Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz | |
---|---|
![]() Agustín Fernández Paz no ano 2008. | |
Nacemento | 29 de maio de 1947 |
Vilalba | |
Falecemento | 12 de xullo de 2016 |
Vigo | |
Soterrado | Vilalba |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidad Laboral de Gijón |
Ocupación | escritor, mestre, pedagogo e carpinteiro |
Cónxuxe | Inmaculada Reino |
Fillos | Mariña Fernández-Reino |
Xéneros | Narrativa, ensaio |
Coñecido/a por | As flores radioactivas, Contos por palabras, Trece anos de Branca, Cartas de inverno, Amor dos quince anos, Marilyn, O centro do labirinto, Aire negro, Noite de voraces sombras, Tres pasos polo misterio, Corredores de sombra, O único que queda é o amor, Non hai noite tan longa e O rastro que deixamos |
Influencias | Franz Kafka, Bertrand Russell, Rosalía de Castro, Albert Camus[1] |
Estudos | Licenciado en Ciencias da Educación Diplomado en Lingua Galega. |
Premios | Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España e honorary doctorate of the University of Vigo |
![]() | |
Páxina oficial | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016,[2] foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, dirixidos preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores). Tamén recibiu en dúas ocasións o premio ao mellor libro de Literatura Infantil e Xuvenil do ano, que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega.
O seu libro O único que queda é o amor obtivo en 2008 o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil que concede o Ministerio de Cultura de España. No ámbito internacional salientan as catro designacións ao Premio Memorial Astrid Lindgren, nos anos 2008, 2009, 2010 e 2013. O libro O único que queda é o amor foi incluído na Lista de Honra da IBBY no 2010, como ocorrera tamén con Contos por palabras en 1992 e con Aire negro en 2002. Esta última novela, Aire negro, foi incluída así mesmo no Catálogo White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnic en 2001, un recoñecemento que tamén acadou O meu nome é Skywalker en 2004.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mocidade[editar | editar a fonte]
Naceu no barrio vilalbés das Fontiñas, lugar onde transcorreu a súa nenez e onde o seu pai traballaba como músico e carpinteiro. Con 14 anos, marchou a estudar á Universidade Laboral de Xixón, onde estivo interno durante sete anos, e onde se fixo Perito Industrial. Ós 22 anos foise a Barcelona, coa intención de traballar e estudar Pedagoxía. Traballou durante un tempo nunha empresa, adiando o seu obxectivo de estudar.
Mestre[editar | editar a fonte]
Tres anos despois volveu a Galicia. Instalouse na Coruña e matriculouse en Maxisterio. En 1974 comezou a traballar como mestre, iniciando así a etapa máis intensa da súa vida. Naqueles anos xuntouse con outros docentes nos chamados «movementos de renovación pedagóxica», que tiñan como obxectivo cambiar o mundo dende as aulas.[3] Estudou Ciencias da Educación e foi profesor de lingua galega no ensino primario e no secundario. Nesa mesma época, casou con Inmaculada Reino e naceu a súa filla, Mariña.
Como mestre e pedagogo, foi autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introdución dos medios de comunicación nas aulas. Ademais, entre 1988 e 1990 traballou para a Consellería de Educación como asesor para a reforma educativa e preparando deseños curriculares tanto de primaria como de secundaria, na área de lingua. De 1990 a 1995 traballou como Coordinador Docente de Galego. Dese traballo quedaron tamén numerosos libros de texto, como o pioneiro O noso galego, dos primeiros anos oitenta.
Tamén foi membro do grupo de traballo sobre lingua do Consello da Cultura Galega e asesor do Programa SOL, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
Escritor[editar | editar a fonte]
Despois da aprobación da Constitución no ano 1978, comezou a introducirse oficialmente a lingua galega no ensino. Fernández Paz decatouse que a literatura infantil e xuvenil en galego era escasa, polo que decidiu escribir as súas propias historias. Con 40 anos, publica a súa primeira novela. Os dous libros seguintes obtiveron sendos premios de importancia, e por iso, animouse a continuar.
Pertenceu á coñecida como “Xeración Lamote” xunto con Xabier Senín, Paco Martín, Xosé Lastra, Fina Casalderrey e Xabier P. DoCampo.
