Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Concurso nacional de contos infantís O Facho
Fundación / creación
1968
Wikidata
O Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho foi un certame literario creado pola Agrupación Cultural O Facho en 1968 co obxecto de dinamizar e normalizar a lingua galega . Premia obras de literatura infantil e xuvenil.
1968 : A galiña azul , Carlos Casares .
1969 : O león e o paxaro rebelde , Bernardino Graña .
1971 : O espantallo , Xosé Agrelo Hermo .
1972 : O bosque de Ouriol , Arcadio López-Casanova .
1973 : Sabeliña e os ratos , Paco Martín .
1974 : Zoca, zoqueira , Xoán Babarro .
1975 : O cataventos , María Victoria Moreno .
1976 : Cascabel, o cabaliño do circo , Dora Vázquez .
1977 : Os amigos do cabeceiro , Ana María Fernández Martínez .
1979 : O Rei de nada , Sabela Álvarez Núñez .
1980 : O país dos ríos , Xesús Pisón .
1984 : O demo presumido , Xesús Pisón .
1985 : Hestoria de Fertolpo , Alfonso Álvarez Cáccamo .