono, de Ulises Wensell, 1990, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • As catro estacións. A primavera de Asun Balzola, 1990, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • As catro estacións. O verán, de Carme Solé Vendrell, 1990, Galaxia. Tradución con David Otero.
  • O Monicreque de Alicia, 1992, Xunta de Galicia.
  • Trazos, trozos e retrincos, 1992, Xunta de Galicia.
  • E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia.
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
  • Un saquiño de contos, 2001, Xerais.
  • Bicos, bicos e máis bicos, en Para cantar e contar, 2003, Xunta de Galicia.
  • 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado, 2004, Hipocampo.
  • Contos de cabuxas, ratos, libros e casas, 2004, Xunta de Galicia.
  • Postais do Camiño, 2004, Galaxia.
  • Contos e poemas para un mes calquera, 2006, Planeta-Oxford.
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
  • Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • Lendo lendas, digo versos, 2015, Xerais, con Antonio Reigosa e Xosé Cobas.
  • E de súpeto o inverno, 2017, Agalir.
  • Os Direitos das Crianças, 2018, Trinta Por Uma Linha.
  • En el vuelo de la memoria. Antología para Ángel Campos Pámpano. (Editora Regional de Extremadura, 2018).

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Merlín no 1996, por Na fogueira dos versos.
  • Lista de Honra do IBBY no 1998, por Na fogueira dos versos.
  • Premio Pier Paolo Vergerio no 1998, por Na fogueira dos versos.
  • Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2017, por Poemar o mar.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Versos de agua, 1989, Edelvives, poemario.
  • Volando por las palabras, 1992, Edelvives, poemario.
  • Al hilo de la palabra, 1997, UCETAG, poemario.
  • Todo es soñar, 2006, Brosquil, poemario.
  • Versos con alas, 2006, Bellaterra, poemario.
  • Viene el río recitando, 2008, Algar, poemario.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Cuentos y poemas para un mes cualquiera, 2005, Planeta e Oxford.
  • Estelas de versos, 2008, Universidad de Castilla-La Mancha. Con Rafael Cruz-Contarini.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Obra gañadora do Quinto Certame de Poesía Infantil Luna de aire, convocado por CEPLI, no 2007, por Estela de versos. Con Rafael Cruz-Contarini.
  • Premio á mellor iniciativa bibliográfica na I Gala do Libro Galego en 2016, por Lendo lendas, digo versos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha da obra Na fogueira dos versos no sitio web de Edicións Xerais de Galicia.
  2. El autor: Premios y reconocimientos en Cervantesvirtual (en castelán).
  3. "Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil do Ministerio de Cultura por Poemar o mar, escrito en galego, nova en Praza Pública, 3 de outubro de 2017.
  4. "Noa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 2019-06-30. 
  5. "Noa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 2019-06-30. 
  6. "Nòa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 2019-06-30. 
  7. "Parkeko txoko berdea". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2021-05-06. 
  8. "Parkeko bazter berdea". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 2019-06-30. 
  9. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-09-04. 
  10. Ficha da obra no Proxecto Meiga.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]