Últimos anos[editar | editar a fonte]
Prexubilouse por enfermidade en 2007 no IES Os Rosais 2, de Vigo. No ano 2010 rexeitou o Premio da Cultura Galega das Letras[4][5]. No ano 2013, foille concedido o Honoris Causa pola Universidade de Vigo.[6]
O 12 de xullo de 2016 morreu por volta das sete da mañá no seu domicilio en Vigo,[7] logo de padecer dunha longa enfermidade. O 13 de xullo, celebrouse un multitudinario acto cívico no cemiterio de Vigo,[8] co féretro arroupado coa bandeira galega, e no que estiveron presentes familiares, amigos e personalidades da cultura, da educación e da política. O corpo foi incinerado e os seus restos foron trasladados a Vilalba, a súa vila natal, onde tamén se atopa soterrada a súa familia.[9]
Obra[editar | editar a fonte]

Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores e pola cantidade das súas obras que foron traducidas a outras linguas. Trátase do autor en galego máis traducido con 115 traducións a 16 linguas diferentes, en especial ao castelán, con arredor de 50, máis de 30 ao catalán, unhas 20 ao éuscaro, e tamén ao asturiano, portugués, francés, árabe, coreano, italiano, inglés, búlgaro, bretón e esloveno, entre outras.[10][11]
Tamén destaca pola cantidade de premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY. Foi nomeado Socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2009.
A súa novela Cartas de inverno acadou en 2016 a cifra de máis de 100 000 exemplares vendidos, fito que só acadou na ficción galega outra novela, Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.[11]
Ademais, realizou un longo labor editorial para Edicións Xerais, coordinando durante moitos anos a colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil.
Literatura infantil-xuvenil[editar | editar a fonte]
- O libro de Merlín, 1987, Xerais.
- A cidade dos desexos, 1989, Xerais (novela xuvenil).
- As flores radioactivas, 1990, Xerais (novela xuvenil), 16ª edición.
- Contos por palabras, 1991, Xerais (narrativa xuvenil), 16ª edición.
- O tesouro do dragón Smaug, 1992, Galaxia (narrativa xuvenil).
- Rapazas, 1993, Xerais (narrativa xuvenil), 6ª edición. Traducida por Xavier Senín ao castelán como Muchachas no 2006, na editorial Anaya.
- As tundas do corredor, 1993, Edelvives (narrativa infantil).
- Unha lúa na fiestra, 1994, Galaxia (narrativa xuvenil).
- Trece anos de Branca, 1994, Xerais (novela xuvenil).
- Cartas de inverno, 1995, Xerais (novela xuvenil), 35ª edición.[11]
- Amor dos quince anos, Marilyn, 1995, Xerais (novela xuvenil), 9ª edición.
- Avenida do Parque, 17, 1996, Edicións S. M. (novela xuvenil).
- Lonxe do mar, 1996, Edelvives (narrativa xuvenil).
- O centro do labirinto, 1997, Xerais (novela xuvenil), 12ª edición.
- A néboa escura, 1998, Xunta de Galicia (narrativa infantil).
- O laboratorio do doutor Nogueira, 1998, Xerais (novela xuvenil), 5ª edición.
- As fadas verdes, 1999, Edicións S. M. (novela xuvenil).
- Cos pés no aire, 1999, Xerais (narrativa xuvenil) 4ª edición.
- A nube de cores, 1999, Sotelo Blanco (narrativa xuvenil).
- Aire negro, 2000, Xerais (novela xuvenil) 13ª edición.
- O soño do merlo branco, 2000, Everest Galicia (novela xuvenil).
- No corazón do bosque, 2001, Xerais (novela xuvenil), 9ª edición.
- Un tren cargado de misterios, 2001, Xerais (narrativa xuvenil).
- Ana e o tren máxico, 2001, Xerais (novela xuvenil).
- Noite de voraces sombras, 2002, Xerais (narrativa xuvenil), 10ª edición.
- O meu nome é Skywalker, 2003, Edicións S. M.
- A serea da Illa Negra, 2003, Edicións Tambre.
- A praia da esperanza, 2003, Xerais.
- Tres pasos polo misterio, 2004, Xerais, 5ª edición.
- Raquel ten medo, 2004, Xerais (narrativa infantil).
- Laura e os ratos, 2004, Xerais.
- Á abordaxe, 2005, Rodeira-Edebé.
- A escola dos piratas, 2005, Rodeira-Edebé.
- A noite dos animais, 2005, Galaxia. Traducida ao castelán en 2009 por Isabel Soto, como La noche de los animales, publicada en Algar.
- A fuxida do mar, 2005, Xerais.
- Fantasmas no corredor, 2005, Xerais.
- ¡Que medo, mamá Raquel!, 2005, Xerais.
- Corredores de sombra, 2006, Xerais (narrativa xuvenil), 10ª edición. Traducida ao castelán no 2006 por Isabel Soto, en S. M.
- Os gardiáns do bosque, 2006, Baía Edicións.
- Querido inimigo, 2006, Rodeira-Edebé. Traducida ao castelán no 2006 por Isabel Soto, como Querido enemigo, en Edebé.
- O raio veloz, 2006.
