Aníbal Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Aníbal Otero
Nacemento 5 de xullo de 1911
  Ribeira de Piquín
Falecemento 1 de marzo de 1974
Nacionalidade España
Ocupación escritor
editar datos en Wikidata ]

Aníbal Otero Álvarez, nado en Barcia (Ribeira de Piquín), o 21 de xaneiro de 1911, e finado na mesma aldea o 11 de marzo de 1974, foi un lingüista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filosofía e Letras en Madrid, especializándose en Fonética so a guía de Tomás Navarro Tomás. Participou, desde antes de rematar a carreira, na elaboración no Atlas Lingüístico da Península Ibérica (ALPI) que supervisaba Ramón Menéndez Pidal e dirixía o seu mestre Navarro Tomás, realizando investigacións lingüísticas en Galiza e máis no norte de Portugal. En Galiza levou el só os inquéritos en 45 dos 53 puntos propostos para investigar[1]. No norte de Portugal onde estaba a completar os inquéritos, sorprendeuno a sublevación militar do 36. Foi entregado ás autoridades españolas o 5 de agosto de 1936 e acusado de espionaxe, ao parecer por se lle descubriren cadernos de enquisas do ALPI con transcricións fonéticas (á parte de viaxar en coche oficial da República española). Foi condenado a morte e amnistiado, pero permaneceu na cadea, en Burgos, ata o 22 de maio de 1941, data na que se lle outorgou a liberdade condicional.

En 1952, retomou os traballos para o ALPI, pois Navarro Tomás ao devolver os materiais do mesmo ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), que custodiaba, esixíu que a continuación do labor fose efectuada polos mesmos colaboradores anteriores. Otero pasou a percorrer Portugal, nesta altura so a dirección do filólogo portugués Luís Lindley Cintra e do valenciano Manuel Sanchis Guarner, nos anos 1953 e 1954 [2].

O resto da súa vida transcorreu na súa aldea natal de Barcia, como un campesiño máis, onde faleceu en 1974.

Autor de Contribución al diccionario gallego (1967), Vocabulario de San Jorge de Piquín (1977); en 1994 publicouse postumamente a súa novela autobiográfica Esmoriz.

Malia ser proposto para entrar na Real Academia Galega e ser esta suxestión votada a favor en 1964, non chegou a tomar posesión como académico.

Obra[editar | editar a fonte]

Libros de lingüística[editar | editar a fonte]

  • Contribución al diccionario gallego. Vigo. Galaxia. 1967.
  • Vocabulario de San Jorge de Piquín, anexo nº 8 da rev, Verba. Anuario gallego de Filología. Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela. 1977 (publicación póstuma).

Artigos lingüísticos[editar | editar a fonte]

  • Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugués, serie de 24 contributos, publicados en "Cuadernos de Estudios Gallegos". Santiago de Compostela. C.S.I.C., desde 1949 a 1971.
  • Contribucións al léxico gallego y asturiano, serie de 10 contributos, publicados en "Archivum. Revista de la Facultad de Filosofía y Letras". Oviedo, desde 1953 a 1964.
  • Una versión latina popular de las doce palabras retorneadas, in Cuadernos de Estudios Gallegos, vol. VI. Santiago de Compostela. C.S.I.C. 1951.
  • Irregularidades verbales del gallego, in Cuadernos de Estudios Gallegos, vol. VII. Santiago de Compostela. C.S.I.C. 1952, páxs. 399-405.
  • Voces onomatopéyicas del gallego-portugués, in Homenaje al Excelentísimo Sr. Dr. Emilio Alarcos García, t. II. Valladolid. 1965-1967, páxs. 63-72.
  • Algunas adiciones al léxico hispánico, in Cuadernos de Estudios Gallegos, vol. XXIV. Santiago de Compostela. C.S.I.C. 1969, páxs. 154-171.
  • En colaboración: Sanchís Guarner, M.; Rodríguez Castellano, L.; Otero Álvarez, A.; Cintra, L.F. Lindley, El Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI): Trabajos, problemas y métodos, in Actas do IX Congresso Internacional de Linguística Românica, vol III. Lisboa. 1962, páxs. 113-120.

Novela[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alonso Montero, Na morte de Aníbal Otero
  2. Antón Santamarina, Anibal Otero (1911-1974)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alonso Montero, Xesús, Na morte de Aníbal Otero, in Faro de Vigo, 23-VI-1974, reproducido in Língua, literatura e sociedade en Galicia: 25 anos de Filoloxía galega, 1951-1976. Madrid. Akal. 1977, páxs.107-110.
  • Alonso Montero, Xesús, Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo. Vigo: Xerais. 2011.
  • Santamarina, Antón, Aníbal Otero (1911-1974), in Verba. Anuario gallego de Filología, vol. nº 2. Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela. 1974, páxs. 7-12.
  • Sousa, Xulio, “Notas sobre o Atlas Lingüístico de la Península Ibérica en Galicia” en M. Brea / F. Fernández Rei / X. L. Regueira (eds.): Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. 2008, páxs. 299-306.