Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil
O Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil está convocado polo Concello de Pontevedra e a editorial Cuarto de Inverno. Comezou a celebrarse no ano 2018, nun principio da man de Urco Editora e o Concello de Pontevedra.[1] Este premio quere honrar a figura de María Victoria Moreno e promover unha creación literaria de calidade para o público xuvenil.
Historia
[editar | editar a fonte]Antonio Manuel Fraga foi o gañador da primeira edición de 2018 con O bestiario científico de Anxos Nogueirosa. Resultaron finalistas os orixinais presentados baixo os lemas Be Water e Irmá Paxaro. O xurado, formado por Montse Pena Presas, Eli Ríos, Andrea Martínez, M.ª Carme Hermida e Andrea Jamardo Seijo destacaron de O bestiario científico de Anxos Nogueirosa a fortaleza das personaxes femininas e o feito de introducir o bestiario máxico galego nun contexto histórico[2].
O II premio de 2019 foi para Beatriz Maceda Abeleira. Os integrantes do xurado destacaron no traballo titulado Ardora "o compromiso que no traballo se mantén co ecoloxismo e tamén co público potencial: lectores que aínda se atopan durante os seus primeiros anos da adolescencia".[3] Presentáronse 17 obras.
O III premio de 2020 foi para Lorena Conde por Velloucas e minchas[4]. Segundo a autora "son mozas preadolescentes e mulleres no final da vida. Fixen protagonistas a personaxes que normalmente son secundarios". O relato ten como protagonistas a cinco mulleres, dous adolescentes e tres anciás, e a trama comeza cando unha das mozas ten que ir vivir coa súa avoa para, xuntas, enfrontarse e resolver os problemas de cada unha. Lorena Conde foi alumna no instituto de María Victoria Moreno.[5]
O IV premio de 2021, convocado polo Concello e Pontevedra e a editorial Cuarto de Inverno, foi para Pilar Ortega Pereiro por O segredo de Al´eume. O xurado destacou o sentido do humor fresco, a lectura áxil e a posta en valor do patrimonio natural galego.[6]
Obras gañadoras
[editar | editar a fonte]- 2018 (1ª): O bestiario científico de Anxos Nogueirosa de Antonio Manuel Fraga[7]
- 2019 (2ª): Ardora de Beatriz Maceda[8]
- 2020 (3ª): Velloucas e minchas de Lorena Conde[9]
- 2021 (4ª): O segredo de Al´eume de Pilar Ortega Pereiro[10]
- 2022 (5ª): Nom estamos quebrades de Nee Barros[11]
- 2023 (6ª): Cartas na escuridade de Lois Pérez Díaz[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Salón do Libro (ed.). "I Premio María Victoria Moreno". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2018. Consultado o 11 de abril de 2018.
- ↑ "Antonio Manuel Fraga gaña o premio María Victoria Moreno". La Voz de Galicia. Consultado o 27/04/2018.
- ↑ "A escritora Beatriz Maceda Abeleira vence no II Premio María Victoria Moreno". Pontevedra Viva. Consultado o 2019-04-11.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2020-09-15). "Lorena Conde gaña o III Premio María Victoria Moreno". Diario de Pontevedra. Consultado o 2020-09-16.
- ↑ "A pontevedresa Lorena Conde é a gañadora da terceira edición do certame literario María Vitoria Moreno". Pontevedra Viva. Consultado o 2020-09-16.
- ↑ Buela, Ana (2021-09-15). "A enxeñeira, profesora de tecnoloxía e escritora Pilar Ortega Pereiro gaña o IV Premio María Victoria Moreno convocado polo Concello e Cuarto de Inverno". Concello de Pontevedra. Consultado o 2021-09-16.
- ↑ "Antonio Manuel Fraga gaña o I Premio de Narrativa Xuvenil María Victoria Moreno". Real Academia Galega. 2018-04-24. Consultado o 2023-12-20.
- ↑ "Segundo Premio María Victoria Moreno 2019". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2023-12-20.
- ↑ López, Belén (2020-09-16). "Lorena Conde gaña o III Premio María Victoria Moreno". Diario de Pontevedra. Consultado o 2023-12-20.
- ↑ "A viguesa Pilar Ortega, gañadora da cuarta edición do premio literario María Vitoria Moreno". Pontevedra Viva. 2021-09-15. Consultado o 2023-12-20.
- ↑ "Nee Barros gaña o V Premio María Victoria Moreno convocado polo Concello de Pontevedra e Cuarto de Inverno". Pontevedra Viva. Consultado o 2022-11-27.
- ↑ "'Cartas na escuridade' de Lois Pérez obtén o premio María Victoria Moreno". Pontevedra Viva. 2023-12-20. Consultado o 2023-12-20.