Editorial SEPT

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A editorial SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos), é unha editorial fundada en Santiago de Compostela en 1966 co obxectivo de editar e difundir publicacións de carácter relixioso, cultural, informativo, social e económico.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Fundada en Santiago de Compostela, ten o seu domicilio en Vigo. Foi o primeiro grupo editorial en editar a Biblia en galego. Foron os seus presidentes Xaime Illa Couto, Domingo Fernández del Riego e Alfonso Zulueta de Haz. O seu significado pode resumirse nesta cita de Andrés Torres Queiruga na súa colaboración no libro Los Gallegos[1]:

Un grupo de laicos, tras una larga y difícil fidelidad a la Iglesia, han conseguido fundar una editorial, SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos), que quiere ser órgano de una nueva conciencia cristiana en lo religioso, lo económico, lo social y lo político. La lista de sus publicaciones, modesta todavía pero seria y digna, constituye ya un servicio insustituible en la renovación del cristianismo gallego (...) Dentro del horizonte de las esperanzas inmediatas, destaca la traducción de la Biblia al gallego -hasta ahora sólo existen traducciones parciales- en la que trabajan la mayor parte de los biblistas gallegos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [Fabra Barreiro, Gustavo (1984). Istmo, ed. Los Gallegos. Madrid. ISBN 84-7090-006-4.  Sección 10. La religión y la Iglesia, pax. 500]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]