- O único que queda é o amor, 2007, Xerais, (narrativa xuvenil), 6ª edición. Traducida ao castelán no 2007 por Isabel Soto e Rafael Chacón, como Lo único que queda es el amor, en Anaya.
- A pastelaría de dona Remedios, 2008, Rodeira.
- ¡Upa!, 2008, Xerais.
- A dama da luz, 2009, Xerais.
- Lúa do Senegal, 2009, Xerais (narrativa infantil-xuvenil), 3ª edición.
- Valados, 2009, Xerais. Traducida ao italiano no 2013, como Il cielo non ha muri, na editorial Piemme.
- Corazón de pedra, 2011, Oxford.
- Fantasmas de luz, 2011, Xerais. Traducido ao catalán como Fantasmes de llum no 2012, en Edicions Bromera.
- As fronteiras do medo, 2012, Edebé-Rodeira.
- Malos tempos para os fantasmas, 2012, Xerais.
- Zeralda e o dragón, 2012, Galaxia.
- Desde unha estrela distante, 2013, Xerais.
- Amizades secretas, 2015, Edebé-Rodeira.
- A neve interminable, 2015, Xerais.
- O segredo da Illa Negra, 2015, Xerais.
- O soño do Merlo Branco, 2016, Xerais.
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Non hai noite tan longa, 2011, Xerais.
- O rastro que deixamos, 2012, Xerais.
- A viaxe de Gagarin, 2014, Xerais.
Ensaio[editar | editar a fonte]
- 28 libros da literatura infantil e xuvenil galega, 1989, Xunta de Galicia.
- Os libros infantís galegos, 1989, Xunta de Galicia.
- Para lermos cómics, 1989, Xunta de Galicia.
- Ler en galego (I): Estratexias e libros para a animación á lectura dende as aulas, 1990, Ir Indo.
- Facermos cómics, 1991, Xerais.
- Os cómics nas aulas, 1992, Xerais.
- A literatura infantil e xuvenil en galego, 1999, Xerais.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Relatos para un tempo novo, 1993, Xunta de Galicia.
- Construír a paz, 1996, Xerais.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
- E dixo o Corvo..., 1997, Hospital Xeral de Galicia.
- Imos xuntos camiñar, 1999.
- Historias para calquera lugar, 2001, Xerais.
- Manuel María, 2001, Ophiusa.
- Ninguén está só, 2001, Tris Tram.
- Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- Un futuro para a lingua, 2002, Xunta de Galicia.
- Longa lingua: os contos da Mesa, 2002, Xerais.
- Alma de beiramar, 2003, Espiral Maior.
- Contos do museo, 2003, Deputación de Lugo.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- O enigma do menhir, en Crispín do Mao, ¡Adeus, pés!, O enigma do menhir e Catro pallasos, 2004, Xunta de Galicia.
- Postais do Camiño, 2004, Galaxia.
- O son das buguinas, 2007, Xerais.
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
- 55 mentiras sobre a lingua galega, 2009, Laiovento.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Quéroche contar un conto, 2010, Xerais.
- Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
- VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.
- Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
- Os dereitos da infancia, 2014, Xerais.
Galardóns[editar | editar a fonte]

- 3º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1976, por Xocas, astronauta.
- 3º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1980, por O rescate das palabras.
- Premio Merlín de Literatura Infantil no 1989, por As flores radioactivas.
- Premio Lazarillo no 1990, por Contos por palabras.
- Lista de Honra do IBBY no 1992 por Contos por palabras.
- O Premio Ourense de Banda Deseñada de 1992, polos seus estudos sobre banda deseñada.
- Premio Edebé de literatura xuvenil no 1994, por Trece anos de Branca.
- Premio Rañolas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano no 1995, por Cartas de inverno.
- Premio Raíña Lupa no 1998, por Cos pés no aire.
- Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) no 2001, por Aire negro.
- Premio Protagonista Jove no 2001, por Aire negro.
- Lista de Honra do IBBY no 2002, por Aire negro.
- Premio Irmandade do Libro no 2003.
- Premio Lecturas GALIX no 2003, por Contos por palabras e Un tren cargado de misterios.
- Premio O Barco de Vapor no 2003, por O meu nome é Skywalker.
- Premio Edebé de Literatura Intantil no 2005, por A escola dos piratas.
- Premio Literario Frei Martín Sarmiento (de 11 a 13 anos) no 2006, por Corredores de sombra.
- Premio Lecturas GALIX ao mellor libro ata 7 anos e como o mellor libro ilustrado no 2006 , por Raquel ten medo.
- O único que queda é o amor, 2007, Xerais, (narrativa xuvenil) 4ª Edición -
- Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007, por O único que queda é o amor.
- Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de literatura infanto-xuvenil en 2008, por O único que queda é o amor.
