Saltar ao contido

Conversa:María Victoria Moreno

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ano de nacemento

[editar a fonte]

Eu non sei se naceu en 1939 ou 1941. Agás a que se recolle na referencia, todas as outras fontes indican como data 1941 incluída a da RAG [1] e nunha entrevista o xornalista afirma que chegou a Galicia con 22 anos [2], se foi en 1963 non cadra o ano 1939 como ano de nacemento.--HacheDous=0 (conversa) 13 de setembro de 2017 ás 12:29 (UTC)[responder]

Teño trato co usuario que fixo a mudanza. Seica o erro na data repítese en libros, medios dixitais e en papel. Teño entendido que no vindeiro número da revista Grial sairá precisamente un artigo ao respecto. Non podo dicir máis, tan só confirmar que a referencia en Culturagalega é correcta. No entanto, ocórreseme que até a aparición de novas referencias (que as haberá) é posible colocar na nota ao pé que as datas varían segundo as fontes. Vouno retocar, a ver que tal. --Atobar (conversa comigo) 13 de setembro de 2017 ás 15:53 (UTC)[responder]
Paréceme correcto, e cando saía o artigo xa se porá como referencia.--HacheDous=0 (conversa) 13 de setembro de 2017 ás 20:39 (UTC)[responder]

Peregrina Pérez como pseudónimo?

[editar a fonte]

Ola. Non estou eu moi convencido de que Mª Victoria empregase ese pseudónimo fóra de que o tivo que pór para poder presentarse a un premio (baixo plica, e que gañou) con Onde o aire non era brisa. Alguén ten algún outro dato ao respecto? De non habelo, coido que hai que retirar a frase "Empregou o pseudónimo de Peregrina Pérez" do par de liñas introdutorias. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15 de outubro de 2017 ás 16:07 (UTC)[responder]

Quitado, que se engada se hai referencias. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2017 ás 11:24 (UTC)[responder]

Aparece, duas veces, en: Alonso Montero, X. (2018). María Victoria Moreno. A proeza da súa vida e da súa literatura. Biblioteca Gallega. La Voz de Galicia. ISBN 978-84-9757-316-0. . --. HombreDHojalata.conversa 30 de maio de 2018 ás 10:20 (UTC)[responder]

A Galipedia nos recursos da rede da web Primavera das letras

[editar a fonte]

Acabo de ver que na páxina de recursos da rede da web primaveradasletras.gal teñen unha ligazón ó noso artigo. Vin tamén que había ligazón ó artigo de Carlos Casares, supoño que tamén porían ligazóns ós outros artigos de persoas homenaxeadas os outros anos. Haberá que esmerarse con estes artigos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 01:06 (UTC)[responder]

Artigos de libros que faltan

[editar a fonte]

Boas, no modelo das obras de María Victoria, que poño abaixo, só hai catro que teñan a ligazón vermella, por iso animo a Estevoaei, Atobar, Ogalego.gal e Vitoriaogando, que xa estades afeitos a este tipo de artigos, a que creedes os que faltan antes do fin de mes, xa que en maio xa é a súa festa :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de abril de 2018 ás 13:06 (UTC)[responder]

Moi boa idea o de rematar. Eu fixen dos libros que teño. Eses que faltan non dispoño deles e non podo facelos--Ogalego.gal (conversa) 3 de abril de 2018 ás 20:12 (UTC)[responder]

Síntoo, pero estes días ando moi enleada con outras cousas e ademais non teño eses libros. Saúdos Vitoriaogando (conversa) 5 de abril de 2018 ás 20:56 (UTC)[responder]

Vale, moitas grazas ós dous de tódolos xeitos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de abril de 2018 ás 22:59 (UTC)[responder]

Conseguín facerme co libro de poesía e fíxenlle entrada, Elexías de luz, botádelle un ollo e mellorade Estevoaei, Atobar, Elisardojm--Ogalego.gal (conversa) 13 de abril de 2018 ás 16:11 (UTC)[responder]

Moitas grazas Ogalego.gal botareille un ollo. Do que me decatei agora é que no modelo dos libros de MVM faltan máis de catro, o que pasa é que os outros non tiñan ligazón, xa llas metín. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de abril de 2018 ás 16:32 (UTC)[responder]

Reducir retratos

[editar a fonte]

Boas, penso que na galería habería que quitar algún dos retratos que hai, agora o artigo xa ten foto, outros tres retratos paréceme excesivo. Se vos parece ben, deixo só o retrato que gañou o Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras, o resto poderanse consultar na categoría de Commons. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de abril de 2018 ás 11:16 (UTC)[responder]

OK. --. HombreDHojalata.conversa 8 de abril de 2018 ás 19:45 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de abril de 2018 ás 20:23 (UTC)[responder]

Eu proporía falar coas persoas que editaron este artigo:

Comprobar

[editar a fonte]

A actitude ante a lingua, a ética e o compromiso cos seus falantes herdeinos de quen foi o meu mestre, de quen me honro e recoñezo coma mestre. O segundo mestre podería ser un erro por alumna, aínda que é posíbel que sexa mestre. Lles (conversa) 14 de maio de 2018 ás 11:04 (UTC)[responder]

