Boletín de Estudios del Seminario Fontán-Sarmiento de Hagiografía, Toponimia y Onomástica de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Boletín de Estudios del Seminario Fontán-Sarmiento de Hagiografía, Toponimia y Onomástica de Galicia
PaísEspaña
Lingualingua castelá
Fundación1978
editar datos en Wikidata ]

O Boletín de Estudios del Seminario Fontán-Sarmiento de Hagiografía, Toponimia y Onomástica de Galicia foi unha revista editada polo Colexio Maior Universitario Xelmírez de Santiago de Compostela entre 1978 e 2001, con periodicidade irregular[1][2]. Está clasificado pola Unesco como revista sobre Ciencias auxiliares da Historia.

Historia[editar | editar a fonte]

O boletín naceu en 1978 con Miguel Ángel González García como director. Apareceu como suplemento da revista Orientaciones, editada pola Congregación de Hermanos Maristas da provincia de León. A finalidade do boletín era desenvolver un proxecto que axudase o pobo á hora de formarse en especialidades das ciencias sociais que non eran moi coñecidas nin practicadas na época.

No limiar do número 1 do Boletín, publicado en 1980, explícase que se decidiu darlle unha “presentación máis digna” dadas “as mostras de agarimo e felicitación” por parte dos lectores e pola demanda que tiña a revista. Este primeiro número viu a luz grazas ás achegas da Fundación Barrié de la Maza, da Caixa de Aforros de Santiago, a subvención do Colexio Maior Xelmírez e dun particular, ademais dos investigadores e investigadoras que realizan os artigos. A Fundación Barrié e o Colexio Maior Xelmírez seguiron a colaborar en números futuros.

Nun primeiro momento, pretendeuse que o suplemento tivese unha periodicidade trimestral. Porén, a maioría dos números responden a unha frecuencia anual, mais non todos. Os números que non seguen esta publicación anual son o segundo e o terceiro, que sairán no mesmo ano (1981) e o sexto e o sétimo, que sairán entre 1985 e 1986. Ademais, entre os anos 1984 e 1985 non se publicará ningún número do boletín. Xa no número 21, do ano 2000, explícase que a revista non ten periodicidade fixa. Finalmente, en 2001, púxose fin a este proxecto. Isto deberíase, segundo algúns críticos, á falta de periodicidade e ao pouco éxito da publicación, entre outras cousas[Cómpre referencia]. A partir de entón, os directores e colaboradores continuaron as súas investigacións e traballos por separado, aínda que mantiveron as liñas que seguiran no seu paso pola revista.

Entre os colaboradores da revista estaban Antonino Díez y Díez (codirector), Manuel Rubén García Álvarez, Elixio Rivas Quintas, José González Paz, Xosé Ignacio Carro Otero, Fernando González Suárez, Jaime Delgado Gómez, María de las Mercedes Gallego Esperanza, Manuel Vidal Villaverde, María Dolores Barral Rivadulla ou Dolores Villaverde Solar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "depontevedra.es - Hemeroteca". www.depontevedra.es. Consultado o 2016-04-09. 
  2. "CSIC". CSIC. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]