- Premio Literario Frei Martín Sarmiento de (3º ESO a Bacharelato) en 2008, por O único que queda é o amor.
- Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2008, pola obra O único que queda é o amor , outorgado polo Ministerio de Cultura de España.
- Premio Xosé María Álvarez Blázquez da Asociación Galega de Editores no 2008.
- Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2009.
- Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2010, por Lúa do Senegal.
- Premio Cultura Galega das Letras no 2010 [12]
- VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil no 2011.
- Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2011.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa de adultos no 2011, por Non hai noite tan longa.
- Premio Ánxel Casal ao libro de ficción do ano 2011 da Asociación Galega de Editores, por Non hai noite tan longa.
- Premio da Irmandade do Libro ao Libro do ano 2011, por Non hai noite tan longa.
- Premio Losada Diéguez de Creación Literaria no 2012, por Non hai noite tan longa.
- Premio de literatura infanto-xuvenil da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2012, por Fantasmas de luz.
- Premio Ramón Piñeiro Facer País da Asociación Cultural Val de Láncara no 2012.[13]
- Premio da Crítica Galicia 2012 en Creación literaria pola súa obra Fantasmas de luz (18 de outubro de 2012).
- En xuño de 2012 o departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo propuxo o seu nomeamento como doutor honoris causa[14]. O 12 de novembro de 2012 o Consello de Goberno da Universidade de Vigo aproba o nomeamento de Agustín Fernández Paz como Doutor Honoris Causa a proposta do Departamento de Filoloxía Galega e Latina.
- Autor en galego máis destacado do 2012 en Redelibros.
- Premio Fervenzas Literarias de Ensaio no 2012, por O rastro que deixamos.
- Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2012.
- Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de non ficción do 2012, por O rastro que deixamos.
- Premio Trasalba en 2014.
- Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2014.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa de 2014, por A viaxe de Gagarin.
- Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción de 2014, por A viaxe de Gagarin.
- Premio da AELG á mellor obra narrativa do 2014, por A viaxe de Gagarin.
- Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria no 2015, por A viaxe de Gagarin.
- Premio Frei Martín Sarmiento de 3º e 4º da ESO en 2016, por A neve interminable.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Fernández paz, Agustín. "DISCURSO DO ACTO DE NOMEAMENTO COMO DOUTOR HONORIS CAUSA" (PDF). Consultado o 21 de outubro de 2016.
- ↑ "Morre Agustín Fernández Paz, agarimo das letras galegas". Praza.gal. 12 de xullo de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2016.
- ↑ Carneiro, Montse (2 de maio de 2004). ""Queríamos cambiar o mundo desde as aulas, e algo fixemos"". La Voz de Galicia. Consultado o 21 de outubro de 2016.
- ↑ C., R. Sermos Galiza, ed. "Morre Agustín Fernández Paz, o autor máis querido das letras galegas". Consultado o 13 de decembro de 2017.
- ↑ Pereiro, Xosé Manuel. El País, ed. "Sen cartos pero con polémica". Consultado o 13 de decembro de 2017.
- ↑ Rey, Noemí (28 de xaneiro de 2013). "Agustín Fernández Paz, seis lembranzas e unha narración no camiño ata o Honoris Causa". Duvi Uvigo. Consultado o 21 de outubro de 2016.
- ↑ "Muere el escritor Agustín Fernández Paz". 12 de xullo de 2016. Consultado o 21 de outubro de 2016.
- ↑ Blog Xerais (ed.). "A despedida de Agustín Fernández Paz". Consultado o 21 de outubro de 2016.
- ↑ C, R (12 de xullo de 2016). "Morre Agustín Fernández Paz, o autor máis querido das letras galegas". Sermos Galiza. Consultado o 20 de outubro de 2016.
- ↑ cervantesvirtual.com (ed.). "Ficha de Agustín Fernández Paz". Consultado o 21 de outubro de 2016.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 C., R. (25 de novembro de 2016). "'Cartas de inverno', de Fernández Paz, chega aos 100.000 exemplares cunha edición especial". Sermos Galiza. Consultado o 26 de novembro de 2016.
- ↑ "PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2010". Consultado o 14 de decembro de 2017.
- ↑ "Agustín Fernández Paz, premio Ramón Piñeiro-Facer País". Praza.gal. 14 de setembro de 2012. Consultado o 21 de outubro de 2016.
- ↑ "Agustín Fdez. Paz para Doutor honoris causa"[Ligazón morta], artigo na web de ProLingua, 20 de xuño de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agustín Fernández Paz ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial
- Páxina sobre Agustín Fernández Paz
- Ficha do autor na Biblioteca Virtual Galega
Eirado presentado por Pemón Bouzas.
- Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros
|