Lles, non podo comprobar a ref. orixinal, para iso habería que ir a unha biblioteca que teña hemeroteca porque na web da Voz non din accedido a esa edición, pero ese texto está igual ó que teñen na páxina da RAG.
O que teño dúbidas nunha das túas últimas edicións é se haberá que poñer concello con maiúscula..., eu penso que non, pero non estou seguro ó 100%... Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de maio de 2018 ás 12:48 (UTC)[responder]
Elisardojm, está en https://wikidog.xunta.gal/index.php/Mai%C3%BAscula_e_min%C3%BAscula_en_inicial_de_palabra Lles (conversa) 14 de maio de 2018 ás 12:51 (UTC)[responder]
Ah, vale Lles, moi ben entón. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de maio de 2018 ás 13:03 (UTC)[responder]
Elisardojm vou eliminar da cita a parte que pode ter un erro e non podemos comprobar, que ademais non a atopei en https://academia.gal/inicio/-/asset_publisher/m2gF/content/a-rag-celebra-o-dia-das-letras-de-maria-victoria-moreno-cunha-sesion-publica-en-pontevedra, xa que na RAG di "Neste centro coñeceu o profesor Xesús Alonso Montero, de quen herdou, segundo ela mesma dixo, a súa actitude ante a lingua galega e a ética e o compromiso cos seus falantes." Deixo só A actitude ante a lingua, a ética e o compromiso cos seus falantes herdeinos de quen foi o meu mestre e elimino , de quen me honro e recoñezo coma mestre Lles (conversa) 14 de maio de 2018 ás 18:13 (UTC)[responder]

A cita é "A actitude ante a lingua, a ética e o compromiso cos seus falantes herdeinos de quen foi o meu mestre, de quen me honro en recoñecer como mestre" e está referenciada. --. HombreDHojalata.conversa 14 de maio de 2018 ás 20:58 (UTC)[responder]

Reproduzo, a continuación, un parágrafo de Casalderrey, F.; Aleixandre, M. (2018). María Victoria Moreno: a muller que durmía pouco e soñaba moito. Xerais. ISBN 978-84-9121-311-6. :
Eu non teño casa patrucial en Galicia e non podo falar da «hortiña que quero tanto» nin das «figueiriñas que prantei», mais pouco importa isto se a miña voz chega ás escolas e ós institutos deste país [...] ¿Ten isto algo que ver coa influencia que exerceu sobre min Xesús Alonso Montero? Evidentemente si, alomenos en parte. [...] O meu estilo é meu, e coido que llo debo a meu pai e os xenes moriscos que me transmitiu. A actitude ante a lingua, a ética e o compromiso cos seus falantes herdeinos de quen foi o meu mestre, de quen me honro e recoñezo coma mestre.
Comeza na páxina 63 (e remata na 64). --. HombreDHojalata.conversa 14 de maio de 2018 ás 21:31 (UTC)[responder]
Non está nesa páxina da RAG Lles, está nesta. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de maio de 2018 ás 21:55 (UTC)[responder]
Elisardojm, HombreDHojalata, non é o mesmo "A actitude ante a lingua, a ética e o compromiso cos seus falantes herdeinos de quen foi o meu mestre, de quen me honro en recoñecer como mestre" que “A actitude ante a lingua, a ética e o compromiso cos seus falantes herdeinos de quen foi o meu mestre, de quen me honro e recoñezo coma mestre”. Cal é a correcta?. Para min a primeira ten un sentido máis claro, no artigo está a segunda que é máis confusa polo que eliminei a segunda parte porque coa primeira cría que xa contaba o fundamental, agora está reposta. Lles (conversa) 15 de maio de 2018 ás 07:21 (UTC) Quizais nun texto máis amplo está máis claro, a cita soa introduce unha ambigüidade, por iso eliminei a segunda parte. Podería recoñecer a Xesús Alonso Montero como o seu mestre ou podería recoñecerse a si mesma, no seu labor pedagóxico, como mestre grazas ao influxo de Xesús Alonso Montero.Lles (conversa) 15 de maio de 2018 ás 07:29 (UTC) Aínda que mestre teña flexión de xénero en mestra. Lles (conversa) 15 de maio de 2018 ás 07:41 (UTC)[responder]

Se citamos, citamos. Non nos corresponde a nós interpretar as palabras de MVM. O que temos que procurar é que a cita sexa correcta e máis nada. Está claro que a publicación orixinal está en Moreno, María Victoria (22/2/2000). "O mestre das palabras". suplemento Culturas de La Voz de Galicia: 2–3.  [3]. Alguén ten acceso a ese xornal e pode cargar nalgures unha foto dese artigo? --. HombreDHojalata.conversa 15 de maio de 2018 ás 08:00 (UTC)[responder]

HombreDHojalata, estou de acordo contigo en parte, creo que só nos corresponde citar, mais tamén creo que o texto cobra o seu sentido tamén polo seu contexto, polo que debemos coidar de que unha cita fóra do seu contexto non cambie de significado. Lles (conversa) 15 de maio de 2018 ás 08:29 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en María Victoria Moreno. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 21:30 (UTC)[responder]

Contádenos o voso Día das Letras

[editar a fonte]

Artigo de Praza Pública Lles (conversa) 19 de setembro de 2018 ás 06:59 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)

[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de setembro de 2019 ás 12:51 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en María Victoria Moreno. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de febreiro de 2020 ás 13:32 (UTC)[responder]