Xusto Beramendi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Justo G. Beramendi")
Xusto Beramendi
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Justo Beramendi (AELG)-3.jpg
Datos persoais
Nacemento 16 de xullo de 1941 (76 anos)
Lugar Madrid
Actividade
Lingua Galego e castelán
Xéneros Ensaio
Estudos Enxeñaría Industrial, Tradución e Historia

Justo Beramendi González, nado en Madrid o 16 de xullo de 1941, é un historiador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou estudos de Enxeñaría Industrial en Madrid (1959-1967), de tradución en Barcelona (1969-1974) e de doutorado en Historia na Universidade de Santiago de Compostela (1987), da que é catedrático emérito de Historia Contemporánea e da que foi vicerreitor entre 1990 e 1994. Xubilou no ano 2012.

Foi cofundador do Museo do Pobo Galego e actual presidente da súa xunta reitora. É membro fundador da Fundación Castelao e director da sección de pensamento político da Fundación Vicente Risco. Participou na creación das revistas Negaciones (Madrid, 1977), A Trabe de Ouro (Santiago, 1990) e Tempos Novos (Santiago, 1997).

Especializado na historia das ideoloxías e dos nacionalismos, foi editor das obras de Losada Diéguez, Ramón Villar Ponte, Peña Novo, Castelao e Vicente Risco. Organizou e coeditou as actas dos congresos Nacionalismos y regionalismos en la España de la Restauración (1983), Castelao (1986), Los nacionalismos en la España de la Segunda República (1988), Nationalisms in Europe. Past and Present (1993) e Memoria e Indentidade (2004).

No ano 2017, recibiu a Medalla Castelao.[1]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • El nacionalismo gallego, 1997, Arco Libros.
  • La historia política: algunos conceptos básicos, 1999, Tórculo.
  • Historia mínima de Galicia, 2016, Turner, ISBN 978-84-16354-07-8.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Miseria de la Economía, 1974, Península. Con Eduardo Fioravanti.
  • La España de los nacionalismos y las autonomías, 2001, Síntesis. Con J. L. Granja e P. Anguera.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Irmandade do Libro 2008: Obra Editorial 2007[2].
  • Pedrón de Ouro no 2008.
  • Premio da AELG, na categoría de ensaio (2008), por De provincia a nación: Historia do galeguismo político.
  • Premio da Crítica de Galicia, na categoría de ensaio (2008), por De provincia a nación: Historia do galeguismo político.
  • Premio Nacional de Ensayo, concedido polo Ministerio de Cultura (2008)[3].
  • Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda no 2009.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]