Saltar ao contido

A Abeleda, Xunqueira de Ambía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Abeleda
Igrexa parroquial
ConcelloXunqueira de Ambía[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°10′33″N 7°42′35″O / 42.17595, -7.7096277777778
Poboación333 hab. (2024)
Entidades de poboación8[1]
[ editar datos en Wikidata ]

San Vicente da Abeleda é unha parroquia do concello ourensán de Xunqueira de Ambía na comarca de Allariz-Maceda. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2024 tiña 333 habitantes (171 homes e 162 mulleres), 95 menos ca en 2011.[2]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa parroquial, construída en 1950.
[editar | editar a fonte]

Rivas Quintas recolleu no lugar de Fondo de Vila a seguinte oración para bendicir o pan: "Que Deus te acrecente e o señor San Vicente e a Santa Mariña, pra que te fagan vir axiña".[3] Rézase no momento de meter o pan no forno, facendo sobre el o sinal da cruz. Tamén recolleu oracións parecidas nos concellos ourensáns de Bande e Entrimo, próximos a Xunqueira: "Que Deus te avente con San Vicente. Que Deus te levede con San Mamede".[4]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares da Abeleda

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia da Abeleda no concello de Xunqueira de Ambía (Ourense)

A Abeleda | Bustelo | Casasoá | Cima de Vila | Fondo de Vila | Padroso | Pazos da Abeleda | A Tellada

Parroquias de Xunqueira de Ambía

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Xunqueira de Ambía

A Abeleda (San Vicente) | Armariz (San Salvador) | Bobadela a Pinta (Santa Mariña) | A Graña (Santiago) | Sobradelo (San Román) | Xunqueira de Ambía (Santa María a Real)

  1. 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
  2. "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-09-04.
  3. Lémbrese que San Vicente é o patrón da parroquia.
  4. Elixio Rivas Quintas: Frampas. Contribución al diccionario gallego. Ed. Ceme, Salamanca 1978, px. 109.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]