Limpias
Coordenadas: 43°21′46″N 3°25′29″O / 43.36278, -3.42472
Limpias é un concello de Cantabria, en España, pertencente á comarca de Asón-Agüera. Tiña unha poboación de 1.815 habitantes en 2015.
Limita cos municipios de Voto e Colindres ao oeste, Laredo ao norte, Liendo ao leste e Ampuero ao sur. Atópase no curso baixo do río Asón, pouco antes de que pase a chamarse ría de Limpias antes de desembocar no mar Cantábrico.
Está formado polas localidades de Limpias e Seña. Entre o seu patrimonio destacan o Santuario do Cristo da Agonía, a Casa e torre de Palacio e varias casas blasonadas.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Limpias ![]() |