Considerada unha vez como «lingua en perigo» e falada maioritariamente por xente maior, está agora a experimentar un rexurdimento, sendo ensinada dende o 1984 nas escolas e gozando dun status de cooficialidade na Comunidade Autónoma de Cataluña.
Preto do 90% dos habitantes do Val de Arán pódena entender, e un 65% poden falala. Grazas ao seu status de cooficialidade, e malia ter só uns 5.000 falantes, converteuse nunha referencia dentro do reivindicativo mundo occitano. No ano 2006 saíu á luz unha Gramática aranesa e no 2007 foi publicado un dicionario /Inglés-Aranési
O aranés é a lingua materna do 34,2% da poboación do Val de Arán. É a segunda lingua máis utilizada no val, tras o castelán, que é a lingua materna do 38,8% da poboación, e por diante do catalán, que é a lingua materna do 19,4%, segundo os datos do censo de 2001.[3] O aranés é a lingua materna de 2.785 persoas, segundo esta mesma fonte.
No fogar, o castelán é utilizada de forma exclusiva polo 35,3% da poboación do val, o aranés polo 25,8% e o catalán polo 13,0%. Ademais, o aranés é utilizado en casa con outra lingua polo 14,5% da poboación; xa que logo, o aranés é utilizado en casa (de forma exclusiva ou en situación de bilingüismo) polo 40,3% dos habitantes do val, mentres que o castelán éo polo 50,7% e o catalán por 24,6%.
No traballo, o castelán é utilizada de forma exclusiva polo 30,8% da poboación do val, o aranés polo 9,2% e o catalán polo 7,4%. Ademais, o aranés é utilizado no traballo con outra lingua polo 25,4% da poboación; xa que logo, o aranés é utilizado no traballo (de forma exclusiva ou en situación de bi- ou multilingüismo) polo 34,6% dos habitantes do val, mentres que o castelán éo polo 63,1% e o catalán polo 43,9%.
Principais características evolutivas do gasco-aranés